ÍNDICE


Introdución

O obxectivo da actividade estatística Esperanza de vida sen limitación é estimar o número medio de anos que espera vivir unha persoa de Galicia sen limitación e sen limitación grave para as actividades que realiza na vida cotiá. Os indicadores sintéticos que se calculan nesta actividade, máis alá de reflectir o impacto da mortalidade nunha poboación, recollen as condicións de saúde presentes nela.

Esperanza de vida libre segundo limitación


No ano 2019, a esperanza de vida da poboación galega situouse en 83,6 anos; non obstante, a esperanza de vida sen limitación acada os 63,2 anos.

Ademais, tanto a esperanza de vida convencional como a esperanza de vida sen limitación grave sitúanse en valores máis altos para as mulleres que para os homes; no caso da esperanza de vida sen limitación, os valores para ambos os dous sexos son moi similares.

   

Esperanza de vida segundo o tipo de limitación e o sexo. Galicia. Ano 2019
Unidade: anos
Variable Total Homes Mulleres
Esperanza de vida 83,6 80,6 86,5
Esperanza de vida sen limitación grave 80,3 77,6 83,0
Esperanza de vida sen limitación 63,2 63,2 63,1
Fonte: IGE. Esperanza de vida sen limitación (descarga da táboa)


Esperanza de vida segundo o tipo de limitación e o sexo. Galicia. Ano 2019

Unidade: anos

Fonte: IGE. Esperanza de vida sen limitación (descarga da táboa)


Ao particularizar a análise por provincias, non se aprecian diferenzas significativas na esperanza de vida convencional entre elas. Non obstante, e aínda que tampouco difiren moito, no caso dos indicadores esperanza de vida sen limitación grave e esperanza de vida sen limitación, a provincia de Ourense presenta valores lixeiramente superiores ao resto (81,4 no primeiro caso e 66,9 no segundo); e na provincia da Coruña este segundo indicador, o de esperanza de vida sen limitación, toma o valor máis baixo (61,1 anos).


Esperanza de vida segundo o tipo de limitación. Galicia e provincias. Ano 2019
Unidade: anos
Variable Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Esperanza de vida 83,6 83,4 83,6 83,7 83,7
Esperanza de vida sen limitación grave 80,3 80,2 80,4 81,4 79,8
Esperanza de vida sen limitación 63,2 61,1 64,1 66,9 64,0
Fonte: IGE. Esperanza de vida sen limitación (descarga da táboa)


Porcentaxe de anos de vida segundo o grao de limitación ao nacemento


Porcentaxe de anos de vida segundo o grao de limitación ao nacer e o sexo. Galicia. Ano 2019

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Esperanza de vida sen limitación (descarga da táboa)

   

No 75,4% dos anos que se espera viva a poboación galega, esta non se vería afectada por ningún tipo de limitacións; pola contra, o 4,1% da vida si estaría afectada por algún tipo de limitación grave.

Cómpre resaltar de novo a diferenza nos valores rexistrados para os homes e para as mulleres. Así, para os primeiros a porcentaxe de anos de vida sen limitación é notablemente superior á das mulleres, 78,4% fronte ao 72,6%.

Polo tanto, as mulleres galegas esperan vivir máis anos que os homes, pero a porcentaxe de anos vividos con algún tipo de limitación é moi superior á dos homes (o 27,4% da súa vida, en concreto).


Porcentaxe de anos de vida segundo o grao de limitación ao nacer e o sexo. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe
Variable Total Homes Mulleres
Con limitación non grave 20,4 17,9 22,9
Con limitación grave 4,1 3,7 4,5
Sen limitación 75,4 78,4 72,6
Fonte: IGE. Esperanza de vida sen limitación (descarga da táboa)


Porcentaxe de anos de vida segundo o grao de limitación ao nacer e a provincia de residencia. Ano 2019

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Esperanza de vida sen limitación (descarga da táboa)

   

Porcentaxe de anos de vida segundo o grao de limitación ao nacer e a provincia de residencia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe
Variable Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Con limitación non grave 20,4 22,8 19,5 17,3 18,9
Con limitación grave 4,1 4,3 3,9 2,8 5,0
Sen limitación 75,4 73,0 76,6 79,9 76,1
Fonte: IGE. Esperanza de vida sen limitación (descarga da táboa)


Porcentaxe de anos de vida segundo o grao de limitación aos 65 anos


Porcentaxe de anos de vida segundo o grao de limitación aos 65 anos. Homes. Ano 2019

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Esperanza de vida sen limitación (descarga da táboa)

   

Porcentaxe de anos de vida segundo o grao de limitación aos 65 anos. Mulleres Ano 2019

Unidade: porcentaxe

Fonte: IGE. Esperanza de vida sen limitación (descarga da táboa)


No 50,3% dos anos que se espera viva a poboación galega despois de cumprir os 65, esta non se vería afectada por ningún tipo de limitacións; pola contra, o 11,5% da vida a partires dos 65 si estaría afectada por algún tipo de limitación grave.


Porcentaxe de anos de vida segundo o grao de limitación aos 65 anos e o sexo. Galicia. Ano 2019
Unidade: porcentaxe
Variable Total Homes Mulleres
Con limitación non grave 38,3 34,9 41,1
Con limitación grave 11,5 10,6 12,2
Sen limitación 50,3 54,5 46,8
Fonte: IGE. Esperanza de vida sen limitación (descarga da táboa)


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Esperanza de vida sen limitación