ÍNDICE


Intodución

O IGE realiza dende o ano 2011 unha explotación do ficheiro de pensións contributivas do sistema da Seguridade Social xestionadas polo Instituto Nacional de la Seguridad Social (INSS) e polo Instituto Social de la Marina (ISM), froito do convenio de colaboración entre os ditos organismos e o IGE (BOE núm. 219, do 12 de setembro de 2011 e renovación en BOE, núm. 55, do 5 de marzo de 2022).

Os datos que se presentan neste apartado son relativos ao colectivo de titulares de pensións contributivas do sistema da Seguridade Social xestionadas polo INSS e polo ISM, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia (titulares, con residencia en Galicia, de pensións xestionadas polas direccións provincias da Comunidade Autónoma; titulares, con residencia en Galicia, de pensións xestionadas por outras direccións provinciais). Non se inclúen, polo tanto, aquelas persoas que teñen un sistema de previsión social distinto á Seguridade Social, como por exemplo, os funcionarios de clases pasivas.

Inclúense todas as clases de prestacións: xubilación, incapacidade, xubilación procedente de incapacidade, viuvez, orfandade e a favor de familiares.

O criterio xeográfico empregado para a clasificación dos datos é o concello de residencia do titular da pensión, que se obtén mediante o cruce do ficheiro de Pensións Contributivas da Seguridade Social co Padrón municipal continuo do Instituto Nacional de Estadística (INE).

A data de referencia dos datos é o 31 de decembro de cada ano.


Número de pensionistas e importe medio por sexo e grupo de idade. Galicia

No ano 2022, en Galicia hai 673.418 persoas que perciben pensións contributivas da Seguridade Social, das cales o 50,6% son mulleres.

O 81,1% das persoas que perciben pensións contributivas teñen 65 ou máis anos. O grupo de idade máis frecuente é o de 65 a 74 anos, tanto no caso dos homes (127.946 persoas) como no das mulleres (109.782 persoas).

O importe medio calcúlase como a media da suma dos importes percibidos en pensións contributivas da Seguridade Social por cada pensionista. En Galicia, no ano 2022 este importe situouse en 1.066,87 euros, e no caso dos homes é un 32,4% superior ao das mulleres.

Ao comparar o importe medio segundo o sexo e a idade do pensionista pode observarse que os homes teñen importes medios superiores ás mulleres en todos os grupos de idade. Ademáis, os importes maiores, tanto para homes como para mulleres, atópanse nos grupos de idade intermedios; é dicir, de 55 a 64 anos, de 65 a 74 anos e de 75 a 84 anos. Nestes grupos de idade, o importe medio dos homes é un 39,3%, un 30,7% e un 35,3% superior ao das mulleres respectivamente.

Número de pensionistas e importe medio por pensionista, segundo o sexo e grupo de idade. Galicia. Ano 2022.
Unidade: persoas, €
Número
Importe
Idade Ambos Sexos Homes Mulleres Ambos Sexos Homes Mulleres
Total 673.418 332.766 340.652 1.066,87 1.217,70 919,53
0-44 20.949 11.813 9.136 564,66 596,43 523,57
45-54 28.941 15.986 12.955 811,81 849,98 764,71
55-64 77.139 43.122 34.017 1.078,59 1.231,76 884,43
65-74 237.728 127.946 109.782 1.242,77 1.394,08 1.066,42
75-84 189.173 91.645 97.528 1.044,50 1.206,80 891,99
85 e máis 119.488 42.254 77.234 894,58 1.005,71 833,78
Fonte: IGE (descarga da táboa)

  

No ano 2022 en Galicia, polo menos o 50% dos/as pensionistas (336.709 persoas) percibiron un importe medio igual ou superior aos 828,91 euros; o 10% percibiron non máis de 527,40 euros.

Por sexos a distribución dos importes medios dos homes presenta unha maior dispersión e as diferenzas acrecéntanse nos importes medios máis elevados. Así, máis do 25% dos homes perciben un importe medio superior aos 1.500 euros, mentres que no colectivo das mulleres só acadan esta cantidade algo máis do 10% das pensionistas.

Percentís dos importes por pensionista, segundo o sexo. Galicia. Ano 2022.
Unidade: persoas, €
Ambos sexos Homes Mulleres
Percentil 10 527,40 532,00 496,99
Percentil 25 685,00 721,70 685,00
Percentil 50 828,91 985,04 721,70
Percentil 75 1.297,66 1.568,60 1.027,16
Percentil 90 2.066,32 2.443,42 1.606,72
Fonte: IGE (descarga da táboa)

  

Número de pensionistas e importe medio. Galicia e provincias

En Galicia, no ano 2022, o 39,9% destes pensionistas residía na provincia da Coruña, o 32,2% na provincia de Pontevedra e o 28,0% restante distribúese de forma homoxénea entre Lugo e Ourense. A distribución do número de pensionistas está relacionada coa poboación de cada provincia, xa que, no ano 2022, o 41,6% da poboación de Galicia residía na provincia da Coruña, o 35,1% na provincia de Pontevedra, o 12,0% na provincia de Lugo e o restante 11,3% na provincia de Ourense.

O importe medio nas provincias da Coruña e Pontevedra é superior ao importe medio de Galicia (1.066,87 euros) e en ambas as dúas provincias supera os 1.100 euros. O importe medio acada o valor máis baixo na provincia de Ourense, onde se sitúa nos 941,38 euros.

  

O número de pensionistas en Galicia medrou un 6,1% no período 2011-2022. A provincia na que máis medrou o número de pensionistas foi Pontevedra, na que o incremento é do 11,4% no período, mentres que nas provincias de Lugo e Ourense diminúe lixeiramente (un 3,9% e un 0,6% respectivamente).

Pola súa banda, o importe medio da pensión en Galicia aumentou en 281,41 euros, un 35,8% entre os anos 2011 e 2022. Este importe medio incrementouse en todas as provincias; as provincias nas que máis se incrementou foi A Coruña e Lugo (un 35,8% en ambas as dúas) mentres que Ourense foi a provincia na que o incremento foi menor (un 34,6%).

Número de pensionistas e importe medio por pensionista. Galicia e provincias. Ano 2022.
Unidade: persoas, €
2011
2022
Espazo Número Importe Número Importe
Galicia 634.686 785,46 673.418 1.066,87
   • A Coruña 247.467 813,30 268.540 1.104,52
   • Lugo 99.943 733,05 96.055 996,59
   • Ourense 92.882 699,62 92.290 941,38
   • Pontevedra 194.394 817,96 216.533 1.104,84
Fonte: IGE (descarga da táboa)

  

Importe medio por concellos

No 60% dos concellos galegos o importe medio por persoa en pensións contributivas da Seguridade Social non supera os 931,02 euros e só en 68 concellos galegos se superan os 1.000 euros.

O 20% dos concellos co importe máis elevado correspóndese principalmente coas zonas dos sete grandes concellos, xunto coa Mariña Lucense, a zona de Valdeorras, As Pontes de García Rodríguez, Bueu, na zona do Barbanza, coa Pobra do Caramiñal e Ribeira, Baiona e Cee.

Concellos con importe medio por pensionista máis alto. Ano 2022.
Unidade: persoas, €
Concello Número Importe medio Mediana do importe
Pontes de García Rodríguez, As 2.712 1.603,50 1.378,01
Fene 3.440 1.407,16 1.189,41
Cervo 1.399 1.374,49 1.122,90
Ferrol 15.212 1.344,03 1.091,61
Coruña, A 54.517 1.291,88 1.052,59
Mugardos 1.366 1.289,21 1.035,30
Ares 1.453 1.283,68 984,33
Vigo 64.722 1.267,47 1.035,63
Oleiros 7.090 1.266,14 987,18
Neda 1.433 1.265,03 1.004,46
Fonte: IGE (descarga da táboa)

  

Concellos con importe medio por pensionista máis baixo. Ano 2022.
Unidade: persoas, €
Concello Número Importe medio Mediana do importe
Avión 670 656,69 704,28
Santa Comba 3.014 711,87 685,69
Padrenda 593 716,00 721,70
Baltar 378 716,50 685,00
Quintela de Leirado 266 721,35 721,70
Tordoia 1.265 727,05 706,13
Irixo, O 645 729,81 721,70
Mazaricos 1.489 730,34 711,24
Verea 385 731,70 721,70
Vimianzo 2.240 735,20 719,92
Fonte: IGE (descarga da táboa)

Nos sete concellos con máis de 50.000 habitantes (grandes concellos), o importe medio é superior ao de Galicia. Ferrol, A Coruña, e Vigo son os concellos con maior importe medio, onde este supera os 1.267 euros. Pola contra, Ourense, cun importe medio de 1.102,93 euros, é o que presenta un valor máis baixo.

A mediana do importe representa o valor central da distribución dos importes, é dicir, o valor por debaixo do cal se atopan a metade das persoas. Así, no concello de Ferrol polo menos o 50% dos/as pensionistas percibe un importe medio igual ou superior a 1.091,61 euros, mentres que no concello de Ourense o valor da mediana non acada os 852 euros.

Número de pensionistas, importe medio por pensionista e mediana do importe.
Galicia e sete grandes concellos. Ano 2022.

Unidade: persoas, €
Espazo Número Importe medio Mediana do importe
Galicia 673.418 1.066,87 828,91
   • A Coruña 54.517 1.291,88 1.052,59
   • Ferrol 15.212 1.344,03 1.091,61
   • Santiago 19.784 1.244,84 977,92
   • Lugo 21.231 1.149,23 890,50
   • Ourense 25.781 1.102,93 851,26
   • Pontevedra 15.829 1.221,36 951,55
   • Vigo 64.722 1.267,47 1.035,63
Fonte: IGE (descarga da táboa)

  

Altas e baixas anuais de pensionistas con prestacións por xubilación

A variación acumulada, dende 2014 ata 2022, obtida por diferenzas entre altas e baixas anuais de pensionistas residentes perceptores de prestacións por xubilación, permítenos ver que en Galicia o número de pensionistas aumentou de forma constante, cun crecemento de 23.460 pensionistas con pensións de xubilación, e coa única excepción dun notable decrecemento de 1.481 pensionistas en 2020, pola pandemia do COVID.

Porén, o comportamento por provincias e diferenciando segundo o sexo foi desigual. Mentres que A Coruña e Pontevedra absorben o crecemento que se produce en Galicia, Lugo e Ourense experimentan un paulatino decrecemento, máis acentuado no caso de Lugo, onde as pensionistas mulleres descenden en máis de tres mil persoas no período. É significativo ver o distinto comportamento entre homes e mulleres a nivel provincial: mentres os pensionistas homes alcanzan, no ano 2022, o seu máximo crecemento na provincia de Pontevedra (7.302 pensionistas), as pensionistas mulleres experiméntano na provincia da Coruña (10.342 pensionistas).

  

O importe medio por pensionista das prestacións mensuais brutas tamén experimentou un crecemento no período 2014 a 2022, sendo ano a ano superior o importe medio das altas que o correspondente ás baixas.

Podemos observar como a fenda de xénero nas prestación percibidas foise reducindo ano a ano nas altas de novos pensionistas, sendo así que os pensionistas homes que se incorporaban en 2014 facíano cun importe medio de 1.175,2 euros e en 2022 fixérono con 1.356,5 euros, o que representa un crecemento do 15,4%, fronte ao crecemento do 29,4% que experimentan as novas mulleres pensionistas no mesmo período, pasando de percibir unha media de 807,6 euros en 2014 a 1.044,9 euros en 2022.

  

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Pensións contributivas da Seguridade Social
Son prestacións económicas e de duración indefinida, aínda que non sempre, nas que a concesión está xeralmente supeditada a unha previa relación xurídica coa Seguridade Social (acreditar un período mínimo de cotización en determinados casos, …), sempre que se cumpran os demais requisitos esixidos. A súa contía determínase en función das achegas efectuadas polo traballador e o empresario, se se trata de traballadores por conta allea, durante o período considerado para os efectos da base reguladora da pensión de que se trate. As clases de pensións son:

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Cifras poboacionais de referencia IGE. Pensións contributivas da Seguridade Social INSS, ISM. Rexistro de Prestacións Sociais Públicas