Introdución

volver ao índice

A partir da información proporcionada polas proxeccións a curto prazo elaboradas cada dous anos polo Instituto Nacional de Estadística (INE), o IGE elabora a desagregación territorial das mesmas, ata o nivel de comarcas. Preséntanse neste momento os resultados obtidos para o período temporal 2020-2035,por sexo e grupos quinquenais de idade.

O efecto da COVID-19 modificou as hipóteses de evolución futura da mortalidade e dos movementos migratorios para os primeiros anos da proxección; estes cambios poden consultarse na metodoloxía.



Variación da poboación

volver ao índice

No caso de mantérense as tendencias demográficas actuais, Galicia presentaría un comportamento continuo de decrecemento poboacional no período 2020-2035,que chegaría a acumular unha caída do 6,6%.Por provincias, serían as de Ourense e Lugo as que manifestarían diminucións máis acusadas, dun 11,1% e 10,5% respectivamente no período considerado, mentres que nas provincias de A Coruña e Pontevedra estas diminucións serían do 5,7% e 4,8% respectivamente.

A diminución da poboación galega explicaríase maioritariamente polo saldo vexetativo negativo no período, que seguiría a tendencia observada nos últimos anos, cunha diferenza cada vez máis ampla entre nacementos e defuncións. Asi, se en 2020 o saldo vexetativo acadaría a cifra de -17.316 persoas, en 2034 proxéctase en -20.324. Cómpre salientar a diferente evolución de ambas variables: o número de nacementos continuará nunha senda descendente, mentres que o número de defuncións aumenta de forma continuada durante todo o período da proxección.

Porén, o saldo migratorio en Galicia presentaría signo positivo en todo o período da proxección, acadando o seu valor máximo no ano 2034, 10.971 persoas.

Poboación residente no 1 de xaneiro de cada ano. Galicia e provincias
Unidade: persoas, tanto por cento (%)

Espazo 2020 2035 Taxa de variación
Galicia