Definicións

Enquisa de poboación activa. Módulo de accidentes laborais e problemas de saúde relacionados co traballo

Accidente laboral

O concepto de accidente laboral axústase ao da definición dada polas estatísticas europeas de accidentes laborais para garantir a comparabilidade, e inclúe:

  • Os accidentes durante a xornada laboral: aqueles que se producen durante a xornada laboral, é dicir, no traballo ou no transcurso do traballo.
  • Os accidentes “in itinere”: aqueles que teñen lugar nalgún dos desprazamentos que se realizan entre o domicilio e o posto de traballo, ou entre o lugar habitual de comida e o posto de traballo


Enfermidade laboral

Enfermidade laboral é toda aquela provocada ou empeorada por mor do seu traballo actual ou pasado.


Compartir: