Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro

Definicións

Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro

Achegas de usuarios (ISFL)

Cantidades percibidas dos usuarios en concepto de participación no custo da actividade propia da entidade


Actividade económica

É a creación de valor engadido mediante a produción de bens e servizos, intervindo o traballo, o capital e as materias primas


Cotas de asociación e afiliados (ISFL)

Cantidades de carácter periódico e contía determinada, percibidas por cotas de persoas afiliadas ou asociadas á entidade


Emprego medio anual (ISFL)

Para determinar o emprego medio anual considéranse todas as persoas empregadas durante o exercicio contable, promediado segundo o tempo durante o cal prestasen os seus servizos na entidade. Enténdese por persoal asalariado o conxunto de persoas que traballan ou realizan tarefas para unha empresa a cambio dunha determinada remuneración ou salario (non se inclúen aquelas persoas contratadas a través dunha empresa de traballo temporal). O persoal non asalariado comprende aquelas persoas que dirixen ou participan activamente nas tarefas da empresa sen recibir unha remuneración fixa ou un salario, distinguindo a súa vez entre: a) traballadores por conta propia, propietarios e socios activos, axudas familiares; e b) outras persoas non remuneradas (voluntarios, etc.)


Empresa (enquisas IGE)

Combinación máis pequena de unidades xurídicas que constitúe unha unidade organizativa de produción de bens e servizos e que goza dunha certa autonomía de decisión.


Gastos de explotación

É o importe total obtido como resultado de agregar os diferentes gastos ligados á explotación realizados pola empresa durante o ano de referencia:


Ingresos das ISFL

É o importe total resultado de agregar os diferentes ingresos obtidos pola entidade durante o ano de referencia. Esta variable está adaptada ao Plan de Contabilidade das entidades sen fins de lucro:


Ingresos de promocións, patrocinadores e colaboradores (ISFL)

Ingresos derivados de campañas para a captación de recursos nas súas diferentes modalidades, e tamén cantidades percibidas dos patrocinadores e colaboracións empresariais co obxecto de contribuír á realización dos fins da actividade propia da entidade


Institucións Sen Fins de Lucro (ISFL)

Fundacións, asociacións ou organizacións que non teñen como obxectivo o lucro económico


Prestación de servizos (ISFL)

Recolle o importe total dos ingresos obtidos pola entidade durante o ano de referencia en concepto de contrapartida polos servizos prestados a outras empresas, persoas e entidades


Subvencións, doazóns e legados (ISFL)

Recolle os importes que deben ser imputados ao resultado do exercicio por subvencións, doazóns e legados


Compartir: