Construción de edificios

Definicións

Construción de edificios

Edificio

Construción permanente, fixa sobre o terreo, separada e independente, concibida para ser utilizada con fins residenciais e/ou para o desenvolvemento dunha actividade


Edificio non residencial

É o non destinado exclusiva ou principalmente a vivenda ou aloxamento permanente ou eventual de persoas


Edificio residencial

É o destinado, polo menos nun 50% da súa superficie útil (excluídos baixos e sotos), a ser habitado por persoas, ben de forma permanente, ben con carácter eventual, e con independencia de que nel se realice outra función secundaria. Pode estar destinado a vivenda ou a residencia colectiva


Local

Parte dun edificio estruturalmente separada na que se leva ou se pode levar a cabo unha actividade económica independente da do resto do edificio.


Obra de demolición

A obra de demolición pode ser total ou parcial:

  • Demolición total: consiste no derribo total dun edificio e pode ser anterior á construción doutro ou pode dar lugar á simple desaparición do edificio, sen que se solicite licenza de nova construción neste segundo caso.
  • Demolición parcial: só se dá en obras de rehabilitación, e neste caso a licenza é conxunta para a demolición e a rehabilitación.


Obra de nova planta

Obra maior que dá lugar a un novo edificio, con independencia de se existiu demolición total previa doutro edificio ou non. Non inclúe as obras menores que non precisan licenza de obra nin aquelas outras que se realizan sen solicitar a autorización municipal


Obra de rehabilitación

É a obra maior que non dá lugar á construción dun novo edificio, ao realizarse sobre o xa construído. Pode ser de dous tipos: de ampliación ou de reforma ou restauración


Obra maior

Construción, instalación ou obra que deberá acompañarse dun proxecto completo de construción, asinado por un técnico competente e visado no colexio profesional que corresponda


Superficie a construír

Total de metros cadrados que resulta de sumar os correspondentes a cada unha das plantas do edificio construído.


Superficie útil da vivenda

É a superficie comprendida dentro dos muros exteriores da vivenda que é habitable. Inclúe, polo tanto, non só a superficie destinada a habitacións, senón tamén a superficie dos corredores, vestíbulos, cuartos de baño e outros espazos. Non inclúe os muros, tabiques, terrazas abertas, xardíns, así como sotos e trasteiros... que non sexan habitables.


Vivenda

É o recinto estruturalmente separado e independente que, pola forma en que foi construído, reconstruído, transformado ou adaptado, está concibido para ser habitado por persoas e está dotado de acceso desde a vía pública ou desde recintos comúns privados. Hai dous tipos de vivendas: vivendas colectivas e vivendas familiares.
No Censo de poboación e vivendas considéranse tamén vivendas aqueles recintos que aínda que non estivesen concibidos para ser habitados por persoas constitúen a residencia habitual de alguén no momento censual. Non se consideran vivendas os recintos que, a pesar de estar concibidos inicialmente para a habitación humana, no momento censual están dedicados totalmente a outros fins.


Compartir: