Censos de poboación e vivendas. Traballo
Mobilidade alternativa
|
Categoría que inclúe as combinacións posibles de desprazamento a pé e/ou bicicleta.
|
|
Poboación activa
|
Son as persoas que, nun período de referencia dado, subministran man de obra para a produción de bens e servizos económicos ou que están dispoñibles e fan xestións para incorporarse a dita produción. Comprende a todas as persoas de 16 ou máis anos que cumpren as condicións necesarias para a súa inclusión entre as persoas ocupadas ou paradas.
|
|
Poboación inactiva
|
Abrangue todas as persoas de 16 e máis anos non clasificadas como ocupadas ou paradas. Os inactivos clasifícanse segundo a súa situación persoal nas seguintes categorías funcionais:
- Persoas que se ocupan do seu fogar.
- Estudantes.
- Xubilados ou prexubilados.
- Persoas que perciben unha pensión distinta á de xubilación ou prexubilación.
- Persoas que realizan sen remuneración traballos sociais, actividades de tipo benéfico...
- Incapacitados para traballar.
- Outra situación. Persoas que, sen exercer ningunha actividade económica, reciben axuda pública ou privada e todas aquelas que non están incluidas en ningunha das categorías anteriores.
|
|
Poboación ocupada
|
Persoas de 16 anos ou máis que durante a semana de referencia tiveron un traballo por conta allea ou exerceron unha actividade por conta propia, nalgunha das seguintes situacións:
- traballando polo menos unha hora por un soldo, salario ou beneficio empresarial ou ganancia familiar en metálico ou en especie
- con emprego pero sen traballar por razóns de enfermidade ou accidente, vacacións, festas, mal tempo ou razóns análogas
|
|
Poboación parada
|
Persoas de 16 anos ou máis que durante a semana de referencia estiveron sen traballo, dispoñibles para traballar e buscando emprego. Son parados tamén os que atoparon un traballo e están esperando incorporarse, sempre que se verifiquen as dúas primeiras condicións. Segundo o Regulamento 1897/2000 da Comisión Europea, os únicos métodos de busca de emprego considerados activos son: - Estar en contacto cunha oficina pública de emprego co fin de atopar traballo, calquera que sexa a parte que tomase a iniciativa (a renovación da inscrición por razóns puramente administrativas non constitúe unha postura activa).
- Estar en contacto cunha oficina privada (oficina de emprego temporal, empresa especializada en contratación...) coa fin de atopar traballo.
- Enviar unha candidatura directamente aos empregadores.
- Indagar a través de relacións persoais, por mediación de sindicatos, ...
- Anunciarse ou responder a anuncios de periódicos.
- Estudar as ofertas de emprego.
- Participar nunha proba, concurso ou entrevista, no marco dun procedemento de contratación.
- Buscar terreos, locais ou material.
- Realizar xestións para obter permisos, licenzas ou recursos financeiros.
|
|
Taxa de actividade
|
Porcentaxe do número total de activos sobre a poboación total (poboación de 16 ou máis anos).
|
|
Taxa de ocupación
|
Porcentaxe de ocupados sobre a poboación de 16 ou máis anos
|
|
Taxa de paro
|
Porcentaxe de parados sobre o total de activos.
|
|
Vehículo motorizado combinando público e privado
|
Categoría que inclúe as combinacións posibles de por unha parte, coche, furgoneta ou moto, e por outra parte, autobús, metro ou tren.
|
|
Vehículo motorizado privado
|
Categoría que inclúe as combinacións posibles de coche, furgoneta ou moto como condutor ou pasaxeiro.
|
|
Vehículo motorizado público
|
Categoría que inclúe as combinacións posibles de autobús, metro ou tren.
|
|