CONSULTA DO BANCO DE DATOS MUNICIPAL


CONSULTA DO BANCO DE DATOS



¿QUE É O BANCO DE DATOS?

O banco de datos do Instituto Galego de Estatística aglutina a información estatística relativa á Comunidade Autónoma de Galicia e ás súas divisións territoriais procedente de diversas fontes da estatística oficial.

A información atópase en táboas clasificadas tematicamente segundo a clasificación empregada na web.

As táboas do banco de datos do Instituto Galego de Estatística permiten ao usuario seleccionar os valores que quere incluír na consulta e obter táboas de resultados en función das súas necesidades.

Despois de elaborar a táboa permítense ademais unha serie de funcionalidades, como son: descargar a táboa ao PC, intercambiar as columnas e filas da táboa, elaborar distintos tipos de gráficos segundo o tipo de datos, ... Ademais, en todas aquelas táboas que conteñan unha dimensión espacial municipal ou comarcal, permítese tamén a elaboración de mapas.



¿COMO FUNCIONA?

1. SELECCIÓN DAS VARIABLES PARA EFECTUAR A CONSULTA

En calquera táboa aparecen sempre varios recadros. Cada un deles corresponde a unha variable.

Exemplo:


Figura 1

O primeiro paso para realizar unha táboa é decidir as variables que se queren poñer en filas e as que se queren poñer en columnas.

Selección dunha variable en filas/columnas

Para indicar que unha variable vai figurar en filas só hai que premer no botón que aparece na parte superior do recadro da variable. Do mesmo xeito, para as variables que figurarán en columnas hai que premer no botón .

Exemplo:
Na Figura 1 aparecen seleccionadas en filas as variables Espazo e Tempo e en columnas a variable Estrato de asalariados.

Para quitar unha variable de filas ou de columnas haberá que premer sobre o botón que estea seleccionado.

¿Pódese poñer en filas/columnas máis dunha variable?

Para poñer máis dunha variable en filas haberá que premer no botón de todas as variables que se queren poñer en filas na orde na que se queiran aniñar.

No oco en branco que aparece ao lado dos botóns indícase a orde que ocupa a variable na selección de filas ou columnas.

Exemplo:
Na Figura 1 aparecen dúas variables seleccionadas en filas: Espazo e Tempo; o Espazo en primeiro lugar e o Tempo en segundo lugar.
En columnas só aparece unha variable seleccionada: o Estrato de asalariados.

¿Como se seleccionan os elementos de cada variable que se queren incluír na consulta?

  • Un só elemento: para seleccionar un elemento só hai que pinchar sobre el.

  • Varios elementos: para seleccionar varias categorías consecutivas dunha variable habería que pinchar na primeira delas e, mantendo a tecla das maiúsculas pulsada, pinchar na última. No caso de que se queiran seleccionar categorías dunha variable que non sexan consecutivas habería que pinchar na primeira e, mantendo pulsada a tecla Control, pinchar no resto de categorías que se queiran seleccionar.

  • Todos os elementos: para seleccionar todas as categorías dunha variable pódese empregar o botón .

¡Na parte superior do recadro de cada variable, en Elementos seleccionados, aparece o número de categorías que se seleccionaron de esa variable!

Exemplo:
Na seguinte consulta:
  • En columnas figurarían os anos 2007, 2008 e 2009.
  • En filas, en primeiro lugar aparecerían cada un dos concellos seleccionados (Arzúa, O Pino) e a continuación os estratos de asalariados.


Figura 2

¿É necesario seleccionar todas as variables en filas ou en columnas?

Cando dunha variable se selecciona só unha categoría, non é necesario situar a variable nin en filas nin en columnas na táboa.

Todas aquelas variables que non se seleccionan nin en filas nin en columnas actuarán como filtros, considerándose o filtrado por aquela categoría da variable que aparece sombreada ou sinalada.

¡Cando nunha variable se selecciona máis dun elemento, esta ten que ir obrigatoriamente en filas ou en columnas!

En aqueles casos nos que para variables con máis dun elemento seleccionado non se faga a selección en filas ou en columnas, aparecerá a seguinte mensaxe, xa que non se pode efectuar un filtrado por varios elementos dunha variable ao mesmo tempo.


Figura 3

Na seguinte consulta seleccionouse:

  • En filas: o Estrato de asalariados.

  • En columnas: as categorías 05 Extracción de antracita, hulla e lignito e 06 Extracción de cru de petróleo e gas natural, da variable Actividade principal.

  • Filtros: actúan como filtros as variables non seleccionadas nin en filas nin en columnas. Neste caso considérase só o ano 2009 na variable Tempo e o concello da Coruña na variable Espazo.


Figura 4

¿Que é a Selección por niveis?

Existen algunhas variables nas táboas que aparecen con distintos niveis xerárquicos. O exemplo que aparece de forma máis frecuente nas táboas é o da variable Espazo.

Na Figura 4 pódese observar que no recadro da variable Espazo os distintos niveis xerárquicos da variable aparecen con distinto sangrado.

  • Primeiro nivel: España/Galicia
  • Segundo nivel: Provincias
  • Terceiro nivel: Comarcas
  • Cuarto nivel: Concellos

Para facer a selección por niveis en primeiro lugar hai que pinchar ou seleccionar un elemento do nivel que se quere considerar e logo premer na casiña correspondente a ese nivel que aparece na parte superior do recadro da variable.

Por exemplo, para seleccionar todas as provincias, habería que pinchar ou seleccionar nunha das provincias e logo marcar a casiña correspondente a Provincias. Do mesmo xeito, para que a selección só considere os concellos hai que seleccionar primeiro un concello e logo marcar a casiña de Concellos.

Na Figura 4 aparece outra variable con distintos niveis xerárquicos: Actividade principal. Neste caso hai catro niveis posibles de selección:

  • Primeiro nivel: Total
  • Segundo nivel: Sectores de actividade (2 Industria incluída a enerxía, 3 Construción, ...)
  • Terceiro nivel: Seccións da CNAE (B INDUSTRIAS EXTRACTIVAS, C INDUSTRIA MANUFACTUREIRA, ...)
  • Cuarto nivel: Divisións da CNAE (05 Extracción de antracita, hulla e lignito; 06 Extracción de cru de petróleo e gas natural; ...)
  • Quinto nivel: Grupos da CNAE (05.1 Extracción de antracita e hulla; 05.2 Extracción de lignito; ...)

Neste caso, para seleccionar por exemplo todos os elementos correspondentes ás seccións da CNAE habería que seleccionar primeiro unha sección e logo marcar a casiña 2 na Selección por niveis.



2. DESCARGA DIRECTA DA INFORMACIÓN

Unha vez que xa está feita a selección da consulta é posible facer unha descarga directa da información en formato csv mediante os seguintes botóns:

Obter URL de descarga

Facilítase unha ligazón que permite acceder aos datos seleccionados en formato csv. Esta ligazón permitiralle acceder aos últimos datos dispoñibles sempre e cando no eixo do tempo seleccione todas as categorías dispoñibles.

Descargar arquivo csv

Permite descargar directamente o ficheiro en formato csv.

3. VISUALIZACIÓN DA CONSULTA

3.1 Táboa de resultados

Consideremos a seguinte consulta a partir da táboa da Figura 1.

  • Estrato de asalariados: seleccionáronse todos os valores da variable e púxose en columnas.
  • Espazo: seleccionouse Galicia e as catro provincias galegas e puxóse en filas.
  • Tempo: seleccionouse só o 2009 e non se puxo nin en filas nin en columnas; deixouse como filtro.


Figura 5

Para ver o resultado da consulta, despois de facer a selección só hai que premer no botón  


Figura 6

Como se pode observar na Figura 6, na parte superior da táboa, debaixo do título especifícanse as unidades.

Debaixo das unidades figuran as categorías que se consideran como filtro ou corte ao igual que as variables que se seleccionaron en filas e en columnas.

Cambiar selección:

Permite volver á pantalla de selección para facer unha nova consulta.

Columnas calculadas:

Esta opción permite engadir novas columnas á táboa inicial, calculadas a partir das columnas da táboa da consulta mediante operacións aritméticas básicas.

Para crear unha columna calculada hai que premer sobre o botón

Columnas calculadas
que aparece na parte superior da táboa de datos e introducir no recadro en branco que se crea a fórmula para obter a nova columna, tendo en conta os seguintes criterios:

  • O nome da nova columna é optativo. Se non se lle asigna un nome, a columna engadirase á táboa sen cabeceira. Se se lle quere dar un nome á nova columna isto é o primeiro que hai que escribir no recadro da fórmula.
  • A continuación hai que poñer o símbolo "=". Este símbolo é obrigatorio engadilo aínda que non se lle poña nome á columna.
  • Por último habería que introducir a fórmula para calcular a nova columna a partir das existentes. Para facer isto só hai que ter en conta que as columnas se referencian coa orde que ocupan na táboa (comezan a numerarse con 1 despois de eliminar a columna ou columnas nas que non aparecen datos) e que as constantes que se empreguen neste cálculo sempre terán que ir precedidas pola consoante "n".


Figura 7

Por exemplo, na Figura 7 creouse a partir da táboa da Figura 6 unha nova columna, "Porcentaxe de empresas sen asalariados", a partir da fórmula Porcentaxe de empresas sen asalariados=2/1*n100, onde "2" fai referencia á columna "sen asalariados", "1" fai referencia á columna "Todos" e "n100" fai referencia á constante 100.

Para eliminar unha columna calculada só hai que pinchar enriba da aspa que aparece na cabeceira da columna.

Despois de crear unha ou varias columnas calculadas, coa nova táboa téñense as mesmas posibilidades que coa táboa inicial, excepto a de intercambiar eixes, que só se permite cando non existen columnas calculadas.

Así, na opción de descargar datos inclúense as novas columnas calculadas e pódense elaborar gráficos e mapas nos que interveñan estas columnas.

Intercambiar eixes:

Esta opción permite rotar os eixes que interveñen como filas e columnas na consulta.

O resultado desta opción sobre a consulta da Figura 6 sería o seguinte:


Figura 8

3.2 Gráficos e mapas

Ver gráfico:

Permítese a creación de gráficos a partir da táboa realizada. Despois de premer no botón
Ver gráfico
os datos aparecen por defecto representados nun gráfico de barras, pero se esta representación non é a máis adecuada ofrécese a posibilidade de escoller outra opción entre as posibles (áreas, barras, barras 3D, liñas, liñas 3D, sectores, sectores 3D e pirámides de poboación). Queda a criterio do usuario seleccionar o tipo de representación máis adecuada para os datos que se escolleron.

Ademais, pódese escoller o tamaño (medido en pixeis) do gráfico, elixindo entre as seguintes opcións: 600x400, 800x600 e 1024x768.

Para gardar o gráfico resultante no disco duro, habería que pulsar sobre o botón dereito do rato e elixir "Guardar imagen como...". O ficheiro resultante gardase no formato *.png.

Exemplo:


Figura 9

Mapas

A funcionalidade de creación do mapas do banco de datos do IGE consiste na posibilidade de representar nun mapa temático aquelas táboas que teñan unha variable xeográfica con desagregación municipal ou comarcal.

Proporciónanse dous tipos de mapas: mapas fixos e mapas dinámicos. Os primeiros son soportados por calquera tipo de navegador.

Para poder representar un mapa é necesario que na táboa de resultados aparezan en filas:

  • Os concellos que se queren representar, no caso dun mapa municipal.
  • As comarcas que se queren representar, no caso dun mapa comarcal.

É necesario ademais que na táboa de resultados, en filas, só apareza a variable xeográfica.

Para a representación da variable no mapa hai que indicarlle en que columna (comezando en 1 e sen contar a primeira columna, que é onde aparecen as descricións dos concellos/comarcas) se atopan os datos que se queren representar.

Ver mapa fixo:

Os intervalos que aparecen na lenda do mapa teñen un número de rexistros iguais; son cerrados pola esquerda e abertos pola dereita [a,b) e entre parénteses preséntase a % de rexistros que están incluídos nese intervalo.

Ao desprazar o rato polo mapa indica para concello ou comarca o nome e o código deste ámbito territorial, ao igual que o valor da variable que estamos a representar para ese territorio.

O botón   permite consultar os valores da variable que se están a representar.

Para gardar o mapa resultante no disco duro, habería que pulsar sobre o botón dereito do rato e elixir "Guardar imagen como...". O ficheiro resultante gardase no formato *.jpeg ou *.bmp.


Figura 10

Ver mapa dinámico:

Diferéncianse dos mapas fixos nos seguintes aspectos:

  • Ofrecen a posibilidade de modificar os intervalos que por defecto aparecen nos mapas fixos mediante o botón Definir intervalos. Permite tres posibilidades:
    • Intervalos con rexistros iguais: a porcentaxe de rexistros dentro dos intervalos é aproximadamente a mesma para todos
    • Intervalos que se basean nos valores acumulados da variable representada
    • Intervalos personalizados: o usuario pode elixir os intervalos que máis lle interesen segundo as súas necesidades, modificando os que lle aparecen por defecto.
  • Pódense visualizar os datos representados mediante o botón "Ver datos" (especialmente útil para os casos nos que se representen variables derivadas)
  • Posibilidade de pinchar sobre un concello ou comarca (co botón esquerdo do rato) para que quede fixo o nome do concello e o valor da variable representada
  • Permiten facer zoom sobre o mapa mediante os botóns + e - e tamén se pode desprazar o mapa sobre a pantalla na que se encontra mediante as frechas situadas no panel dereito. Os intervalos son cerrados pola esquerda e abertos pola dereita [a,b) e entre parénteses preséntase a % de rexistros que están incluídos nese intervalo.

Os mapas empregados están implementados no estándar SVG. Estes gráficos non están soportados de forma nativa na actualidade polos navegadores web e a súa visualización e posterior manipulación deben realizarse a través do plug-in Adobe SVG Viewer v3 dispoñible de forma libre na URL: http://www.adobe.com/svg/viewer/install/main.html

No botón   pódese gardar o mapa resultante en formato *.jpeg.

Este mapa gardarase cos cambios que se lle fixesen (fixar nomes e valores das variables e definición dos intervalos, non cambios no zoom).

Exemplo:
No seguinte mapa dinámico representouse o número de unidades locais nas comarcas galegas no ano 2009.


Figura 11

Como se pode observar na Figura 11, por defecto os mapas represéntanse considerando 5 intervalos con igual número de rexistros por intervalo.

Para modificar a definición dos intervalos, premendo no botón  , despréganse unha serie de botóns e casiñas, tal e como se amosa na Figura 12, que permiten:

  • Escoller o número de intervalos.
  • Elixir entre:
    • Distribución por nº de rexistros iguais
    • Distribución dos valores acumulados da variable
    • Introducir manualmente nas casiñas os límites inferior e superior dos intervalos que se queren considerar


Figura 12

O botón   permite, ao igual que no caso dos mapas fixos, consultar os datos que se están a representar.

Por último, se co botón esquerdo do rato se pincha enriba dalgún territorio, fíxase o nome do territorio e o valor da variable nese territorio, tal e como se pode comprobar na Figura 13, onde se fixou texto para algunhas comarcas.


Figura 13



3.3 Descargar datos

Nesta opción ofrécese a posibilidade de gardar as táboas de datos resultantes das consultas en formato .xls (texto separado por tabuladores) ou en formato .csv (texto separado por ";").

4. DEFINICIÓNS

En todas as táboas aparece o botón

Definicións
que ofrece a posibilidade de visualizar todas as definicións das variables, categorías, clasificacións, ... asociados á táboa obxecto de consulta.

Este botón está dispoñible tanto na pantalla de selección da consulta como na da táboa de resultados.

Exemplo:


Figura 14



Compartir: