Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Nota: Nota: a incidencia calcúlase, para cada provincia e Galicia, como a porcentaxe de fogares con carencia material severa sobre o total de fogares nesa provincia e Galicia.
Un fogar ten carencia material severa cando ten carencia polo menos en 4 conceptos dos 9 seguintes:
- Non pode permitirse ir de vacacións polo menos unha semana ao ano.
- Non pode permitirse unha comida de carne, polo ou pescado polo menos cada dous días.
- Non pode permitirse manter a vivenda cunha temperatura adecuada.
- Non ten capacidade para facer fronte a gastos imprevistos.
- Tivo atrasos no pagamento de gastos relacionados coa vivenda principal (hipoteca ou aluguer, gas, comunidade...).
- Non pode permitirse dispoñer de coche.
- Non pode permitirse dispoñer de teléfono (fixo ou móbil).
- Non pode permitirse dispoñer de televisor en color.
- Non pode permitirse dispoñer de lavadora.
29-12-2023