Altas, baixas e permanencias de persoas afiliadas á Seguridade Social con residencia en Galicia, segundo o sexo e a idade. Ano 2019/Setembro

Unidade: Persoas afiliadas á Seguridade Social
Sexo=Total Espazo=Galicia
  PermanenciasAltasBaixas
Total 913.085 56.913 61.050
<20 2.219 1.847 1.841
20-24 24.379 7.871 7.859
25-29 62.514 8.342 8.524
30-34 87.594 7.120 7.424
35-39 122.288 7.355 7.352
40-44 152.510 7.457 7.404
45-49 142.226 6.271 6.085
50-54 128.233 5.157 5.254
55-59 105.826 3.519 4.108
>=60 85.296 1.974 5.199

Fonte: IGE. Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia do afiliado
Nota: A categoría "baixas" refírese a persoas afiliadas ao Sistema da Seguridade Social presentes no último día do trimestre anterior ao de referencia (mes t-3) que non figuraban na base de datos o último día do trimestre de referencia (mes t).
A categoría "altas" refírese a persoas afiliadas ao Sistema da Seguridade Social presentes no último día do trimestre de referencia (mes t) que non figuran na base de datos o último día do trimestre anterior (mes t-3).
As "permanencias" son as persoas afiliadas presentes na base de datos en ambos trimestres (o de referencia e o anterior).
A idade no caso das "altas" e das "permanencias" é a que teñen as persoas consideradas no trimestre de referencia (mes t); no caso das "baixas" correspóndese coa que terían no trimestre de referencia se non fosen dadas de baixa.
A suma das permanencias e das altas por sexo e grupo de idade coincide co número de persoas afiliadas á Seguridade Social rexistradas no trimestre de referencia. Pola contra, o resultado de sumar ás permanencias as baixas non ten por que coincidir coas persoas afiliadas do trimestre anterior, debido ao procedemento para calcular a idade das persoas, así como a lixeiras discrepancias na base de datos entre ambos trimestres.

29-07-2020
Compartir: