Catálogo de publicacións

Informes sobre "Prezos "   2 informe(s) atopado(s)
1.- INFORME SOBRE AS VARIACIÓNS NO ÍNDICE DE PREZOS DE CONSUMO: IPC  
Neste documento preséntanse as variacións do índice de prezos de consumo xeral, por grupos e por provincias. Asemade, tamén se facilitan prediccións para o mes seguinte do IPC xeral, alimentación e non alimentación.
2.- EFECTO SOBRE O IPC DA SUBIDA DO IVE agosto 2012
Nesta publicación trátase de analizar o efecto da suba dos tipos do imposto sobre o valor engadido (IVE), recollida no Real Decreto-lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, no índice de prezos de consumo (IPC)

NOTA: O día 11 de xaneiro de 2013 modificouse o documento do efecto da suba do IVE sobre o IPC debido á detección dun erro. Este consistiu en que a suba máxima que podería rexistrar calquera desagregación utilizada do IPC debida ao incremento dos tipos do IVE calculouse inicialmente en termos absolutos, cando en realidade debería calcularse en termos relativos. Corrixido o erro, a discrepancia entre o efecto inicial calculado e o actual é de catro centésimas.
Compartir: