Catálogo de publicacións


Publicacións sobre "Traballo"   7 publicación(s) atopada(s)
1.- Mercado de traballo. Ano 2005
Neste folleto proporciónase información sobre diferentes aspectos do panorama sociolaboral galego a través dunha explotación dos datos da Enquisa de condicións de vida das familias.
 
2.- Proxección de taxas de actividade 2002-2017
Nesta publicación preséntase unha estimación das taxas de actividade no futuro mercado laboral. Nela inclúese unha descrición dos aspectos xerais da metodoloxía empregada e unha análise das tendencias recentes e dos principais resultados. A desagregación xeográfica para cada ano da proxección será a comunidade autónoma e as catro provincias.
 
3.- Enquisa estrutural a fogares. Módulo de condicións no traballo. Ano 2001
Nesta obra recóllese un conxunto coherente e detallado dos resultados centrados especialmente nas condicións no traballo e nos niveis de ingresos dos fogares galegos
 
4.- Proxeccións de taxas de actividade 1997-2026
Nesta obra abórdase un primeiro estudo sobre as previsións de actividade a partir das proxeccións de poboación elaboradas polo Instituto. As estimacións obtéñense para o total de Galicia e as catro provincias cun horizonte temporal que se extende ata o ano 2026, ofrecéndose datos anuais ata o 2006 e quinquenais para o resto período.
 
5.- Mercado de traballo  
Esta obra é unha recompilación das estatísticas relacionadas co mercado laboral que permiten configurar o panorama sociolaboral da Comunidade Autónoma.

NOTA: É continuación de "Mercado de traballo en Galicia. Monográficos" [1989-1991], "Estatísticas do mercado de traballo" [1992-1996], "Estatíticas do mercado de traballo. Anuario" [1997-1999] e "Mercado de traballo. Ano " [2000-2001]. No ano 2003 cambiouse o xeito de nomear o exemplar e en lugar de utilizar o ano de referencia da información, como se viña facendo, comenzouse a utilizar o ano de edición da publicación
 
6.- Enquisa de poboación activa en Galicia: información trimestral
Esta obra é unha explotación da "Encuesta de Población Activa" do INE para Galicia e as súas provincias.

NOTA: Os datos para o ano 2002 e posteriores publícanse directamente na páxina web
 
7.- Traballadores afiliados en alta laboral segundo réximes: Galicia
Esta obra é o resultado da explotación da estatística mensual do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. A información preséntase segundo réximes e ramas de actividade para as provincias galegas e para a Comunidade Autónoma.

NOTA: Todos os datos están publicados na páxina web.
 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo