Catálogo de publicacións

Publicacións sobre "Información estatística xeral"   11 publicación(s) atopada(s)
1.- PORTAL EDUCATIVO DO INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA
Neste folleto proporciónase unha pequena descrición dos contidos e recursos didácticos dispoñibles no Portal educativo do Instituto Galego de Estatística.
2.- CARACTERIZACIÓN DA ÁREA DE FRONTEIRA GALICIA-NORTE DE PORTUGAL
Esta publicación, elaborada conxuntamente polo Instituto Galego de Estatística e o Instituto Nacional de Estadística de Portugal, pretende evidenciar as principais características demográficas, sociais e económicas das tres comunidades territoriais de cooperación transfronteirizas creadas no ámbito da comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal: Val do Miño, Val do Limia e Val do Támega.
3.- SERIES SOCIOECONÓMICAS ANUAIS
Neste folleto preséntase unha recompilación das principais series estatísticas, de xeito que sirva como instrumento para unha primeira análise da evolución da realidade social e económica galega nos últimos anos.
4.- INDICADORES DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E SOCIAL DAS COMARCAS - CONCELLOS DE GALICIA E DO NORTE DE PORTUGAL
Esta publicación ofrece un conxunto de instrumentos que permiten, de forma obxectiva, comparar os concellos do Norte de Portugal e as comarcas de Galicia en canto ao repectivo grao de desenvolvemento.
5.- BASE ESTATÍSTICA PARA A OBTENCIÓN DE INDICADORES SOCIOECONÓMICOS DAS COMARCAS GALEGAS
Esta publicación ten como obxectivo a difusión de información básica sobre as comarcas galegas. En canto á estrutura, nunha primeira parte faise fincapé nas características das comarcas e no proceso de comarcalización para continuar cunha segunda parte onde se presentan os antecedentes, precedentes ou puntos de referencia para este estudo. Posteriormente reflíctese a metodoloxía e as fontes estatísticas dispoñibles de datos a nivel municipal e comarcal. Por último, preséntase unha base de datos estatísticos, económicos e sociais a nivel comarcal.
6.- ANUARIO ESTATÍSTICO GALICIA-NORTE DE PORTUGAL  
Nesta publicación preséntase un conxunto de variables estatísticas que permiten comparar as estruturas socioeconómicas de Galicia e o Norte de Portugal.
7.- GALICIA EN CIFRAS. ANUARIO  
Nesta publicación, de periodicidade anual, preséntanse as principais variables de contido estatístico, das diferentes fontes dispoñibles no período de referencia e sobre os diferentes ámbitos e materias da realidade socioeconómica, relativas á comunidade autónoma.
8.- DATOS ESTATÍSTICOS BÁSICOS DE GALICIA  
Nestes folletos preséntase un avance dos datos máis relevantes a nivel estatístico da realidade económica e social galega.

NOTA: No ano 2001 cambiouse a mención do título e en lugar de utilizar o ano de referencia dos datos emprégase o ano de edición
9.- BOLETÍN TRIMESTRAL DE INDICADORES DE CONXUNTURA  
É continuación de: "Series estatísticas de Galicia" (1987-1989) e "Boletín de series estatísticas de Galicia. Indicadores socioeconómicos de conxuntura" (1989-2000). Nesta publicación preséntanse, nunha primeira parte, os indicadores da actividade económica e, nunha segunda parte, colaboracións de autores sobre temas relacionados co estudo da conxuntura económica. Por último, facilítanse unha serie de táboas sobre mercado de traballo; produción, demanda e actividade; salarios e rendas; indicadores mercantís e financieiros e, finalmente,comercio exterior.

NOTA: As táboas mantéñense actualizadas na páxina web do IGE dentro do banco de series de conxuntura
10.- BOLETÍN DE SERIES ESTADÍSTICAS DE GALICIA. INDICADORES SOCIOECONÓMICOS DE CONXUNTURA
É continuación de "Series estatísticas de Galicia (1987-1989)" .Nesta publicación preséntanse, nunha primeira parte, os indicadores da actividade económica e, nunha segunda parte, colaboracións de autores sobre temas relacionados co estudo da conxuntura económica. Por último, facilítase unha serie de táboas sobre mercado de traballo; produción, demanda e actividade; salarios e rendas; indicadores mercantís e financieiros e, finalmente,comercio exterior.

NOTA: As táboas mantéñense actualizadas na páxina web do IGE dentro do banco de series de conxuntura
11.- SERIES ESTADÍSTICAS DE GALICIA
Nesta publicación preséntanse, nunha primeira parte, os indicadores da actividade económica e, nunha segunda parte, colaboracións de autores sobre temas relacionados co estudo da conxuntura económica. Por último, facilítanse unha serie de táboas sobre mercado de traballo; produción, demanda e actividade; salarios e rendas; indicadores mercantís e financieiros e, finalmente,comercio exterior.

NOTA: As táboas mantéñense actualizadas na páxina web do IGE dentro do banco de series de conxuntura
Compartir: