Catálogo de publicacións

Publicacións sobre "Organización estatística"   7 publicación(s) atopada(s)
1.- LEI DE ESTATÍSTICA DE GALICIA. LEI DO PLAN GALEGO DE ESTATÍSTICA 2007-2011
Nesta publicación recóllese a lei que ten como obxecto regular a actividade estatística para os fins da Comunidade Autónoma de Galicia e o Plan galego de estatística 2007-2011, que é o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística en Galicia.
2.- CÓDIGO DE BOAS PRÁCTICAS DAS ESTATÍSTICAS EUROPEAS
Esta publicación recolle o "Código de boas prácticas das estatísticas europeas" adoptado polo Comité do programa estatístico o 24 de febreiro de 2004.
3.- LEI DO PLAN GALEGO DE ESTATÍSTICA 2002-2006
Nesta publicación recóllese o Plan galego de estatística 2002-2006, que é o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística en Galicia.
4.- COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. PROGRAMA ESTATÍSTICO ANUAL  
Nesta publicación inclúense as operacións e outras actividades estatísticas que darán cumprimento ao Plan galego de estatística correspondente.
5.- PLAN GALEGO DE ESTATÍSTICA 2007-2011. INFORME DE AVALIACIÓN 2007-2011
Este documento preséntase en cumprimento do artigo 14 a Lei 16/2006, do 27 de decembro, do PGE (Plan Galego de Estatística) 2007-2011, no que se encomenda ao IGE (Instituto Galego de Estatística) elaborar informes de seguimento dos Programas anuais e un final de avaliación do Plan, para a súa consideración polo CGE (Consello Galego de Estatística) e traslado ao Parlamento. Trátase de construír indicadores que permitan cuantificar en que grao se acadaron os obxectivos formulados para o quinquenio e de chegar, por acumulación, a valorar o cumprimento do central do artigo 6.
6.- MEMORIA ANUAL DA ACTIVIDADE ESTATÍSTICA. CONSELLO GALEGO DE ESTATÍSTICA  
Na presente memoria inclúese un resumo da normativa aplicable, as actividades estatísticas de produción propia executadas polo IGE, a composición do Consello Galego de Estatística e breves referencias ás actividades de difusión e xestión do IGE. A información presentada, permite facer un seguimento das actividades realizadas polo organismo e contribúe a que o seu labor sexa máis coñecido, nun intento de achegar, na medida do posible, a información estatística ao cidadán.

NOTA: O Consello Galego de Estatística no período 1997-2000 publicou unha memoria individual pero a partir do ano 2001 (inclusive) o IGE e o Consello Galego de Estatística publican a súa memoria conxunta
7.- CONSELLO GALEGO DE ESTATÍSTICA. MEMORIA ANUAL
Nesta memoria recóllese a actividade do Consello, a relación dos seus membros, un compendio da normativa e dos convenios vixentes, e outra información que pode ser de interese.

NOTA: A partir do ano 2000 a memoria do Consello Galego de Estatística publícase conxuntamente coa memoria do Instituto Galego de Estatística
Compartir: