Catálogo de publicacións

Publicacións sobre "Sector exterior"   6 publicación(s) atopada(s)
1.- ÍNDICES DE VALOR UNITARIO ENCADEADOS
Nesta publicación preséntase a metodoloxía empregada para o cálculo de índices encadeados dos índices de valor unitario do comercio exterior de Galicia, que substitúen aos índices en base 2000.
2.- ÍNDICES DE VALOR UNITARIO. BASE 2000. METODOLOXÍA E PRIMEIROS RESULTADOS
O obxectivo desta operación é obter unha aproximación aos verdadeiros índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe/destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.
3.- INTERCAMBIO DE MERCADORÍAS CO NORTE DE PORTUGAL. 1994-1999
Nesta publicación, antes cos títulos "Intercambios comerciais Galicia-Norte de Portugal" e "Trocos comerciais Galicia-Norte de Portugal", preséntanse as transaccións intracomunitarias de bens con orixe e destino na eurorrexión para o período 1994-1999.

NOTA: Os datos correspondentes ao período 1994-2000 publícanse directamente na páxina web do IGE.
4.- COMERCIO EXTERIOR DE GALICIA. ÍNDICES DE VALOR UNITARIO: METODOLOXÍA E SERIES HISTÓRICAS
Nesta publicación preséntanse o informe final do proxecto " A elaboración de deflactores para o comercio exterior e intracomunitario", a metodoloxía aplicable, o detalle do proceso de construción do sistema e as series históricas.
5.- O COMERCIO INTRACOMUNITARIO DA EURORREXIÓN GALICIA E NORTE DE PORTUGAL: 1995-1997
Nsta publicación preséntanse as liñas xerais do comercio conxunto entre a Eurorrexión e o resto da Unión Europea sen considerar Portugal e España, analízase o crecemento do comercio intraindustrial e, finalmente, ofrécese unha visión do comercio entre as dúas rexións con Portugal e España.
6.- COMERCIO EXTERIOR DE GALICIA. ANO  
Nesta obra, que no período 1988-1998 editouse como "Estatística de comercio exterior: Galicia", preséntanse o comercio intracomunitario e o comercio exterior da comunidade autónoma desglosados por áreas xeográficas, países e produtos segundo as nomenclaturas oficiais aplicables.

NOTA: A partir do ano 1999 publícanse directamente na páxina web do IGE.
Compartir: