Catálogo de publicacións

Publicacións sobre "Metodoloxía e clasificacións"   8 publicación(s) atopada(s)
1.- BIBLIOGRAFÍA DE FONTES ESTATÍSTICAS 2002
Nesta publicación preténdese facer unha primeira recompilación de fontes estatísticas de ámbito galego, que conteñan datos dun período de tempo non moi afastado. Non se trata dunha listaxe exhaustiva, pero a bibliografía aquí exposta pode ser considerada como fonte para chegar a aquela que non está recollida.
2.- APROXIMACIÓN ÁS FONTES E CONCEPTOS DE INFORMACIÓN ESTATÍSTICA NO CONTEXTO SOCIOECONÓMICO GALEGO
Nesta publicación faise un percorrido que vai dende as razóns da necesidade da información estatística ata a presentación dun abano non exhaustivo de fontes de información estatística e fontes conexas, neste contexto, das que se teñen coñecemento, pasando por unha breve descrición dos organismos que a producen.
3.- TARIC-NOMENCLATURA DO ARANCEL INTEGRADO DE APLICACIÓN: ANO 1999
Nesta publicación preséntase a clasificación TARIC das mercancías obxecto de importación ou introdución e de exportación ou expedición elaborada polo IGE a partir da aprobada pola AEAT.
4.- DOCUMENTACIÓN TÉCNICA DE OPERACIÓNS ESTATÍSTICAS
Nesta publicación preténdese sistematizar os aspectos máis relevantes dalgunhas das operacións estatísticas levadas a cabo polo Instituto e ofrecer aos usurarios das estatísticas as características técnicas das mesmas, no que se refire aos obxectivos, ámbitos de investigación, definicións, deseño mostral, etc.
5.- METODOLOXÍA PARA GALICIA DE ESTIMACIÓN DAS SUPERFICIES E RENDEMENTOS DOS CULTIVOS AGRÍCOLAS : 1998-1999 : UNHA APLICACIÓN DA TELEDETECCIÓN
Nesta obra preséntase o proceso seguido na obtención dunha metodoloxía de estimación de superficies agrarias orientada a conseguir un deseño operativo para abordar a posterior obtención de estatísticas globais.
6.- CLASIFICACIÓN NACIONAL DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS: (CNAE-93)
Nesta publicación preséntase a versión en galego da CNAE-93 elaborada polo IGE segundo as normas da Comunidade Europea. Así a CNAE-93 desenvolve a estrutura da nomenclatura de actividades económicas da comunidade europea (NACE-Rev.1).
7.- BOLETÍN DE ACTUALIDADE ESTATÍSTICA  
Esta publicación seriada recolle artigos, noticias e breves notas sobre os novos documentos e publicacións do IGE e pretende potenciar o uso da información estatística a todos os niveis.
8.- DOCUMENTOS TÉCNICOS.  
Nestas publicacións recóllense distintos traballos e estudos metodolóxidos que se desenvolveron no Instituto Galego de Estatística.
Compartir: