Catálogo de publicacións

Publicacións editadas no ano "2010"   7 publicación(s) atopada(s)
1.- A ECONOMÍA GALEGA A TRAVÉS DO MARCO INPUT-OUTPUT DE GALICIA 2005
Esta publicación é unha primeira explotación dos resultados derivados da operación estatística Marco Input-Output de Galicia 2005.
2.- GALICIA EN CIFRAS. ANUARIO 2009
Nesta publicación, de periodicidade anual, preséntanse as principais variables de contido estatístico, das diferentes fontes dispoñibles no período de referencia e sobre os diferentes ámbitos e materias da realidade socioeconómica, relativas á comunidade autónoma.
3.- DATOS ESTATÍSTICOS BÁSICOS DE GALICIA 2010
Nestes folletos preséntase un avance dos datos máis relevantes a nivel estatístico da realidade económica e social galega.
4.- MEMORIA ANUAL DA ACTIVIDADE ESTATÍSTICA. CONSELLO GALEGO DE ESTATÍSTICA  
Na presente memoria inclúese un resumo da normativa aplicable, as actividades estatísticas de produción propia executadas polo IGE, a composición do Consello Galego de Estatística e breves referencias ás actividades de difusión e xestión do IGE. A información presentada, permite facer un seguimento das actividades realizadas polo organismo e contribúe a que o seu labor sexa máis coñecido, nun intento de achegar, na medida do posible, a información estatística ao cidadán.
5.- ANUARIO ESTATÍSTICO GALICIA-NORTE DE PORTUGAL 2010
Nesta publicación preséntase un conxunto de variables estatísticas que permiten comparar as estruturas socioeconómicas de Galicia e o Norte de Portugal.

NOTA: O anuario en formato papel está esgotado. Só hai dispoñibles tarxetas USB.
6.- COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. PROGRAMA ESTATÍSTICO ANUAL 2010
Nesta publicación inclúense as operacións e outras actividades estatísticas que darán cumprimento ao Plan galego de estatística correspondente.
7.- DOCUMENTOS TÉCNICOS.  
Nestas publicacións recóllense distintos traballos e estudos metodolóxidos que se desenvolveron no Instituto Galego de Estatística.
Compartir: