Condicións de uso da información contida neste servidor

O Instituto Galego de Estatística (IGE) posúe os dereitos de propiedade intelectual dos elementos que configuran este servidor. Toda reprodución total ou parcial, ou imitación, de pantallas de navegación, logos e imaxes, queda prohibida sen o permiso do IGE.

O uso da información contida neste servidor implica a aceptación das seguintes condicións de uso:

  1. O IGE creou este sitio web para facilitar aos usuarios o acceso á información estatística. Os datos veñen de múltiples fontes. O IGE pon este material a disposición dos usuarios de forma individual, como licenza de usuario final. Queda por tanto prohibida toda comercialización deste dereito de acceso. O IGE reserva o dereito a modificar estas condicións de licenza para a información en calquera momento.
  2. A información estatística vén de múltiples fontes e introdúcese no servidor o antes posible seguindo procedementos de control de calidade. Aínda así o IGE non pode garantir que toda a información que se ofrece sexa correcta nin que se encontre oportunamente actualizada, aínda que porá os esforzos precisos para corrixila coa maior brevidade posible. Nalgúns apartados o servidor conten ligazóns con páxinas externas sobre as que o IGE non exerce control algún e respecto as cales declina a súa responsabilidade.
  3. O IGE non se responsabiliza de ningún dano e prexuízo sufrido polo usuario que se derive do acceso a este servidor ou do uso da información dispoñible nel.
  4. Calquera dúbida ou comentario sobre o contido deste servidor debe dirixirse a:

Instituto Galego de Estatística (IGE)
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15703-Santiago de Compostela
Tlfno: 981 541 589
Consultas on-line