Galicia en cifras

Introdución

O Instituto Galego de Estatística realiza, desde o comezo da súa actividade, o anuario Galicia en cifras. Neste anuario recóllense as principais variables de contido estatístico das diferentes fontes de información dispoñibles sobre os diferentes ámbitos e materias da realidade socioeconómica relativas á Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ata o anuario 2009 todas as edicións fixéronse en papel e en internet (en pdf ou excel). Na web están dispoñibles os anuarios dende o exemplar do 1995, en formato Html/Excel ou pdf. Os exemplares anteriores á edición do ano 2010 poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles.

  • A partir da edición do ano 2010 o Galicia en cifras publícase só en internet en html. Desta maneira as táboas estarán actualizadas a medida que os datos estean dispoñibles. Ademais dentro de cada táboa coa funcionalidade de "Máis datos" permítese o acceso a información retrospectiva, con máis detalle e con información para os diferentes ámbitos territoriais.

Por ser unha obra que recolle información de multitude de fontes, queremos agradecer a valiosa colaboración prestada polas institucións públicas que nos facilitaron datos, e esperamos que a información aquí recollida sexa de utilidade a todos aqueles que a necesiten para un bo desenvolvemento dos seus traballos.

Información por temas

Territorio, recursos naturais e medio

Poboación

Sanidade

Educación, cultura e lecer

Mundo laboral

Benestar e participación social

Sector agrario, pesca e acuicultura

Enerxía, industria e construción

Servizos de mercado

Administración pública

Mercados e prezos

Actividade empresarial

Sistema de contas

Sociedade da información, ciencia e tecnoloxía

Datos municipais

Mapas

Siglas e acrónimos

Anuarios edicións anteriores

 
Compartir: