A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable foi firmada no ano 2015 por todos os países membros das Nacións Unidas e representa o compromiso internacional para facer fronte aos retos sociais, económicos e ambientais da globalización, poñendo no centro ás persoas, o planeta, a prosperidade, a paz e as alianzas, baixo o lema de non deixar a ninguén atrás.

O núcleo da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable son os denominados Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Trátase de 17 obxectivos concretados en 169 metas de carácter universal, integrado e indivisible, que constitúen un ambicioso plan de acción cara ao desenvolvemento sustentable que ten que ser alcanzado antes do ano 2030.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu que estes 17 obxectivos e 169 metas foran obxecto de seguimento utilizando o marco de indicadores proposto pola Comisión de Estatística das Nacións Unidas, actualmente formado por 248 indicadores (231 indicadores diferentes, xa que algúns indicadores se repiten).

Na estatística de síntese Indicadores estatísticos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable en Galicia, proporciónanse series de datos estatísticos procedentes de fontes de información oficiais que permiten medir a nivel autonómico os indicadores definidos polas Nacións Unidas. Existen obxectivos e metas para os que aínda non se dispón de ningunha serie de datos que permita monitorizar a súa evolución, pero iranse incorporando de forma progresiva a medida que se analicen as diferentes fontes de información oficiais dispoñibles ou se acometan novas estatísticas destinadas a satisfacer aquelas necesidades sobre as que actualmente non existe información.

A maioría de indicadores desta publicación teñen unha metodoloxía harmonizada polos órganos centrais de estatística das comunidades autónomas, que garante a súa comparabilidade a nivel autonómico (nota do grupo de traballo das comunidades autónomas). Se o desexa, pode consultar o documento metodolóxico.

Seleccione o Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS) sobre o que desexa obter series de datos estatísticos ou faga unha descarga completa da publicación (para o ODS 14 aínda non se dispón de información):




Obxectivo 1. Poñer fin á pobreza en todas as súas formas e en todo o mundo

Excel

(..) Dato non dispoñible

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

IGE: Instituto Galego de Estatística

INE: Instituto Nacional de Estadística

CSND: Consellería de Sanidade

CCS: Consorcio de Compensación de Seguros

MHAC: Ministerio de Hacienda

Obxectivo 2. Poñer fin á fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sustentable

Excel

(..) Dato non dispoñible

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

INE: Instituto Nacional de Estadística

MSND: Ministerio de Sanidad

MAPA: Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación

MTED: Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico

Obxectivo 3. Garantir unha vida sa e promover o benestar de todos a todas as idades

Excel

(..) Dato non dispoñible

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

IGE: Instituto Galego de Estatística

INE: Instituto Nacional de Estadística

CSND: Consellería de Sanidade

MSND: Ministerio de Sanidad

MCNU: Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades

MHAC: Ministerio de Hacienda

Obxectivo 4. Garantir unha educación inclusiva e equitativa de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe permanente para todos

Excel

(..) Dato non dispoñible

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

IGE: Instituto Galego de Estatística

INE: Instituto Nacional de Estadística

MEFD: Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes

Obxectivo 5. Lograr a igualdade de xénero e empoderar a todas as mulleres e as nenas

Excel

(..) Dato non dispoñible

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

IGE: Instituto Galego de Estatística

INE: Instituto Nacional de Estadística

MIGD: Ministerio de Igualdad

MHAC: Ministerio de Hacienda

Obxectivo 6. Garantir a dispoñibilidade e a xestión sustentable da auga e o saneamento para todos

Excel

(..) Dato non dispoñible

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

MSND: Ministerio de Sanidad

Obxectivo 7. Garantir o acceso a unha enerxía alcanzable, fiable, sustentable e moderna para todos

Excel

(..) Dato non dispoñible

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

IGE: Instituto Galego de Estatística

INE: Instituto Nacional de Estadística

REE: Red Eléctrica de España

Obxectivo 8. Promover o crecemento económico sostido, inclusivo e sustentable, o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todos

Excel

(..) Dato non dispoñible

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

IGE: Instituto Galego de Estatística

INE: Instituto Nacional de Estadística

BDE: Banco de España

CNMV: Comisión Nacional del Mercado de Valores

MHAC: Ministerio de Hacienda

Obxectivo 9. Construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización inclusiva e sustentable e fomentar a innovación

Excel

(..) Dato non dispoñible

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

IGE: Instituto Galego de Estatística

INE: Instituto Nacional de Estadística

MTED: Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico

MTDF: Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública

Obxectivo 10. Reducir a desigualdade nos países e entre eles

Excel

(..) Dato non dispoñible

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

IGE: Instituto Galego de Estatística

INE: Instituto Nacional de Estadística

MINT: Ministerio del Interior

Obxectivo 11. Lograr que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sustentables

Excel

(..) Dato non dispoñible

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

IGE: Instituto Galego de Estatística

INE: Instituto Nacional de Estadística

MCLT: Ministerio de Cultura

CSND: Consellería de Sanidade

CCS: Consorcio de Compensación de Seguros

MTED: Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico

MVAU: Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana

Obxectivo 12. Garantir modalidades de consumo e produción sustentables

Excel

(..) Dato non dispoñible

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

CMACC: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

MTED: Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico

Obxectivo 13. Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos

Excel

(..) Dato non dispoñible

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

IGE: Instituto Galego de Estatística

INE: Instituto Nacional de Estadística

CSND: Consellería de Sanidade

MTED: Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico

Pestana_14

Obxectivo 15. Protexer, restablecer e promover o uso sustentable dos ecosistemas terrestres, xestionar sustentablemente os bosques, loitar contra a desertización, deter e investir a degradación das terras e deter a perda de biodiversidade

Excel

(..) Dato non dispoñible

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

MTED: Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico

IGN: Instituto Geográfico Nacional

Obxectivo 16. Promover sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sustentable, facilitar o acceso á xustiza para todos e construír en todos os ámbitos institucións eficaces e inclusivas que rendan contas

Excel

(..) Dato non dispoñible

(-) Non procede

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

IGE: Instituto Galego de Estatística

INE: Instituto Nacional de Estadística

MINT: Ministerio del Interior

MHAC: Ministerio de Hacienda

CIS: Centro de Investigaciones Sociológicas

MTDF: Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública

Obxectivo 17. Fortalecer os medios de implementación e revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sustentable

Excel

(..) Dato non dispoñible

Os datos son provisionais ou definitivos na medida en que o sexan as súas fontes de información

IGE: Instituto Galego de Estatística

INE: Instituto Nacional de Estadística

MHAC: Ministerio de Hacienda

MECM: Ministerio de Economía, Comercio y Empresa

MAUC: Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación

BDE: Banco de España

CNMC: Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia

En setembro de 2015, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable (https://undocs.org/es/A/RES/70/1), na que se fixaron os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a concretar en 169 metas de carácter universal, integrado e indivisible, que constitúen un ambicioso plan de acción cara ao desenvolvemento sustentable nas súas tres dimensións: social, económica e ambiental.

A partir desta aprobación, distintos organismos fóronse sumando á mesma a todos os niveis institucionais, desde organismos multinacionais a locais.

En novembro de 2016, a Comisión Europea expuxo o seu enfoque estratéxico para a aplicación da Axenda 2030:

https://eur-lex.europa.eu/legal-content/ES/TXT/HTML/?uri=CELEX:52016DC0739&from=EN

O Goberno de España, en setembro de 2017, acordou a constitución do Grupo de Alto Nivel para a Axenda 2030, co obxectivo de coordinar a posición española e as actuacións necesarias para o seu cumprimento. Este Grupo de Alto Nivel acordou a elaboración do Plan de acción para a implementación da Axenda 2030, que foi aprobado en xuño de 2018 polo Consello de Ministros:

https://www.mdsocialesa2030.gob.es/agenda2030/documentos/plan-accion-implementacion-a2030.pdf

En diferentes momentos do tempo, todas as comunidades autónomas fóronse adherindo á Axenda 2030, desenvolvendo as súas propias estratexias e asumindo o reto de aliñarse cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

En todos os casos expostos é esencial o cálculo de indicadores que sirvan para medir o grao de cumprimento dos distintos obxectivos e metas. Para esta medición é imprescindible contar cos organismos estatísticos ao ser estes os máis capacitados para garantir a correcta definición e obtención dos indicadores.

Nacións Unidas

O marco de indicadores mundiais para os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable foi acordado no 48º período de sesións da Comisión de Estatística das Nacións Unidas, celebrado en marzo de 2017.

O marco de indicadores mundiais foi adoptado posteriormente pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en xullo de 2017 e figura na Resolución sobre o labor da Comisión de Estatística das Nacións Unidas en relación coa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable (https://undocs.org/es/A/RES/71/313), onde se indica que ese marco de indicadores mundiais será perfeccionado anualmente e revisado exhaustivamente en 2020 e 2025. Actualmente, o marco de indicadores mundiais está formado por 248 indicadores (231 indicadores diferentes, xa que algúns indicadores se repiten):

https://unstats.un.org/sdgs/indicators/Global-Indicator-Framework-after-2024-refinement-Spanish.pdf

A División de Estatística das Nacións Unidas desenvolveu unha plataforma para a difusión dos indicadores mundiais da Axenda 2030, que se pode consultar en:

https://unstats.un.org/sdgs/dataportal

Unión Europea

Para o seguimento dos progresos alcanzados cara á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable no contexto da Unión Europea, estableceuse un conxunto de indicadores aberto a revisións anuais. Actualmente, está formado por 102 indicadores, dos cales 34 son multipropósito, é dicir, utilízanse para supervisar máis dun obxectivo:

https://ec.europa.eu/eurostat/documents/276524/18322024/EU-SDG-indicator-review-report-2024.pdf

Eurostat dispón dunha plataforma para a difusión dos indicadores utilizados a nivel da Unión Europea:

https://ec.europa.eu/eurostat/web/sdi/database

España

O Programa anual 2018 do Plan estatístico nacional 2017-2020 determina que lle corresponde ao INE a coordinación xeral dos servizos da Administración do Estado e entidades dependentes dela responsables da elaboración dos indicadores para o seguimento da Axenda 2030 a nivel nacional.

A operación estatística Indicadores da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable ten por obxectivo constituír un marco de indicadores estatísticos, aliñados cos establecidos polas Nacións Unidas, que sirvan para monitorizar a nivel nacional o cumprimento dos distintos obxectivos e metas, tal e como se describe na súa nota metodolóxica:

https://www.ine.es/ods/metodologia_ods.pdf

Os resultados a nivel nacional destes indicadores pódense consultar na plataforma de difusión do INE:

https://www.ine.es/dyngs/ODS/es/index.htm

Comunidades autónomas

As comunidades autónomas tamén incluíron nos seus plans e programas estatísticos unha estatística destinada a dispor de indicadores que permitan medir a nivel rexional os progresos cara á consecución dos obxectivos e metas da Axenda 2030.

No ano 2019, co fin de levar a cabo un traballo coordinado no desenvolvemento dos indicadores das comunidades autónomas, constituíuse un grupo de traballo entre os organismos estatísticos das comunidades autónomas, baixo a forma de rede colaborativa, co obxectivo de consensuar a metodoloxía de cálculo dos indicadores das Nacións Unidas para as comunidades autónomas, buscando alternativas ante os problemas de rexionalización ou pertinencia e garantindo a comparabilidade.

Despois dun traballo intenso, cada comunidade autónoma está en disposición de publicar na súa páxina web unha batería de indicadores común e homoxénea, calculados baixo unha metodoloxía común, que permiten avaliar a nivel rexional o seu grado de cumprimento da Axenda 2030:

Andalucía: http://www.juntadeandalucia.es/institutodeestadisticaycartografia/ods/index.htm

Aragón: https://www.aragon.es/-/indicadores-de-los-objetivos-de-desarrollo-sostenible-de-la-agenda-2030-para-aragon

Principado de Asturias: https://sadeiasturias.github.io/indicadores-ods-asturias/

Illes Balears: https://ibestat.edatos.io/ods/

Canarias: https://www3.gobiernodecanarias.org/aplicaciones/appsistac/ods/

Cantabria: https://ods-cantabria.github.io/ods-cantabria/

Castilla y León: https://servicios4.jcyl.es/ods2030/

Cataluña: https://www.idescat.cat/dades/ods/nu/?lang=es

Comunitat Valenciana: https://pegv.gva.es/es/ods

Extremadura: https://www.juntaex.es/ieex/agenda-2030

Galicia: https://www.ige.gal/Shiny/Agenda2030/

Comunidad de Madrid: http://www.madrid.org/iestadis/ODS/ODS_CM.htm

Comunidad Foral de Navarra: https://nastat.navarra.es/es/indicadores/indicadores-ods

País Vasco: https://www.eustat.eus/indic/ods.html

La Rioja: https://www.larioja.org/estadistica/es/objetivos-desarrollo-sostenible-rioja