Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Matemáticas. Probabilidade

  1. Coa seguinte táboa podes calcular a probabilidade de nacer varón en Galicia no último ano dispoñible

    Dunha familia de tres fillos galega, calcula a probabilidade de que:

    • Os tres sexan varóns

    • Ningún sexa varón.

  2. Na seguinte táboa tes información sobre a lingua na que falan habitualmente os galegos.

    Cal é a probabilidade de que elexindo dúas persoas ao azar en Galicia no ano 2003:

    • As dúas falen sempre en galego.

    • As dúas falen sempre en castelán.

    • Unha fale sempre en galego e outra fale sempre en castelán

    Responde as estas preguntas para o ano 2018 e compara os resultados

  3. Na seguinte táboa tes información sobre a probabilidade de morte dos homes e mulleres na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal nos diferentes grupos de idade, [0,1), (1:5],..

    Cal é a probabilidade de que un home e unha muller que teñan 65 anos vivan 10 anos máis. Ademáis cal e a probabilidade de que pasados os 10 anos

    • Vivan os dous.

    • Viva só a muller.

    • Viva polo menos un dos dous

    • Non viva ningún dos dous

  4. Para un concurso da televisión necesitan seleccionar a 10 persoas en Galicia, das cales é necesario que polo menos dúas sean paradas. Tendo en conta a seguinte táboa que mostra o número de ocupados, parados e inactivos en Galicia:

    Poboación de 16 e máis anos=activos(ocupados+parados)+inactivos

    • Calcular a probabilidade de que 5 sexan inactivas, 3 ocupadas e 2 paradas
    • Calcular a probabilidade de que 2 sexan paradas e o resto inactivas