Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Mentiras, grandes mentiras e estatísticas


Darrel Huff foi un escritor estadounidense autor do libro How to Lie with Statistics (Como mentir con estatísticas). Nel explica que se queres demostrar algo absurdo só tes que coller unha boa morea de datos, torturalos ata que digan o que ti queiras demostrar, e a confesión que obtés desta maneira chámalle estatística.

Mundialmente coñecida é a lei de Murphy da que hai moitas versións: "se algo pode fallar, fallará", ou "a probabilidade de que unha torrada caia nunha alfombra pola parte da marmelada e da manteiga é directamente proporcional ao prezo da alfombra"; pero moi relacionada coa estatística está a Lei de Williams e Holland. Estes autores dinos que si se reúnen os suficientes datos pódese demostrar calquera cousa.

A continuación mostraremos algúns exemplos de como non se deben sacar conclusións á lixeira dos datos estatísticos. Moitos destes exemplos pódelos atopar na rede en páxinas como http://platea.pntic.mec.es/jescuder/estadist.htm



A probabilidade de ter un accidente de tráfico aumenta co tempo que pases na estrada. Polo tanto, canto máis rápido circules, menor é a probabilidade de que teñas un accidente de tráfico. Como consecuencia deberían quitarlle os puntos do carné a aqueles condutores que vaian amodo.

O 33% dos accidentes mortais involucran a alguén que bebeu alcohol. Polo tanto, o 67% restante foi causado por alguén que non bebeu. A vista deste dato e do anterior, está claro que a forma máis segura de conducir é ir borracho e a gran velocidade.

Un estudo mostrou que en certa poboación europea produciuse un forte crecemento na poboación e un notable incremento do número de nenos de cegoñas. ¿Acaso non demostra isto que son as cegoñas as que traen os nenos ao mundo?.

Un estudo demostrou que en certa rexión as taxas de falecemento por cáncer e de consumo de leite eran as máis altas do país. Polo tanto beber leite pode causar cáncer.

Segundo as estatísticas, o principal candidato a sufrir un accidente doméstico é o dun varón de 24 anos, andaluz, camareiro de profesión, que un sábado ás 11:30 da mañá disponse a facer bricolaxe nun bar"

Os hospitais son os lugares máis perigosos do mundo, pois a probabilidade de morrer nun é moito maior que a de morrer en calquera outro sitio.

A cama é o sitio máis perigoso do mundo, pois é o sitio onde morre máis xente.

Un traballo estatístico mostrou que case todos os grandes matemáticos foron fillos primoxénitos. ¿Significa que os nenos primoxénitos reciben unha dote de sensibilidade matemática maior que seus irmáns posteriores?

A taxa de natalidade é o dobre que a taxa de mortalidade; polo tanto unha de cada dúas persoas é inmortal.

O 20% das persoas morre a causa do tabaco. Polo tanto, o 80% das persoas morre por non fumar. Así que queda demostrado que non fumar é peor que fumar.

As últimas estatísticas afirman que o número de matrimonios é o dobre que o de divorcios. Polo tanto, un de cada dous matrimonios acaba en divorcio.

Existe unha elevada correlación positiva e significativa entre as vendas anuais de chicle e a incidencia de crime en Estados Unidos. Polo tanto hai que prohibir a venda de chicle para reducir o crime.

Existe unha forte correlación entre ter os pes grandes e saber multiplicar (normalmente os nenos moi pequenos non saben multiplicar e teñen o pé pequeno, mentres que os adultos deberían saber e teñen o pé grande). Polo tanto, as persoas cos pes grandes son mellores en matemáticas.