Resumo de resultados




Datos Básicos. Territorio e recursos naturais

Superficie e densidade. Ano 2022

Fonte: IGN. Información subministrada directamente. IGE. Cifras poboacionais de referencia.

Superficie e densidade

A superficie total da comunidade autónoma de Galicia é de 29.577 quilómetros cadrados e a densidade de poboación en 2022 foi de 91 persoas por quilómetro cadrado. Por provincias, Pontevedra, con 209,8 habitantes por quilómetro cadrado foi a que presentou unha maior densidade de poboación. No outro extremo atópase Lugo, con 32,9 persoas por quilómetro cadrado.


Entidades de poboación. Ano 2022

Fonte:INE. Padrón. Explotación estadística y Nomenclátor a 1 de enero

Entidades de poboación

A partir dos datos de España, obtense que o 49,1% das entidades singulares de España e o 76,9% das parroquias de España pertencen a Galicia. Por outra banda, o 41,7% dos diseminados de Galicia atópanse na provincia de Lugo.

Investimentos en infraestruturas

No ano 2019 investíronse en Galicia 108,8 millóns de euros na rede de estradas dependentes do Estado, 156,8 millóns na dependente da Comunidade Autónoma e 44,8 millóns de euros na dependente das deputacións. O investimento en ferrocarril acadou os 231,5 millóns de euros, en aeroportos e navegación aérea 17,6 millóns de euros e en portos e costas investíronse 103 millóns de euros.


Liquidación orzamentaria dos investimentos en infraestruturas. Galicia.
Miles de euros

Fonte: Ministerio de Fomento. Anuario estadístico
Nota: Os datos do ano 2015 son provisionais e os datos de concesións de autoestradas e aeroportos e navegación aérea do ano 2014 son provisionais. Nos investimentos realizados na rede de estradas non se inclúen os investimentos realizados polas sociedades concesionarias de autoestradas. No total estatal de investimentos en estradas das deputacións están incluídos os cabidos insulares. Os investimentos en obras hidráulicas, son os realizados polo Ministerio de Agricultura,Alimentación y Medio Ambiente. Nos investimentos nos portos e costas non se inclúen os realizados en transporte marítimo por portos menores.

Catastro inmobiliario rústico e urbano. Ano 2022

Fonte: Ministerio de Economía y Hacienda. Direccion General del Catastro.

Superficie rústica e urbana

No ano 2022 a superficie rústica de Galicia era de 2.822.672 ha, repartidas en 10.960.442 parcelas. O valor catastral destas parcelas supera os 5.110 millóns de euros.

O número de parcelas urbanas ascendeu a 1.747.884 cunha superficie total de 118.961 hectáreas. O valor catastral total acadou os 107.311 millóns de euros, dos cales 70.583 millóns correspondían ao valor catastral dos bens inmobles de uso residencial.

Prezos da madeira

No 2020 o prezo da madeira aumentou en todos os tipos.

Evolución dos prezos da madeira. Galicia.
Euros/metro cúbico

Fonte: Consellería de Medio Rural e do Mar. Prezos agrarios

Poboación segundo o tamaño do núcleo de residencia. Galicia. Ano 2022


Fonte: INE. Padrón. Explotación estadística y Nomenclátor a 1 de enero

No ano 2022 o 43,3% dos galegos residía en núcleos de poboación de máis de 10.000 habitantes. Estes núcleos (21) representan o 0,2% dos núcleos de Galicia.

Por outra banda, máis da metade dos núcleos de Galicia ten menos de 50 habitantes pero a poboación que reside nestes núcleos é o 6,6% da poboación galega.

Núcleos segundo o tamaño. Galicia.
Ano 2022


Fonte: INE. Padrón. Explotación estadística y Nomenclátor a 1 de enero

Rede de estradas. Galicia. Ano 2019
Quilómetros

Fonte: Ministerio de Fomento. Anuario Estadístico

Evolución do número de lumes. Galicia.
Número de lumes

Fonte: Consellería do Medio Rural. Información subministrada directamente.

En 2020 rexistráronse 1.527 lumes forestais en Galicia que queimaron 14.823,92 hectáreas, das cales 12.864,58 (86,8%) correspondían a superficie rasa e as 1.959,06 restantes (13,2%) a superficie arbolada.

Evolución de la superficie queimada nos lumes forestais. Galicia.
Hectáreas

Fonte: Consellería do Medio Rural. Información subministrada directamente.


Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo