Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME)

Resumo de resultados 06/11/2019
Datos correspondentes a outubro de 2019

Introdución

A Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME) é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con carácter mensual. Como indica o seu nome, a información difundida mediante esta estatística procede da explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (máis coñecido polas súas siglas BORME), atendendo para facer os cálculos á data de publicación de cada incidencia.

O obxectivo desta operación é medir a demografía das sociedades mercantís en Galicia, ofrecendo información sobre os seguintes puntos:

  • As empresas creadas, as que amplían e reducen capital, e as que desembolsan dividendos pasivos.
  • Información sobre as empresas en situación concursal e as quebras, disolucións, extincións e transformación de sociedades ocorridas no mes de estudo.
  • Información sobre o número de socios fundadores das sociedades constituídas cada mes, así como da súa distribución por sexo.

Constitucións e ampliacións

Sociedades mercantís constituídas e que amplían capital.
Galicia. Outubro de 2019

Número


Capital (en euros)

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Sociedades mercantís constituídas segundo a provincia de inscrición. Galicia. Outubro de 2019
Número, porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)


En outubro de 2019 constituíronse en Galicia 322 sociedades mercantís. Este mes rexistráronse 57 constitucións máis que no mes anterior e 13 máis que no mes de outubro de 2018. O capital medio1 subscrito polas sociedades constituídas en outubro ascendeu a 47.924,72 euros por sociedade.

Por outra banda, en outubro de 2019 ampliaron o seu capital social 101 sociedades mercantís. O capital ampliado por estas sociedades ascendeu a 34,33 millóns de euros. Con respecto ao mesmo mes do ano pasado, en outubro ampliou capital unha sociedade máis que as rexistradas hai 12 meses.

Como en meses precedentes, en outubro as provincias de Pontevedra e A Coruña rexistraron o maior número de constitucións, co 42,24% das sociedades mercantís creadas no primeiro caso e o 39,13% no segundo. O 9,94% das novas empresas constituídas fixou a súa sede na provincia de Lugo e o outro 8,70% na provincia de Ourense.

1O capital medio subscrito por sociedade calcúlase dividindo o capital total das sociedades constituídas/que amplían capital entre o número de sociedades constituídas/que amplían capital.

Demografía das empresas constituídas

Sociedades mercantís constituídas segundo a forma xurídica. Galicia. Outubro de 2019

Número, euros

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Todas as empresas constituídas en outubro en Galicia adoptaron a forma de sociedades de responsabilidade limitada. O capital medio subscrito por este tipo de sociedades foi de 47.924,72 euros por empresa.

Porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

O 23,91% das empresas creadas en outubro pertencen á rama do comercio. As seguintes actividades en importancia son a construción (11,80%), as actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (10,87) e a hostalaría (10,25%).

A presenza do sexo masculino segue a ser maioritaria na creación de empresas, como en meses precedentes: 329 socios (o 77,41% do total) fronte a 96 socias (22,59%) en outubro de 2019.

Ademais, as sociedades mercantís creadas en Galicia adoitan estar compostas por un número de socios moi pequeno, limitado nunha porcentaxe moi elevada das constitucións a unha soa persoa. De feito, en outubro, o 72,98% das sociedades constituídas foron creadas por un único socio fundador e o 20,81% por dous socios.



Distribución dos socios fundadores das sociedades mercantís constituídas segundo o sexo. Galicia. Outubro de 2019
Persoas, porcentaxe

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Disolucións, reducións de capital e transformación de sociedades

Sociedades mercantís disoltas e que reducen capital. Galicia
Número

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Sociedades mercantís con escisións, fusións ou en situación concursal. Galicia
Número

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

En outubro de 2019 disolvéronse 110 sociedades mercantís en Galicia, 39 máis que en setembro de 2019. Con respecto ao acontecido hai un ano, o número de disolucións diminuíu en 8 unidades. Vinte e catro empresas reduciron o seu capital social en outubro. Este mes rexistráronse cinco procesos de fusión e dous de escisión.

O mes de outubro pechou con 28 sociedades afectadas por concurso de acredores. Con respecto ao acontecido hai un ano, en outubro de 2018 había unha sociedade máis afectada por esta situación que en outubro de 2019.

Distribución das constitucións por concellos

Sociedades mercantís constituídas segundo o concello de inscrición
Dende novembro de 2018 a outubro de 2019

Número

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Compartir: