Índices de valor unitario para o comercio exterior. Referencia 2010. Resumo de resultados

Resumo de resultados 28/06/2019
Datos correspondentes a abril de 2019

Introdución

Os Índices de valor unitario para o comercio exterior é unha operación estatística que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) con periodicidade mensual.

O obxectivo desta operación estatística é obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e importación de mercadorías con orixe ou destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

As principais utilidades destes índices son as seguintes: permiten aproximar a evolución dos prezos das exportacións e importacións; úsanse como deflactores para seguir a evolución en volume do comercio exterior; serven para construír indicadores como a relación real de intercambio ou os índices de competitividade.

Evolución

No mes de abril os prezos dos bens exportados na Comunidade Autónoma de Galicia aumentaron un 6% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Para os bens importados, os prezos aumentaron un 1,5% en taxa de variación interanual.

Índices de valor unitario. Taxas de variación interanuais. Galicia

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Clasificación por destino económico dos bens

Atendendo á clasificación por destino económico, produciuse un aumento interanual do 6,55% nos prezos das exportacións de bens de consumo. Os prezos dos bens intermedios aumentaron un 6,34% respecto ao mes de abril de 2018 e os prezos dos bens de capital un 2,17%.

Nas importacións, os prezos dos bens de consumo diminuíron un 3,41% respecto ao mes de abril do ano anterior. Pola contra, os prezos dos bens intermedios experimentaron un incremento interanual do 4,18% e os dos bens de capital do 6,04%.

Índices de valor unitario. Índice xeral e clasificación por destino económico dos bens. Galicia
Taxas de variación interanuais en porcentaxes

EXPORTACIÓNS

IMPORTACIÓNS

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Clasificación por orixe/destino xeográfico

Por destino xeográfico, produciuse un aumento interanual do 6,84% nos prezos dos bens exportados aos países da Unión Económica e Monetaria e do 7,39% nos das exportacións á Unión Europea. Tamén se incrementaron os prezos das exportacións á OCDE en abril (un 8,20%) pero diminuíron, pola contra, os das exportacións ao resto do mundo (un -6,80% respecto ao mesmo mes de 2018).

Por orixe dos bens importados, os prezos dos bens procedentes de países pertencentes á Unión Económica e Monetaria diminuíron un 1,49% en termos interanuais. Tamén diminuíron os prezos das importacións procedentes da Unión Europea (un 1,89%). Pola contra, en abril aumentaron en termos interanuais os prezos das importacións chegadas de países da OCDE (un 0,94%) e do resto do mundo (un 2,60%).

Índices de valor unitario. Clasificación por orixe/destino xeográfico. Galicia
Taxas de variación interanuais en porcentaxes

EXPORTACIÓNS

IMPORTACIÓNS

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Definicións e máis información

Definicións

Acceso ás táboas de datos:

Compartir: