Distribución do Valor Engadido Bruto (VEB) de Galicia

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia segundo o grao de urbanización

Distribución do Valor Engadido Bruto (VEB) de Galicia segundo o grao de urbanización. Base 2010

No ano 2016 o 42,2% do VEB de Galicia xérase na zona máis poboada, con case 22.637 millóns de euros, mentres que a zona que menos contribúe ao total do VEB é a ZPP. Con respecto ao 2014 diminuíu o peso da ZDP e da ZPP na distribución do VEB de Galicia e, en contraposición, aumentou 1,2 puntos porcentuais o da ZIP.

Distribución do VEB segundo o grao de urbanización. Base 2010
Ano 2016

Distribución do Valor Engadido Bruto (VEB) segundo o sector de actividade por grao de urbanización. Base 2010.

Ao considerar a distribución do VEB por sectores de actividade nas distintas zonas de urbanización obsérvase que o peso do sector servizos diminúe co grao de urbanización e, pola contra, o peso do sector primario aumenta de forma notable a medida que decrece o grao de urbanización. No que respecta aos sectores da industria e a construción, tamén neste caso semella existir unha relación inversa entre o peso destes no VEB e o grao de urbanización, sendo, de novo, a zona pouco poboada onde a industria e a construción achegan máis valor engadido á economía da rexión.


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Distribución do Valor Engadido Bruto (VEB) de Galicia segundo o subgrao de urbanización. Base 2010.


Distribución do Valor Engadido Bruto (VEB) de Galicia segundo o sector de actividade por subgrao de urbanización. Base 2010.

Na análise da distribución do VEB en Galicia segundo o subgrao de urbanización cómpre destacar que non segue o mesmo patrón que a análise segundo o grao. Neste caso non presenta unha relación directa entre o subgrao de urbanización e a contribución ao VEB. As subzonas que menos contribúen ao VEB de Galicia no ano 2016 son a ZPP intermedia, a ZPP alta e a ZIP baixa (no caso da ZPP intermedia non chega ao 5%).

Ao considerar a distribución do VEB segundo o sector de actividade nas subzonas de urbanización non se aprecia un patrón tan claro como na análise por zonas. Non obstante destaca o peso do sector primario nas subzonas menos urbanizadas, ZPP intermedia e ZPP baixa.

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE.Produto interior bruto municipal. Base 2010.
Os datos do ano 2016 son provisionais.


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
Compartir: