Resumo de resultados


 Estudo Salarios. O mercado de traballo en Galicia. Poboación asalariada segundo o nivel de estudos


Estudo de salarios / O mercado de traballo en Galicia / Poboación asalariada segundo o nivel de estudos

Poboación asalariada segundo o nivel de estudos

En canto ao nivel de formación da poboación asalariada galega no ano 2022, o 50,14% alcanzou a “Educación superior”, o 25,46% a “Primeira etapa de educación secundaria”, o 22,48% a “Educación secundaria. Segunda etapa”, e o 1,91% restante, “Analfabetos, primarios”. Segundo o sexo, a porcentaxe de mulleres asalariadas con estudos superiores foi do 56,78%, situándose por enriba da dos homes cuxa porcentaxe foi do 43,66%. Por sectores, no sector público o 74,99% das persoas asalariadas tiñan estudos superiores, mentres que no sector privado só o 43,32% tiñan estudos superiores.

Distribución da poboación asalariada por nivel de estudos, sexo e sector. Galicia. Ano 2022
Unidade: Miles de persoas e porcentaxes
Total
Público
Privado
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total Público Privado
Total 900,4 454,9 445,4 194,3 78,6 115,7 706,1 376,3 329,8 100,00 100,00 100,00
Analfabetos, primarios 17,2 10,5 6,7 0,7 0,5 0,1 16,6 10,0 6,6 1,91 0,36 2,35
Primeira etapa de educación secundaria 229,2 136,2 93,0 16,0 9,3 6,7 213,3 126,9 86,3 25,46 8,23 30,21
Educación secundaria. Segunda etapa 202,4 109,5 92,9 32,0 16,5 15,6 170,4 93,1 77,3 22,48 16,47 24,13
Educación superior 451,5 198,6 252,9 145,7 52,3 93,3 305,9 146,3 159,6 50,14 74,99 43,32


Distribución da poboación asalariada por nivel de estudos e sexo. Galicia. Ano 2022
Unidade: Porcentaxes


Distribución da poboación asalariada por nivel de estudos e sector. Galicia. Ano 2022
Unidade: Porcentaxes


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo