Resumo de resultados




Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Salario bruto anual segundo a antigüidade

Salarios desde o punto de vista do perceptor: Salario bruto anual segundo a antigüidade


Salario bruto anual segundo a antigüidade

O salario bruto anual está directamente relacionado coa antigüidade no posto de traballo. O complemento de antigüidade mellora os salarios dos traballadores, aínda que o incremento non é unicamente debido a este complemento, senón que a antigüidade na empresa provoca melloras no posto de traballo e, por conseguinte, nas remuneracións.

Na última categoría (máis de 30 anos) o salario descence con respecto á anterior. Este último efecto pode estar orixinado, entre outros motivos, pola existencia de topes salariais.

Salario bruto anual segundo a antigüidade. España e Galicia. Ano 2018
Unidade: Euros
Antigüidade España Galicia
Total 24.009,12 22.244,59
Menos de 1 ano 16.452,04 15.568,46
De 1 a 3 anos 19.346,54 17.246,30
De 4 a 10 anos 23.815,63 20.822,15
De 11 a 20 anos 28.033,26 26.259,99
De 21 a 29 anos 34.812,20 33.624,77
30 ou máis anos 36.405,25 33.489,41

   

En Galicia, os salarios máis altos atópanse entre os asalariados que teñen unha antigüidade na empresa de 21 a 29 anos, onde o seu valor representa máis do dobre do salario percibido polos asalariados cunha antigüidade inferior a 1 ano. En España, pola contra, os salarios máis elevados obsérvanse no grupo de traballadores e traballadoras que leva 30 ou máis anos na mesma empresa.


Salario bruto anual segundo o sexo e a antigüidade


Os salarios brutos anuais dos homes e das mulleres teñen un comportamento similar respecto aos anos de antigüidade na empresa, a excepción de no último grupo; isto é, nos homes os salarios crecen ata o nivel de 21 a 29 anos de antigüidade e descenden no último nivel, mentres que nas mulleres os salarios aumentan ata o último grupo de antigüidade.

 

As diferenzas relativas entre os salarios dos homes e das mulleres son maiores nos asalariados con menos de catro anos de antigüidade e así, nos grupos de menos de 1 ano de antigüidade e de 1 a 3 anos de antigüidade, o salario dos homes é superior ao das mulleres nun 40,88% e nun 29,02%, respectivamente.


Por outra banda, as menores diferenzas preséntanse nos asalariados de entre 4 e 10 anos de antigüidade e de máis de 30 anos, nos que o incremento do salario dos homes con respecto ao das mulleres é dun 15,11% no primeiro caso e sitúase no 25,44% no segundo.

   

Salario bruto anual segundo o sexo e a antigüidade. Galicia. Ano 2018
Unidade: Euros
Antigüidade Total Homes Mulleres
Total 22.244,59 24.826,91 19.543,17
Menos de 1 ano 15.568,46 18.012,15 12.785,66
De 1 a 3 anos 17.246,30 19.287,11 14.949,21
De 4 a 10 anos 20.822,15 22.332,66 19.401,80
De 11 a 20 anos 26.259,99 29.955,49 22.678,25
De 21 a 29 anos 33.624,77 37.133,45 29.410,64
30 ou máis anos 33.489,41 37.226,08 29.677,09

Ganancia por hora segundo a antigüidade

Na análise da ganancia por hora segundo a antigüidade dos traballadores obsérvase o mesmo comportamento ascendente do salario respecto a antigüidade do traballador, tanto en España como en Galicia.

Cabe resaltar que, se ben cando se considera o salario bruto anual segundo a antigüidade dos traballadores obsérvase un lixeiro descenso do salario nos traballadores con máis de 30 anos de antigüidade na empresa, cando se considera a ganancia por hora, os salarios increméntanse en todos os tramos de antigüidade. Semella, polo tanto, que o descenso do salario bruto anual nos traballadores con máis antigüidade podería deberse a un descenso das horas traballadas e non a un da ganancia por hora.

Ganancia por hora segundo a antigüidade. España e Galicia. Ano 2018
Unidade: Euros
Antigüidade España Galicia
Total 11,95 10,97
Menos de 1 ano 9,16 8,50
De 1 a 3 anos 10,11 9,07
De 4 a 10 anos 11,66 10,12
De 11 a 20 anos 13,20 12,27
De 21 a 29 anos 16,01 15,23
30 ou máis anos 17,45 15,94

   

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo