Introdución

volver ao índice

A Enquisa estrutural a fogares (EEF) é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas, e unha segunda de carácter específico.

No ano 2018 un dos módulos específicos está dedicado ao coñecemento e uso da lingua galega. Neste módulo analízanse, entre outras cousas, o grao de coñecemento do idioma galego nas súas distintas formas (oral e escrito) e o seu uso en distintos ámbitos sociais.



Coñecemento do galego

volver ao índice

No ano 2018 o 57,59% dos galegos e das galegas de 5 ou máis anos manifesta que sabe falar o galego moito, o 30,46% bastante e o 11,95% pouco ou nada. Entre a poboación menor de 15 anos, a porcentaxe de persoas que saben falar pouco ou nada o galego sitúase no 23,90%, mentres que entre a poboación de 65 ou máis anos sitúase no 8,84%.

A familia segue a ser a principal vía de aprendizaxe do idioma galego. O 83,36% dos galegos e das galegas aprendeu a falar o galego neste ámbito, pero ao cinxirse á poboación menor de 30 anos a escola supera á familia como medio de aprendizaxe: o 93,73% das persoas neste grupo de idade aprendeu o galego na escola e o 69,99% coa familia.


Persoas que saben falar galego por idade. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)

Idade Total Moito Bastante Pouco ou nada
Total 100 57,59 30,46 11,95
De 5 a 14 anos 100 38,03 38,07 23,90
De 15 a 29 anos 100 63,01 27,15 9,84
De 30 a 49 anos 100 61,06 26,73 12,21
De 50 a 64 anos 100 56,22 32,09 11,69
De 65 ou máis anos 100 58,54 32,62 8,84

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma por enfermidade ou discapacidade.

Persoas segundo os medios polos que aprenderon a falar en galego por idade. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)

Idade Familia Escola Amigos, veciños Traballo Outros
Total 83,36 48,47 39,44 13,86 6,15
De 5 a 29 anos 69,99 93,73 30,80 4,11 1,66
De 30 a 49 anos 81,07 77,73 40,26 18,19 6,39
De 50 a 64 anos 88,27 15,47 43,60 18,76 9,92
De 65 ou máis anos 93,42 3,32 42,36 12,94 6,46

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos que sabe falar galego. “Outros” fai referencia a “Cursos”, “De xeito autodidacta” e “Radio e televisión galegas”. A incidencia calcúlase, para cada grupo de idade, como a porcentaxe de persoas que aprenderon a falar en galego por ese medio sobre o total de persoas que saben falar en galego dese grupo de idade.



Uso habitual e inicial do galego

volver ao índice

En 2018 o 30,57% da poboación de Galicia fala sempre en galego. Esta porcentaxe é inferior á rexistrada hai 5 anos en 0,63 puntos.

Por outra banda, a porcentaxe de poboación que fala máis galego que castelán aumentou 1,43 puntos respecto ao ano 2013 ata situarse no 21,72%; tamén aumentou a porcentaxe dos que falan máis castelán que galego: 22,26% en 2013 e 23,32% en 2018.

Finalmente, algo máis do 24% dos e das residentes en Galicia fala sempre en castelán, 1,85 puntos porcentuais menos que en 2013.

O uso do galego é desigual dependendo da idade da poboación. Deste xeito, o 48,48% das persoas de 65 ou máis anos fala habitualmente só en galego e un 24,91% utiliza máis o galego que o castelán. Pola contra, entre os rapaces e as rapazas de 5 a 14 anos, o 14,27% habitualmente sempre fala en galego, o 11,85% máis en galego que en castelán e o 73,88% restante utiliza sempre o castelán ou máis castelán que galego.

Persoas segundo a lingua na que falan habitualmente por idade. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)

Idade En galego sempre Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego En castelán sempre
Total 30,57 21,72 23,32 24,40
De 5 a 14 anos 14,27 11,85 29,75 44,13
De 15 a 29 anos 18,94 18,45 30,75 31,86
De 30 a 49 anos 23,66 20,64 28,25 27,45
De 50 a 64 anos 32,78 25,35 21,51 20,36
De 65 ou máis anos 48,48 24,91 12,96 13,65

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma na actualidade por enfermidade ou discapacidade. Non se inclúe “Outras situacións”: “Galego/castelán e outras linguas” e “Outras linguas/linguaxe de signos” por falta de tamaño de mostra.


Evolución da porcentaxe de persoas segundo a lingua na que falan habitualmente. Galicia
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma na actualidade por enfermidade ou discapacidade. Non se inclúe “Outras situacións” (“Galego/castelán e outras linguas” e “Outras linguas/linguaxe de signos”) por falta de tamaño de mostra.


No tocante á lingua habitual de escritura, o castelán segue a ser a lingua máis utilizada polas persoas que viven en Galicia. A porcentaxe de poboación que habitualmente escribe en galego é do 16,64%.


Persoas segundo a lingua na que escriben habitualmente. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non sabe ou non pode escribir na actualidade. “Outras situacións” inclúe “Galego/castelán e outras linguas” e “Outras linguas”.

Ao comparar os datos segundo a lingua na que falan habitualmente, obsérvase que entre as persoas que sempre falan en galego, o 36,19% escribe habitualmente na mesma lingua e o 63,81% faino en castelán.


Persoas segundo a lingua na que escriben habitualmente por lingua na que falan habitualmente. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)

Lingua na que escriben
Lingua na que falan Total Galego Castelán
Total 100 16,88 83,12
En galego sempre 100 36,19 63,81
Máis galego ca castelán 100 23,79 76,21
Máis castelán ca galego 100 3,02 96,98
En castelán sempre 100 0,73 99,27

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non sabe ou non pode escribir na actualidade nin a que non pode falar un idioma na actualidade. Non se inclúe “Outras situacións” (“Galego/castelán e outras linguas” e “Outras linguas/linguaxe de signos”) por falta de tamaño de mostra.



Uso do galego no ámbito familiar

volver ao índice

O 44,34% da poboación de Galicia que ten fillos ou fillas fálalles en galego sempre, o 31,20% sempre en castelán, o 13,85% máis castelán que galego e o 9,50% máis galego que castelán. No tocante aos fillos e ás fillas, cabe destacar que arredor do 39% fala sempre en galego cos seus proxenitores e arredor do 37% sempre en castelán.


Persoas segundo a lingua na que falan no ámbito familiar. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)

Ámbito familiar En galego sempre Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego En castelán sempre Outras situacións
Nai 39,36 6,68 14,59 37,19 2,17
Pai 37,99 7,70 14,46 37,57 2,28
Avós 38,30 9,70 14,66 34,94 2,40
Fillos 44,34 9,50 13,85 31,20 1,10
Irmáns 45,54 7,87 11,05 33,71 1,82
Parella 44,53 8,24 11,96 34,18 1,10

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. O uso do galego cos fillos, coas fillas e coa parella fai referencia á poboación de 16 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma na actualidade por enfermidade ou discapacidade. “Outras situacións” inclúe: “Castelán/galego e outras linguas” e “Outras linguas/linguaxe de signos”.



Uso do galego no ámbito social

volver ao índice

Dentro do ámbito social, o uso exclusivo do galego está máis estendido nas relacións entre amigos. O 34,12% da poboación de Galicia habitualmente fala sempre en galego cos amigos e coas amigas. Porén, o 39,40% comunícase co profesorado dos seus fillos e fillas exclusivamente en castelán e o 34,07% sempre utiliza este idioma cos especialistas sanitarios.


Persoas segundo a lingua na que falan no ámbito social. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)

Ámbito social En galego sempre Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego En castelán sempre
Amigos 34,12 17,96 20,60 27,32
Comerciantes 30,27 19,14 21,34 29,25
Médicos 27,88 18,22 19,82 34,07
Profesores dos seus fillos 23,48 15,81 21,31 39,40
Persoal da administración 29,30 20,37 19,76 30,57
Persoal da banca 28,74 17,92 19,32 34,02

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos no caso de “amigos” e “comerciantes”, á poboación entre 20 e 64 anos no caso de “profesores dos seus fillos” e de 16 ou máis anos no resto. Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma na actualidade por enfermidade ou discapacidade. Non se inclúe “Outras situacións” (“Galego/castelán e outras linguas” e “Outras linguas/linguaxe de signos”) por falta de tamaño de mostra.



Uso do galego no ámbito laboral

volver ao índice

No referente ao ámbito laboral, o 29,57% das persoas ocupadas de Galicia fala sempre en galego cos compañeiros e coas compañeiras de traballo e o 18,61% utiliza máis galego que castelán. A porcentaxe das persoas que falan sempre en galego ou máis galego que castelán cos seus superiores sitúase no 42,79%.


Persoas segundo a lingua na que falan no ámbito laboral. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)

Ámbito laboral En galego sempre Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego En castelán sempre
Compañeiros de traballo 29,57 18,61 23,90 27,92
Persoal ao seu cargo 24,54 18,90 24,78 31,78
Superiores 25,08 17,71 21,86 35,35
Clientes 21,76 25,92 28,70 23,63

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos que ten traballo na actualidade en Galicia. Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma na actualidade por enfermidade ou discapacidade. Non se inclúe “Outras situacións” (“Galego/castelán e outras linguas” e “Outras linguas/linguaxe de signos”) por falta de tamaño de mostra.



Uso do galego no ámbito educativo

volver ao índice






No ámbito educativo a utilización de ambos idiomas, galego e castelán, é bastante parella: o 59,57% das persoas que estudan en Galicia recibe a mesma proporción de clases en galego que en castelán. Agora ben, se diferenciamos pola idade da persoa e, por conseguinte, por nivel educativo, esta porcentaxe cambia: sobe ata o 72,72% para a poboación de 5 a 16 anos, pero baixa ata o 36,03% entre a poboación de 17 ou máis anos. Este colectivo recibe o 46,48% das clases en castelán ou maioritariamente neste idioma.

Persoas que estudan en Galicia segundo a lingua na que reciben as clases por idade. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)

Lingua Total De 5 a 16 anos De 17 ou máis anos
Total 100,00 100,00 100,00
Todas en galego 1,28 1,03 1,71
Maioritariamente en galego 11,51 9,13 15,78
Igual en galego ca castelán 59,57 72,72 36,03
Maioritariamente en castelán 24,96 15,68 41,58
Todas en castelán 2,68 1,44 4,90

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos que recibe ensino regrado na actualidade en Galicia. Non se inclúe a poboación que non recibe clases en galego nin en castelán. Non se inclúen as materias de idiomas (galego, castelán) nin as recibidas en idioma distinto de galego e castelán.



Uso do galego nos medios de comunicación

volver ao índice

Segundo se desprende da enquisa, o 17,65% da poboación galega de 16 ou máis anos ve a televisión sempre en galego ou máis en galego que en castelán, aínda que hai un 26,60% que sempre a ve en castelán. Á hora de escoitar a radio, o 14,26% faino sempre en galego ou maioritariamente en galego.

O uso do galego está menos estendido noutros medios de comunicación. O 59,10% dos e das residentes en Galicia de 16 ou máis anos sempre le a prensa en castelán, o 54,03% só le libros en castelán, o 69,47% navega pola rede sempre neste idioma e o 52,07% emprégao sempre nas redes sociais.


Persoas segundo a lingua que utilizan nos medios de comunicación. Galicia. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)

Medios En galego sempre Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego En castelán sempre
Ver a televisión 2,92 14,73 55,75 26,60
Escoitar a radio 3,48 10,78 46,72 39,02
Ler a prensa 1,06 2,90 36,94 59,10
Ler libros 1,19 3,95 40,83 54,03
Navegar por internet 1,29 3,78 25,46 69,47
Redes sociais 8,25 18,03 21,65 52,07

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos que realiza esa actividade. Non se inclúe “Outras situacións” (“Galego/castelán e outras linguas” e “Outras linguas/linguaxe de signos”) por falta de tamaño de mostra.



Fogares e idioma

volver ao índice

En 2018 no 22,70% dos fogares galegos todos os seus membros de 5 ou máis anos falaban habitualmente só en galego. Esta porcentaxe aumentou 0,49 puntos respecto ao ano 2013.

A porcentaxe de fogares nos que todos os seus membros de 5 ou máis anos falan habitualmente só galego é maior nos concellos pequenos que nos grandes. Así, nos concellos con menos de 10.000 habitantes esta porcentaxe ascende ao 45,70%; pola contra, nos concellos de máis de 50.000 habitantes baixa ao 5,66%.


Fogares nos que todos os seus membros de 5 ou máis anos falan habitualmente só galego por tamaño de municipio. Galicia. Ano 2018
Unidade: número de fogares, porcentaxe (%)

Tamaño Número Incidencia
Total 240.966 22,70
Menos de 10.000 habitantes 154.704 45,70
Entre 10.000 e 20.000 habitantes 28.852 19,30
Entre 20.000 e 50.000 habitantes 35.107 19,59
Máis de 50.000 habitantes 22.303 5,66

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego (descarga da táboa)
Nota: non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma na actualidade por enfermidade ou discapacidade. A incidencia calcúlase, para cada categoría e Galicia, como a porcentaxe de fogares nos que todos os seus membros de 5 ou máis anos falan habitualmente só galego sobre o total de fogares desa categoría e Galicia.



Percepción do uso do galego na sociedade

volver ao índice



O 30,67% da poboación galega de 16 ou máis anos considera que na actualidade se fala pouco ou nada o galego. Esta porcentaxe é maior nas provincias da franxa atlántica, con valores de 33,44% na Coruña e do 34,61% en Pontevedra. No outro extremo atópase a provincia de Ourense, onde a porcentaxe baixa ata o 19,34%.


Por outra banda, o 26,33% da poboación galega considera que na actualidade se fala máis galego que hai 5 anos, para o 50,12% a percepción do uso do galego non variou neste intervalo de tempo e, finalmente, o 23,54% restante cre que se fala menos galego que no ano 2013.

Persoas segundo a percepción de uso do galego na actualidade. Galicia e provincias. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)

Uso Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Total 100,00 100,00 100,00 100,00 100,00
Moito 7,28 7,24 11,27 8,41 5,49
Bastante 30,23 27,81 32,39 38,97 29,41
Normal 31,82 31,52 35,11 33,28 30,48
Pouco ou nada 30,67 33,44 21,23 19,34 34,61

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos.



Áreas e grandes concellos

volver ao índice

As áreas da Coruña suroriental e da Costa da morte son as que presentan maiores porcentaxes de poboación que fala habitualmente en galego sempre ou máis galego que castelán, cun 93,14% e un 92,43%. No outro extremo atópanse a área de Vigo, cun 25,5%, a área da Coruña, cun 33,55%, e a área de Ferrol-Eume-Ortegal, cun 33,75%.


Persoas que falan habitualmente en galego sempre ou máis galego que castelán. Áreas. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma na actualidade por enfermidade ou discapacidade. Non se inclúe “Outras situacións” (“Galego/castelán e outras linguas” e “Outras linguas/linguaxe de signos”) por falta de tamaño de mostra.


O concello, de entre os 7 de maior tamaño de Galicia, onde unha maior porcentaxe de poboación fala habitualmente en galego ou máis galego que castelán é Lugo (o 44,7% da poboación de 5 ou máis anos deste concello) e no que menos se emprega este idioma é Vigo (o 15,21%).


Persoas segundo a lingua na que falan habitualmente. Grandes concellos. Ano 2018
Unidade: porcentaxe (%)

Espazo En galego sempre Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego En castelán sempre
Concello de Ferrol 6,71 10,98 29,59 52,72
Concello da Coruña 5,34 14,64 31,40 48,62
Concello de Santiago de Compostela 20,58 23,31 33,46 22,65
Concello de Lugo 21,34 23,36 28,88 26,41
Concello de Ourense 10,71 22,80 38,85 27,65
Concello de Pontevedra 8,38 14,62 35,94 41,06
Concello de Vigo 3,85 11,36 39,49 45,31

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma na actualidade por enfermidade ou discapacidade. Non se inclúe “Outras situacións” (“Galego/castelán e outras linguas” e “Outras linguas/linguaxe de signos”) por falta de tamaño de mostra.



Definicións e máis información

Definicións

volver ao índice

Máis información

volver ao índice