Introdución

A lonxevidade, entendida como a duración da vida do ser humano, incrementouse de forma espectacular durante todo o século XX e segue avanzando no século XXI. O envellecemento poboacional é un dos temas que máis preocupa actualmente en Galicia, precisamente por ser unha das rexións nas que este fenómeno se presenta con maior intensidade no territorio español e europeo.

O grupo de poboación que se pode identificar co distintivo “persoa maior” precisa de información específica, desde distintos ámbitos: demográfico, social, educativo, sanitario, laboral e económico. Con esta operación estatística o IGE presenta un conxunto de indicadores sobre os individuos de 65 ou máis anos que pretende ofrecer unha visión da situación actual deste colectivo.



Indicadores demográficos

A porcentaxe de poboación de 65 ou máis anos con respecto ao total de poboación de Galicia aumenta ano tras ano. Na actualidade representa o 26,1% (ano 2022) e as previsións apuntan a que se situará no 32,4% no ano 2037.

Un indicador utilizado para medir a evolución deste colectivo no tempo é o denominado “índice de envellecemento”, que relaciona a poboación de 65 ou máis anos con respecto a cada 100 persoas menores de 20 anos. Mentres que en España este indicador na actualidade toma valores en torno a 100, en Galicia presenta un continuo incremento ata o valor 167,3 no ano 2022; as previsións apuntan na mesma dirección de incremento na seguinte década, chegando a tomar valores superiores a 251 no ano 2037.


Porcentaxe de poboación de 65 ou máis anos
Unidade: %

Espazo 2022 2037
España 20,1 26,0
Galicia 26,1 32,4
  • A Coruña
25,5 31,8
  • Lugo
29,7 35,3
  • Ourense
31,8 36,5
  • Pontevedra
23,6 30,7

Fonte: IGE. Indicadores demográficos; IGE. Sistema de indicadores de lonxevidade (descarga da táboa)

Evolución do índice de envellecemento. Galicia
Unidade: tanto por cento (%)

Fonte: IGE. Indicadores demográficos; IGE. Proxeccións de poboación a curto prazo (descarga da serie ata 2022 e dende 2023-2037 (datos proxectados))


A estrutura do grupo de persoas de 65 ou máis anos varía no tempo. Mentres que no ano 2022 o colectivo de 70 a 74 anos representa o 22,2% das persoas de 65 ou máis anos, as previsións indican que no ano 2037 este rango de idades perderá peso no colectivo ata o 21,8%. De aquí a 2037 gañará peso o colectivo de 80 a 84 anos pero, pola contra, o de 85 ou máis anos, tamén diminuirá: do 20% ao 19,6%.


Outro indicador que mide habitualmente a estrutura deste colectivo é o “índice de sobreenvellecemento”, que calcula a porcentaxe que representa a poboación de 85 ou máis anos sobre o grupo de 65 ou máis anos. No ano 2022 este indicador tomou o valor de 20 en Galicia e 17 en España.


Evolución do índice de sobreenvellecemento. Galicia
Unidade: tanto por cento (%)

Fonte: IGE. Indicadores demográficos; IGE. Proxeccións de poboación a curto prazo (descarga da serie ata 2022 e dende 2023-2037 (datos proxectados))

Estrutura por grupos de idade da poboación de 65 ou máis anos. Galicia
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Indicadores demográficos; IGE. Sistema de indicadores de lonxevidade (descarga da serie ata 2022 e dende 2023-2037 (datos proxectados))






Unha das preocupacións que xorde a raíz do envellecemento dunha poboación é como se incrementa a denominada poboación en idade potencialmente dependente; o “índice de dependencia senil” calcula cantos individuos de 65 ou máis anos viven nun territorio por cada 100 persoas en idade potencialmente activa (de 15 a 64 anos). Este indicador en Galicia presenta un incremento continuo nos últimos anos e grandes diferenzas entre ambos os dous sexos.

Evolución do índice de dependencia senil segundo o sexo. Galicia
Unidade: tanto por cento (%)

Fonte: IGE. Indicadores demográficos; IGE. Sistema de indicadores de lonxevidade (descarga da serie ata 2022)


Indicadores sociais e educativos

Persoas de 65 ou máis anos que viven en fogares con todos os seus membros nese grupo de idade. Galicia
Unidade: porcentaxe (%)

Espazo 2011 2021
Galicia 54,8 56,2
  • A Coruña
52,3 57,9
  • Lugo
57,5 51,6
  • Ourense
63,8 62,6
  • Pontevedra
52,5 53,4

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)






Os galegos de 65 ou máis anos viven maioritariamente en fogares compostos unicamente por persoas dese grupo de idade. No ano 2019 diminuíu a porcentaxe de persoas de 65 ou máis anos que viven maioritariamente en fogares compostos unicamente por persoas dese grupo de idade con respecto ao ano anterior, pero volveu aumentar no ano 2020. No 2021 diminuíu lixeiramente de novo.



A provincia de Ourense é a que presenta maior porcentaxe de persoas de 65 ou máis anos que viven en fogares con todos os seus membros neste grupo de idade.



Por outra parte, os fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos son maioritariamente unipersoais.



O estado civil máis habitual tanto en Galicia como en España das persoas de 65 ou máis anos é o de “casado”; esta porcentaxe aproxímase ao 60% en Galicia e mesmo supera esta porcentaxe en España.

Tipoloxía dos fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Galicia
Unidade: porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Distribución da poboación de 65 ou máis anos segundo o estado civil. Ano 2022
Unidade: porcentaxe (%)

Galicia

España

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


En canto ao nivel educativo alcanzado polas persoas de 65 ou máis anos, é inferior en Galicia a porcentaxe de persoas sen estudos, denominados na clasificación da Enquisa de poboación activa (EPA), fonte desta información, como “Analfabetos”, con respecto ao total de España.


Distribución da poboación de 65 ou máis anos segundo o nivel de formación alcanzado. Ano 2022
Unidade: porcentaxe (%)

Galicia

España

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Moi relacionado co nivel de formación alcanzado é o uso das TIC por parte do colectivo de persoas maiores. Nas seguintes gráficas pode consultarse o uso de internet e do comercio electrónico por parte das persoas de 65 a 74 anos no último ano dispoñible.


Porcentaxe de persoas de 65 a 74 anos que durante 2022 usou…
Unidade: porcentaxe (%)

… internet

… comercio electrónico

Fonte: INE. Encuesta sobre equipamiento y uso de tecnologías de la información y comunicación en los hogares (descarga da táboa)



Indicadores sanitarios

As principais causas de defunción das persoas de 65 e máis anos en Galicia, segundo a Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE) 10ª revisión, son as enfermidades do sistema circulatorio e os tumores.


Defuncións de persoas de 65 ou máis anos segundo a causa. Galicia. Ano 2021
Unidade: porcentaxe (%)

Causa Ambos sexos Homes Mulleres
I Enfermidades infecciosas e parasitarias 6,1 6,5 5,7
II Tumores 23,5 29,4 18,0
III Enfermidades do sangue, órganos hematopoiéticos e inmunidade 0,5 0,5 0,6
IV Enfermidades endocrinas, nutricionais e metabólicas 2,8 2,5 3,2
V Trastornos mentais e do comportamento 7,5 4,9 10,0
VI-VIII Enfermidades do sistema nervioso e dos órganos dos sentidos 5,0 4,4 5,5
IX Enfermidades do sistema circulatorio 30,5 27,7 33,1
X Enfermidades do sistema respiratorio 9,5 10,7 8,3
XI Enfermidades do sistema dixestivo 4,7 4,7 4,7
XII Enfermidades da pel e do tecido subcutáneo 0,5 0,4 0,6
XIII Enfermidades do sistema osteomuscular e do tecido conxuntivo 0,7 0,5 0,9
XIV Enfermidades do sistema xénitourinario 3,8 3,3 4,2
XV Embarazo, parto e puerperio 0,0 0,0
XVI Afeccións orixinadas no período perinatal 0,0 0,0 0,0
XVII Malformacións conxénitas, deformidades e anomalías cromosómicas 0,1 0,1 0,1
XVIII Síntomas, signos, achados anormais clínicos ou de laboratorio 1,6 1,1 2,0
XX Causas externas de mortalidade 3,2 3,4 3,1

Nota: (–) Non procede
Fonte: INE. Defunciones según la causa de muerte (descarga da táboa)


Estancia hospitalaria media de persoas de 65 anos ou máis. Ano 2021
Unidade: días

Idade España Galicia
De 65 a 74 anos 9,5 9,7
De 75 a 84 anos 10,3 10,0
De 85 a 89 anos 11,1 9,5
De 90 a 94 anos 11,4 9,8
De 95 anos e máis 12,9 8,9

Fonte: INE. Encuesta de morbilidad hospitalaria (descarga da táboa)

Defuncións de persoas de 65 ou máis anos, segundo grupo de idade e causa. Galicia. Ano 2021
Unidade: porcentaxe (%)

Idade Tumores Enfermidades do sistema circulatorio Outras causas
65 a 69 anos 51,9 18,6 29,4
70 a 74 anos 44,2 21,1 34,5
75 a 79 anos 36,9 24,2 38,9
80 a 84 anos 27,2 28,5 44,4
85 a 89 anos 18,3 31,9 49,8
90 a 94 anos 12,9 35,8 51,3
95 ou máis anos 7,2 39,3 53,5

Fonte: INE. Defunciones según la causa de muerte (descarga da táboa)


Esperanza de vida aos 65 anos. Ano 2021
Unidade: anos

Espazo Ambos sexos Homes Mulleres
Galicia 21,7 19,4 23,7
  • Pontevedra
21,8 19,4 23,9
  • Ourense
22,0 19,8 24,1
  • Lugo
21,6 19,8 23,4
  • A Coruña
21,5 19,2 23,5

Fonte: IGE. Indicadores demográficos; INE. Indicadores demográficos básicos (descarga da táboa)




Por grupos de idade, as causas predominantes nos individuos menores de 80 anos son os tumores, mentres que as enfermidades do sistema circulatorio son máis frecuentes nas defuncións de persoas de 80 anos e máis.

A estancia hospitalaria media das persoas de 65 ou máis anos é inferior en Galicia con respecto ao total de España en todos os grupos de idade, agás no primeiro, no de 65 a 74 anos.

A esperanza de vida aos 65 anos en Galicia, entendida como unha estimación do promedio de anos que lle queda por vivir a unha persoa que chega con vida aos 65 anos no ano de referencia, no caso de que as condicións de mortalidade se mantivesen constantes e semellantes ás do ano de referencia, situouse en 2021 en 21,7 anos.


Evolución da esperanza de vida aos 65 anos segundo o sexo. Galicia
Unidade: anos

Fonte: IGE. Indicadores demográficos (descarga da táboa)



Indicadores laborais e económicos

Porcentaxe que representa a poboación de 65 ou máis anos, segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Ano 2022
Unidade: porcentaxe (%)

Actividade Ambos sexos Homes Mulleres
Activos 1,6 1,7 1,5
  • Ocupados
1,7 1,8 1,6
  • Parados
0,5 0,5 0,7
Inactivos 60,7 59,7 61,4

Nota: (–) indica que non se dispón do indicador por falta de observacións na mostra
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)






O 1,6% da poboación activa galega pertencía no ano 2022 ao grupo de idade de 65 ou máis anos (en España, 1,4%), segundo os datos extraídos da EPA. Por outra parte, o colectivo de persoas de 65 ou máis anos inactivas representa o 60,7% do total de persoas inactivas en Galicia.

Número de pensionistas de máis de 65 anos. Galicia
Unidade: persoas

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa)

Importe medio anual das pensións. Ano 2021
Unidade: euros

Espazo Ambos sexos Homes Mulleres
De 66 a 75 anos
  • España
18.893 21.329 16.016
  • Galicia
16.928 19.339 14.271
Maior de 75 anos
  • España
14.984 17.749 12.828
  • Galicia
13.119 15.284 11.549

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa)

O número de pensionistas de 66 ou máis anos en Galicia supera o medio millón de persoas desde o ano 2009, segundo a información da AEAT.

O importe medio anual desas pensións é superior no grupo de idade de 66 a 75 anos (16.928 euros) que no de 76 anos ou máis (13.119 euros) en Galicia, segundo a información relativa ao ano 2021.


Pensión media anual dos pensionistas de máis de 65 anos. Galicia
Unidade: euros

Fonte: Agencia Estatal de la Administración Tributaria. Mercado de trabajo y pensiones en las fuentes tributarias (descarga da táboa)



Definicións e máis información

Definicións

Máis información