Introdución

volver ao índice

A Enquisa estrutural a fogares (EEF) é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas, e unha segunda de carácter específico.

No ano 2017 un dos módulos específicos está dedicado ao coidado de menores e a conciliación familiar. En concreto, recóllese información sobre, entre outros, os seguintes puntos:

É a segunda ocasión na que o módulo específico da EEF se dedica ao estudo do coidado de menores e a conciliación familiar en Galicia. A anterior edición deste estudo tivo lugar no ano 2012.



Asistencia a centros de educación infantil de 1º ciclo

volver ao índice

En Galicia, no ano 2017, había 32.311 nenos e nenas que asistían a centros de educación infantil de primeiro ciclo (garderías, escolas infantís, etc.), o que supón o 49,29% do total de nenos e nenas nesta etapa. A asistencia media a estes centros foi de 24,76 horas semanais.

Por provincias, a porcentaxe de nenos e nenas que asistiron a un centro do primeiro ciclo de infantil é maior en Ourense, onde o 56,32% dos menores utilizaron os servizos ofrecidos por estes centros. No outro extremo atópase Pontevedra, onde a porcentaxe se sitúa no 47,17%.


Asistencia a centros de educación infantil de 1º ciclo. Ano 2017
Unidade: %, horas semanais, persoas

Espazo Incidencia Media de horas semanais Número
Galicia 49,29 24,76 32.311
  • A Coruña
48,33 25,26 13.730
  • Lugo
55,05 21,53 3.770
  • Ourense
56,32 28,54 3.203
  • Pontevedra
47,17 24,18 11.609

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)


Dos 33.242 menores que non asistiron a un centro do primeiro ciclo de infantil, o 66,12% non asistiu porque non o precisaba.

Uns 30.342 nenos e nenas de Galicia neste grupo de idade son coidados unicamente polos seus pais. O 44,58% destes menores (13.526) non asistía a centros de primeiro ciclo de educación infantil.


Nenos e nenas na etapa de 1º ciclo de educación infantil que son coidados unicamente polos seus pais. Galicia. Ano 2017
Unidade: persoas, %

Variable Número
Total 30.342
Asisten a centros de 1º ciclo de educación infantil 16.816
Non asisten a centros de 1º ciclo de educación infantil 13.526

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)



Menores na etapa de 2º ciclo de educación infantil ou de educación obrigatoria (primaria ou secundaria)

volver ao índice

O 71,92% dos nenos e das nenas de Galicia de entre 3 e 12 anos realizou en 2017 algunha actividade non lectiva dentro dos centros de segundo ciclo de educación infantil ou de educación obrigatoria. O servizo complementario máis utilizado foi o das actividades extraescolares (incluídas as clases de reforzo), das que fixeron uso 4 de cada 10 escolares. O comedor escolar foi utilizado polo 42,43% dos rapaces e das rapazas; o transporte escolar foi empregado polo 26,52% dos menores e o servizo de madrugadores polo 7,48%.

Por outra banda, a duración media semanal das actividades extraescolares realizadas dentro do propio centro situouse nas 4,99 horas de media por neno ou nena.

No tocante ás actividades non lectivas realizadas fóra do centro escolar, o 61,26% dos nenos e das nenas de entre 3 e 12 anos acudiron a actividades extraescolares ou deportivas e o 27,00% a clases particulares ou academias. En total, a duración media das actividades non lectivas realizadas fóra do centro escolar foi de 3,67 horas á semana.


Nenos e nenas de 3 a 12 anos que asisten a actividades non lectivas. Galicia. Ano 2017
Unidade: %, horas semanais, persoas

Dentro dos centros de educación

Actividades Incidencia Media de horas semanais Número
Total de actividades non lectivas nos centros 71,92 4,99 152.404
Madrugadores 7,48 4,45 15.852
Comedor 42,43 5,61 89.913
Transporte 26,52 3,30 56.196
Actividades extraescolares (inclúe clases de reforzo) 43,23 2,85 91.600

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)

Fóra dos centros de educación

Actividades Incidencia Media de horas semanais Número
Total de actividades non lectivas fóra dos centros 68,64 3,67 145.609
Clases particulares, academias 27,00 2,32 57.266
Actividades extraescolares ou deportivas 61,26 3,09 129.945

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)


En total, tendo en conta o horario lectivo e as actividades non lectivas, os menores galegos pasaron de media 32,48 horas á semana nos centros de segundo ciclo de educación infantil, de educación obrigatoria ou en actividades fóra do centro escolar.



Axuda doutras persoas para o coidado de menores

volver ao índice

A continuación amósase a porcentaxe de núcleos familiares que precisaron axuda para coidar os menores de 0 a 12 anos segundo o tipo de coidado dispensado. Por exemplo, o 49,62% das familias con nenos e nenas deste grupo de idade necesitou axuda doutras persoas para coidar dos menores cando enferman e non poden acudir ao centro escolar; o 38,79% para coidalos durante os períodos de vacacións escolares.


Núcleos familiares con menores de 0 a 12 anos que reciben axuda para coidar os/as nenos/as. Galicia. Ano 2017
Unidade: %, núcleos familiares

Coidado Incidencia Número
Para coidar os nenos cando non acoden ao centro escolar (1) 41,94 86.468
Para coidar os nenos cando enferman e non poden acudir uns días ao centro escolar (2) 49,62 93.354
Para levar os nenos ao centro ou transporte escolar (2) 13,76 25.895
Para coidar os nenos durante as vacacións escolares (2) 38,79 72.968

Nota:
(1) A incidencia calcúlase como a porcentaxe de núcleos que reciben axuda sobre o total de núcleos.
(2) A incidencia calcúlase como a porcentaxe de núcleos que reciben axuda sobre o total de núcleos onde polo menos un neno ou unha nena asiste a algún centro educativo.
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)


En moitos casos, o coidado dos menores é asumido por membros do propio fogar ou por outros familiares que non forman parte do fogar. Para o coidado dos nenos e nenas cando enferman, o 74,91% dos núcleos pediulle axuda a avós ou avoas que non formaban parte do fogar, o 17,29% dos núcleos pediulle axuda a outras persoas de fóra do fogar e o 12,73% recorreu a avós ou avoas que forman parte do fogar. No resto de situacións de coidado que se presentan na táboa seguinte, a distribución por tipo de coidador/a é moi similar á presentada. Ao persoal remunerado acode entre o 8,41% e o 11,51% dos núcleos familiares, dependendo do item de que se trate. Ademais, tamén é de reseñar que no 73,49% dos núcleos os menores pasan unha parte das vacacións escolares con avós e avoas non membros do fogar.


Núcleos familiares con nenos de 0 a 12 anos que precisan axuda no coidado dos menores segundo a tipoloxía de axuda percibida e o tipo de coidado. Galicia. Ano 2017
Unidade: %

Coidado Persoas remuneradas Avós membros do fogar Outras persoas membros do fogar Avós non membros do fogar Outras persoas non membros do fogar Colonias, campamentos, programas de ocio dos concellos, ludotecas…
Para coidar os nenos cando non acoden ao centro escolar 11,51 13,62 3,05 71,21 17,37 ..
Para coidar os nenos cando enferman e non poden acudir uns días ao centro escolar 9,97 12,73 2,40 74,91 17,29 ..
Para levar os nenos ao centro ou transporte escolar 8,41 17,74 59,80 19,31 ..
Para coidar os nenos durante as vacacións escolares 8,70 13,24 3,65 73,49 18,09 28,62

Nota: (-) Poucas observacións mostrais
(..) Non procede
Un núcleo pode percibir axuda de varios tipos de coidado.
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)



Conciliación da vida laboral e familiar

volver ao índice

Ao analizar a relación coa actividade laboral dos pais e nais que viven con polo menos un menor de entre 0 e 12 anos, obsérvase como en 125.927 destes núcleos os pais e nais están traballando.

A porcentaxe de núcleos que en 2017 reduciu a xornada laboral para poder atender os menores foi de 17,57%.


Núcleos familiares con menores de 0 a 12 anos segundo a relación coa actividade dos pais e nais do núcleo familiar. Galicia. Ano 2017
Unidade: persoas, %

Actividade Número Porcentaxe
Total 206.152 100,00
Os pais son ocupados 125.927 61,08
Un dos pais é ocupado e o outro non é ocupado 61.778 29,97
Os pais activos son parados 15.206 7,38
Os pais son inactivos 3.240 1,57

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)




Neste ano, 39.470 traballadores e traballadoras de Galicia con menores de 13 anos reduciron a súa xornada de traballo para poder atendelos.


Segundo o sexo da persoa, a incidencia da redución da xornada laboral foi maior entre as mulleres (o 14,85% das mulleres traballadoras con nenos e nenas destas idades) que entre os homes ( 5,06%) De feito, 7 de cada 10 persoas que en 2017 reduciron a xúa xornada de traballo eran mulleres.

Persoas traballadoras con menores de 12 ou menos anos con redución de xornada de traballo para atender os menores por sexo. Galicia. Ano 2017
Unidade: %, persoas

Sexo Incidencia Número
Ambos sexos 10,19 39.470
Home 5,06 9.320
Muller 14,85 30.150

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)


Porcentaxe de persoas traballadoras con menores de 12 ou menos anos con redución de xornada de traballo para atender os menores por sexo. Galicia. Ano 2017
Unidade: %

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)

Distribución porcentual das persoas traballadoras con menores de 12 ou menos anos con redución de xornada de traballo para atender os menores por sexo. Galicia. Ano 2017
Unidade: %

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)






No tocante á flexibilización e coordinación do horario, 2 de cada dez ocupados e ocupadas con menores a cargo flexibilizaron ou coordinaron o seu horario para atender aos nenos e nenas. Entre as mulleres esta porcentaxe acadou o 23,45%, mentres que para os homes foi 3,82 puntos inferior.

Persoas traballadoras con menores de 12 ou menos anos que flexibilizan ou coordinan o horario de traballo para atender os menores por sexo. Galicia. Ano 2017
Unidade: %, persoas

Sexo Incidencia Número
Ambos sexos 21,64 83.808
Home 19,63 36.176
Muller 23,45 47.631

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)


Porcentaxe de persoas traballadoras con menores de 12 ou menos anos que flexibilizan ou coordinan o horario de traballo para atender os menores por sexo. Galicia. Ano 2017
Unidade: %

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)

Distribución porcentual das persoas traballadoras con menores de 12 ou menos anos que flexibilizan ou coordinan o horario de traballo para atender os menores por sexo. Galicia. Ano 2017
Unidade: %

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)


Finalmente, na táboa seguinte amósase a porcentaxe de pais e nais que realizan actividades cos fillos e fillas tras o fin da xornada educativa no ano 2017. Por exemplo, o 94,68% dos pais e nais xantan e/ou cean cos seus fillos e fillas; o 68,63% axúdalles cos estudos ou tarefas escolares; o 91,49% xoga con eles e elas; o % comparte actividades cos fillos e fillas, como deporte, cociña, manualidades, etc. Ademais, a incidencia (isto é, a porcentaxe de persoas que realiza ese tipo de actividades cos menores) sempre é maior no caso das mulleres que no dos homes.


Actividades que realizan os pais e as nais cos menores de 0 a 12 anos, de luns a venres, tras o fin da xornada educativa por sexo. Galicia. Ano 2017
Unidade: %

Actividades Ambos sexos Homes Mulleres
Axudarlles cos estudos ou tarefas escolares 68,63 59,14 77,25
Saír de paseo, levalos ao parque 87,76 81,33 93,59
Xogar con eles 91,49 87,79 94,85
Acompañalos e/ou apoialos nas actividades extraescolares 54,50 47,05 61,26
Xantar e/ou cear xuntos 94,68 92,35 96,78
Falar ou charlar con eles 96,33 94,77 97,74
Estar pendente de que estean entretidos e fagan cousas 90,40 84,66 95,60
Facer actividades compartidas (deporte, cociña, manualidades…) 79,28 72,38 85,54
Ningunha actividade (non ten tempo, non coiciden…) 1,44

Nota: (-) Poucas observacións mostrais
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)



Evolución temporal 2012-2017

volver ao índice

Asistencia a centros de educación infantil de 1º ciclo. Galicia
Unidade: %, horas semanais, persoas

Medidas 2012 2017
Incidencia 43,51 49,29
Media de horas semanais 24,50 24,76
Número 30.891 32.311

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)

A porcentaxe de menores que asisten a centros de educación infantil de primeiro ciclo (garderías, escolas infantís, etc.) incrementouse entre o ano 2012 (data na que se realizou por primeira vez a enquisa que nos ocupa) e o 2017: se naquela edición o 43,51% dos nenos e nenas acudían a este tipo de centros, en 2017 acoden o 49,29% dos menores.

Tamén se incrementou a porcentaxe de nenos e nenas de 0 a 12 anos que asisten a actividades non lectivas, tanto dentro como fóra dos centros de educación: no primeiro caso, a incidencia pasou do 70,42% en 2012 ao 71,92% en 2017; no segundo caso, a porcentaxe de menores que asisten a actividades extraescolares fóra dos centros incrementouse 15,98 puntos entre ambos anos. Con todo, a media de horas semanais dedicadas a actividades non lectivas diminuíu en ambos casos entre os anos 2012 e 2017.


Nenos e nenas de 0 a 12 anos que asisten a actividades non lectivas dentro dos centros de educación. Galicia
Unidade: %, horas semanais

Medidas 2012 2017
Incidencia 70,42 71,92
Media de horas semanais 6,86 4,99

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)

Nenos e nenas de 0 a 12 anos que asisten a actividades non lectivas fóra dos centros de educación. Galicia
Unidade: %, horas semanais

Medidas 2012 2017
Incidencia 52,66 68,64
Media de horas semanais 3,99 3,67

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)


A porcentaxe de núcleos familiares con menores de 0 a 12 anos que reciben axuda para coidalos diminuíu en tres dos catro ítems que se presentan na táboa da dereita; así, é menor a porcentaxe de familias que necesita axuda para coidar dos nenos e nenas cando estes non acoden ao centro escolar, cando enferman ou para levalos ao centro ou transporte escolar en 2017 respecto a 2012. Pola contra, a porcentaxe de familias que necesita que coiden aos seus menores durante as vacacións escolares pasou do 32,65% en 2012 ao 38,79% en 2017.

Finalmente, diminúe entre 2012 e 2017 tanto a porcentaxe de persoas traballadoras con menores de 13 anos con redución da xornada laboral para atendelos, como a das que flexibilizan ou coordinan o horario de traballo para atender aos seus pequenos e pequenas. A diminución é considerablemente superior neste último caso e, en particular, ao considerar as diferenzas por sexo: se en 2012 o 36,84% das mulleres flexibilizaba ou coordinaba o seu horario para atender a menores a cargo, en 2017 esta porcentaxe baixou ao 23,45%.

Núcleos familiares con menores de 0 a 12 anos que reciben axuda para coidar os/as nenos/as. Galicia
Unidade: %

Coidado 2012 2017
Para coidar os nenos cando non acoden ao centro escolar (1) 43,69 41,94
Para coidar os nenos cando enferman e non poden acudir uns días ao centro escolar (2) 50,63 49,62
Para levar os nenos ao centro ou transporte escolar (2) 14,03 13,76
Para coidar os nenos durante as vacacións escolares (2) 32,65 38,79

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)


Porcentaxe de persoas traballadoras con menores de 12 ou menos anos con redución de xornada de traballo traballo para atender os menores por sexo. Galicia
Unidade: %

Sexo 2012 2017
Total 10,78 10,19
Home 5,15 5,06
Muller 17,54 14,85

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)

Porcentaxe de persoas traballadoras con menores de 12 ou menos anos que flexibilizan ou coordinan o horario de traballo para atender os menores por sexo. Galicia
Unidade: %

Sexo 2012 2017
Total 30,16 21,64
Home 24,61 19,63
Muller 36,84 23,45

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Coidado de menores e conciliación familiar (descarga da táboa)



Definicións e máis información

Definicións

volver ao índice

Máis información

volver ao índice