ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Taxa de mortalidade bruta e estandarizada segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2022

No ano 2022 en Galicia a ZPP aparece moi diferenciada das outras zonas pola súa alta taxa bruta de mortalidade (17,7 defuncións por 1.000 habitantes). Por outra parte, as menores taxas brutas de mortalidade rexístranse na ZDP e ZIP, que contan cunha poboación máis nova que a ZPP.

 
As provincias de Lugo e Ourense presentan taxas brutas de mortalidade máis altas que as da Coruña e Pontevedra. Ademais, cómpre resaltar os elevados valores que toma o indicador na ZPP das provincias de Lugo e Ourense (21,2 e 20,8 defuncións por 1.000 habitantes, respectivamente).
 
Por outra parte, as taxas estandarizadas de mortalidade, que eliminan o efecto da estrutura por idades, reflicten unha notable diminución das diferenzas na mortalidade entre zonas.

 

Taxa bruta
Taxa estandarizada
Total ZDP ZIP ZPP Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 13,0 11,3 11,3 17,7 13,0 12,0 12,9 14,0
   • A Coruña 12,5 11,7 10,9 16,1 12,7 12,0 12,6 13,8
   • Lugo 16,7 11,3 15,3 21,2 14,6 12,8 14,9 15,3
   • Ourense 16,4 12,9 12,7 20,8 13,4 12,6 12,8 14,0
   • Pontevedra 11,2 10,5 10,7 14,4 12,4 11,7 12,7 13,1

 

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Taxa de mortalidade bruta e estandarizada segundo o subgrao de urbanización

No período 2002-2022 increméntase a taxa bruta de mortalidade en todas as subzonas. A subzona na que máis aumentou a taxa bruta de mortalidade neste período foi na ZPP baixa.

No ano 2002 a taxa bruta de mortalidade presenta unha relación inversa co subgrao de urbanización, salvo na ZIP alta, que presenta valores inferiores aos da subzona de urbanización inmediatamente superior; no ano 2022 prodúcese a mesma ruptura na ZIP alta; nesta subzona a taxa bruta de mortalidade é menor que na ZDP.

 
As taxas estandarizadas de mortalidade experimentan un crecemento no período 2002-2022 en todas as subzonas de urbanización, moi similar ao comportamento da taxa bruta no mesmo período. Por outra parte, as taxas estandarizadas de mortalidade das subzonas reducen notablemente as diferenzas existentes entre as taxas brutas, tanto no ano 2002 como no ano 2022.
 
Polo que respecta á mortalidade segundo o sexo, os homes presentan taxas brutas de mortalidade superiores ás das mulleres nas subzonas ZDP, ZIP alta e ZIP baixa, e inferiores no resto de subzonas.

 

Taxa
bruta
Taxa
estandarizada
2002 2022 2002 2022
Total 10,5 13,0 10,5 13,0
ZDP 9,0 11,3 10,5 12,0
ZIP alta 8,6 10,8 10,6 12,7
ZIP baixa 10,6 12,8 11,4 13,6
ZPP alta 11,2 13,4 10,4 13,1
ZPP intermedia 12,4 16,2 10,5 13,4
ZPP baixa 15,0 20,5 10,3 14,6


 

 

Taxa bruta
Homes Mulleres
Total 13,2 12,7
ZDP 11,8 10,9
ZIP alta 11,2 10,4
ZIP baixa 13,1 12,5
ZPP alta 13,2 13,7
ZPP intermedia 15,8 16,7
ZPP baixa 20,1 20,9

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Taxa bruta de mortalidade:
Número de defuncións por cada 1.000 habitantes.
Taxa de mortalidade estandarizada:
Media ponderada das taxas específicas de mortalidade por idade onde as ponderacións proceden dunha poboación de referencia, neste caso o poboación de Galicia.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Cifras poboacionais de referencia, IGE-INE. Movemento Natural da Poboación