INSTITUTO GALEGO DEESTATÍSTICATáboasVariablesOpcións do mapaNº intervalos no mapa:23456Rango:RexistrosValores?00000000Comarca :Provincia :Valor :Unidades :Fonte :Notas :
Selección de datos
Na parte superior esquerda da pantalla seleccione unha das táboas da
lista no cadro 'Táboas'. Cada táboa contén un número determinado de
variables que se amosan no cadro 'Variables'. Pulsando na frecha verde
á esquerda do nome da variable despregase unha lista coas categorías
dispoñibles para cada unha delas. Os datos representados no mapa
virán determinados pola táboa seleccionada e pola categoría elixida
dentro de cada unha das variables.
Opcións do mapa
Este cadro permite definir o número de intervalos representado no
mapa (pulsando sobre os díxitos 2,...,6) e os seus rangos que se
calculan automaticamente de xeito que cada intervalo teña igual número
de comarcas (premendo en rexistros) ou que a suma da variable nas
comarcas de cada intervalo sexa a mesma en todos os intervalos
(premendo valores)
Panel de control
Está situado na parte inferior esquerda da pantalla.
Funcións do mapa: pódese desprazar o mapa pulsando sobre cada
unha das frechas na dirección axeitada. O cadro do centro das frechas
restablece o mapa á súa posición e tamaño orixinais. Premendo en
+ ou - amplíase ou redúcese o tamaño do mapa.
Selección do tipo de gráfico: Algunhas táboas permiten elexir entre
distintos tipos de gráficos para representar a información de cada
comarca (barras, tartas, barras apiladas ou liñas). Cando así sexa, na
parte dereita do panel de control amosaranse os símbolos para poder
seleccionar cada tipo de gráfico.
Gráficos
Aparecen na parte dereita da pantalla ao pasar o cursor por cada unha
das comarcas do mapa.
Ao premer na comarca bloquéase o gráfico nesa comarca e así, ao
desprazar o cursor sobre o gráfico, amosaranse na parte inferior os
valores representados. Volvendo a pulsar sobre o mapa desbloquéase
a comarca retornando á situación orixinal.
Funcionalidades
Movendo o cursor por riba das categorías das variables poderase
observar o cambio experimentado no mapa e no gráfico cando se pasa
dunhas categorías a outras (por exemplo pódese ver a evolución dunha
característica ao longo dos anos dispoñibles na variable "Tempo").