Accesibilidade á vivenda

Definicións

Accesibilidade á vivenda

Custo total da hipoteca/Salario anual

O cociente entre o custo total dun préstamo hipotecario medio polo 80% do prezo medio dunha vivenda estándar e o salario anual medio dun traballador representa o esforzo laboral que ten que realizar unha persoa para pagar a súa débeda hipotecaria (capital máis intereses), é dicir, o número de anos de salario íntegro que unha persoa ten que dedicar para satisfacer as súas obrigas coa entidade financeira.
Se en lugar de considerar o prazo hipotecario medio considérase un prazo hipotecario fixo de 20 anos obtense este indicador a 20 anos.


Esforzo financeiro

O esforzo financeiro defínese como o cociente entre a cota anual dun préstamo hipotecario medio polo 80% do prezo medio dunha vivenda estándar e o salario anual medio dun traballador, expresado en tanto por cento. Este indicador mide o esforzo que ten que realizar anualmente un asalariado para facer fronte ás súas obrigas coa entidade financeira, xa que indica a porcentaxe do salario anual que ten que dedicar ao pago da cota anual do préstamo hipotecario.
Se en lugar de considerar o prazo hipotecario medio considérase un prazo hipotecario fixo de 20 anos obtense este indicador a 20 anos.


Exposición ao risco

A exposición ao risco defínese como o cociente entre o prezo medio dunha vivenda estándar e o prezo máximo que se pode permitir pagar o asalariado medio por unha vivenda estándar sen incorrer nun risco financeiro excesivo, expresado en tanto por cento. O valor de referencia deste indicador é 100, que se ten cando a débeda hipotecaria do asalariado medio coincide coa máxima que pode asumir sen incorrer nun risco financeiro excesivo. Se o indicador é superior a 100 reflicte que o asalariado medio está sobreexposto ao risco. Pola contra, se o indicador é inferior a 100 pódese dicir que a exposición ao risco do asalariado medio é aceptable.
Se en lugar de considerar o prazo hipotecario medio considérase un prazo hipotecario fixo de 20 anos obtense este indicador a 20 anos.


Prezo adquirible

O prezo adquirible defínese como o prezo máximo que se pode permitir pagar o asalariado medio por unha vivenda estándar para que non teña que dedicar máis dun terzo do seu salario anual ao pago da cota anual correspondente a un préstamo hipotecario medio polo 80% do prezo da vivenda.
Se en lugar de considerar o prazo hipotecario medio considérase un prazo hipotecario fixo de 20 anos obtense este indicador a 20 anos.


Prezo da vivenda/Salario anual

O cociente entre o prezo medio dunha vivenda estándar e o salario anual medio dun traballador representa o número de anos de salario íntegro que unha persoa necesita para poder comprar sen financiación unha vivenda estándar.


Compartir: