Enquisa de poboación activa. Módulo de conciliación entre vida laboral e familiar
Definicións
Enquisa de poboación activa. Módulo de conciliación entre vida laboral e familiar
Coidado a adultos dependentes
|
No módulo sobre conciliación entre vida laboral e familiar da Enquisa de poboación activa (EPA) considéranse coidados a adultos dependentes a seguintes actividades: - Coidado persoal (aseo, axuda para vestirse, axuda para comer, etc.)
- Axuda física (por exemplo, para moverse ou camiñar).
- Axuda en asuntos financeiros.
- Axuda en tarefas domésticas (limpeza da casa, lavado de roupa, etc.)
- Facer compaña, visitar, conversar.
Non se considera como coidado a adultos dependentes a axuda económica nin o voluntariado de calquera tipo.
|
|
Coidado a menores
|
No módulo sobre conciliación entre vida laboral e familiar da Enquisa de poboación activa (EPA) considéranse coidados a menores a seguintes actividades: - Coidado persoal (aseo, axuda para vestirse, axuda para comer, etc.)
- Axuda na realización de tarefas escolares.
- Xogos.
- Lectura.
- Vixilancia.
- Paseos.
Non se considera como coidado a nenos a axuda económica nin o voluntariado de calquera tipo.
|
|
Poboación activa
|
Son as persoas que, nun período de referencia dado, subministran man de obra para a produción de bens e servizos económicos ou que están dispoñibles e fan xestións para incorporarse a dita produción. Comprende a todas as persoas de 16 ou máis anos que cumpren as condicións necesarias para a súa inclusión entre as persoas ocupadas ou paradas.
|
|
Poboación inactiva
|
Abrangue todas as persoas de 16 e máis anos non clasificadas como ocupadas ou paradas. Os inactivos clasifícanse segundo a súa situación persoal nas seguintes categorías funcionais:
- Persoas que se ocupan do seu fogar.
- Estudantes.
- Xubilados ou prexubilados.
- Persoas que perciben unha pensión distinta á de xubilación ou prexubilación.
- Persoas que realizan sen remuneración traballos sociais, actividades de tipo benéfico...
- Incapacitados para traballar.
- Outra situación. Persoas que, sen exercer ningunha actividade económica, reciben axuda pública ou privada e todas aquelas que non están incluidas en ningunha das categorías anteriores.
|
|
Poboación ocupada
|
Persoas de 16 anos ou máis que durante a semana de referencia tiveron un traballo por conta allea ou exerceron unha actividade por conta propia, nalgunha das seguintes situacións:
- traballando polo menos unha hora por un soldo, salario ou beneficio empresarial ou ganancia familiar en metálico ou en especie
- con emprego pero sen traballar por razóns de enfermidade ou accidente, vacacións, festas, mal tempo ou razóns análogas
|
|
Poboación parada
|
Persoas de 16 anos ou máis que durante a semana de referencia estiveron sen traballo, dispoñibles para traballar e buscando emprego. Son parados tamén os que atoparon un traballo e están esperando incorporarse, sempre que se verifiquen as dúas primeiras condicións. Segundo o Regulamento 1897/2000 da Comisión Europea, os únicos métodos de busca de emprego considerados activos son: - Estar en contacto cunha oficina pública de emprego co fin de atopar traballo, calquera que sexa a parte que tomase a iniciativa (a renovación da inscrición por razóns puramente administrativas non constitúe unha postura activa).
- Estar en contacto cunha oficina privada (oficina de emprego temporal, empresa especializada en contratación...) coa fin de atopar traballo.
- Enviar unha candidatura directamente aos empregadores.
- Indagar a través de relacións persoais, por mediación de sindicatos, ...
- Anunciarse ou responder a anuncios de periódicos.
- Estudar as ofertas de emprego.
- Participar nunha proba, concurso ou entrevista, no marco dun procedemento de contratación.
- Buscar terreos, locais ou material.
- Realizar xestións para obter permisos, licenzas ou recursos financeiros.
|
|
Servizos de atención para os nenos
|
No módulo sobre conciliación entre vida laboral e familiar da Enquisa de poboación activa (EPA) considéranse servizos de atención para os nenos, tanto se son de iniciativa pública como privada, os seguintes: - Garderías.
- Centros de coidado de día.
- Coidado familiar organizado (neneiras contratadas por centros de coidado de nenos que se desprazan ao domicilio).
- Centros de actividades en horario extraescolar (exclúense os clubs deportivos onde van a practicar deporte ou centros onde se imparten cursos de idiomas).
- Neneiras particulares ou persoal especializado.
Non se consideran servizos de atención a nenos:- A escolarización obrigatoria.
- O coidado do neno por parte de familiares ou amigos, os cales non reciben contraprestación económica algunha, con independencia si residen ou non no mesmo fogar que o neno.
- O coidado por parte de irmáns de máis de 14 anos que coidan do seu irmán ou irmá de 14 anos ou menos.
|
|
|