document.write("
Motocicleta

Automóbil de dúas rodas, con ou sen sidecar (entendendo como tal o habitáculo pegado lateralmente á motocicleta), e os de tres rodas

Turismo

Automóbil destinado ao transporte de persoas que teña, polo menos, catro rodas e que teña, ademais do asento do condutor, oito prazas como máximo.

Camión

Automóbil concibido e construído para o transporte de cousas. Exclúese desta definición a motocicleta de tres rodas, concibida e construída para o transporte de cousas, da cal a súa tara non exceda de 400 quilogramos.

Autobús

Automóbil concibido e construído para o transporte de persoas, con capacidade para máis de nove prazas incluído o condutor. Inclúese neste termo o trolebús, é dicir, o vehículo conectado a unha liña eléctrica e que non circula por raíl.

Remolque

Vehículo de transporte de mercadorías por estrada deseñado para ser remolcado por un vehículo automóbil de estrada. Non inclúe os agrícolas que son os deseñados para usos agrícolas independentemente de que estén autorizados para circular por estradas abertas ao tráfico.

Semirremolque

Remolque construído para ser encaixado a un automóbil, de tal xeito que repouse parcialmente sobre este, e que unha parte substancial do seu peso e da súa carga sexan soportados por dito automóbil.

Parque de vehículos

Está constituído por todos os vehículos con motor, agás ciclomotores e vehículos especiais, que teoricamente circulan. Deste xeito, inclúen todas as matriculacións que houbese durante todos os anos, menos as baixas producidas e as modificacións debidas ás reformas.

Accidente de circulación

A Dirección General de Tráfico considera accidentes aqueles que reúnen as seguintes condicións:

Morto en accidente de circulación

Toda persoa que, como consecuencia dun accidente, faleza no acto ou dentro dos trinta días seguintes.

Vítima de accidente de tráfico

Toda persoa que resulte ferida ou morta como consecuencia dun accidente de circulación.

Acidente com vítimas
Todo o acidente de viação em que pelo menos uma pessoa tenha ficado ferida ou morta.

");