Ficheiros de microdatos


Os ficheiros de microdatos conteñen os datos individuais dunha operación estatística, convenientemente anonimizados, co fin de preservar a confidencialidade da información. Trátase de ficheiros ASCII (ficheiros .txt separados por ;) con estrutura de campos que recollen para cada rexistro individual da enquisa os valores que toma cada variable. Tamén se proporciona o deseño de rexistro e a relación de valores válidos que poden tomar as variables recollidas na enquisa. Para o tratamento destes datos necesítanse programas adecuados.

O IGE non se responsabiliza dos resultados que os usuarios obteñan a partir destes ficheiros baseados nos seus propios cálculos. Ademais, toda persoa que empregue os ficheiros de microdatos comprométese a citar, en calquera publicación obtida a partir deles, ao IGE como fonte do dato primario (Fonte: IGE, https://www.ige.gal), así como de que calquera responsabilidade derivada do uso desta información por parte dos autores é responsabilidade exclusiva deles. En xeral, quen desexe reutilizar calquera contido deste sitio web deberá adaptarse ás condicións de reutilización impostas no aviso legal.

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo