Alumnado matriculado en ensinanza non universitaria de réxime xeral Curso 2020-2021. Datos provisionais
Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Datos e cifras do ensino non universitario
O alumnado matriculado en ensinanza non universitaria manteuse nos mismos niveis que no curso 2019-2020
No curso 2020-2021 o número de alumnos matriculados na educación non universitaria de réxime xeral manteuse nos mismos niveis que no curso 2019-2020, con 385.331 alumnos, segundo os datos provisionais.
Os niveis de ensinanza nos que se rexistraron maiores incrementos na matrícula foron os Ciclos formativos de grao superior ordinarios (9,6%) e os Ciclos formativos de grao superior adultos (8,4%). Pola contra, o número de alumnos en Bacharelato de adultos e nas Ensinanzas básicas iniciais e ESO de adultos, para curso 2020-2021, estímase que diminúa un 22,4% e un 17,2% respectivamente.
Alumnos matriculados nas universidades galegas
Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Información subministrada directamente Nota: Alumnado matriculado en 1º e 2º ciclo ou graos
Alumnos matriculados na ensinanza universitaria segundo rama. Galicia Curso 2019-2020
Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Información subministrada directamente.
Nas universidades galegas matriculáronse 61.175 alumnos no curso 2019-2020
No curso 2019-2020 nas universidades galegas matriculáronse 61.175 alumnos, 146 máis que no curso anterior.
Na última década o alumnado matriculado nas universidades galegas diminuíu nun 5,6%.
A Universidade de Santiago segue a ser a que conta co maior número de alumnado universitario matriculado, representando o 40,2% do total.
A presenza de mulleres segue a ser maior que a dos homes en todas as ramas, excepto na rama de enxeñería e arquitectura.
Produción editorial. Ano 2019 Número de títulos
Fonte: INE. Producción editorial de libros
O número de títulos editados en Galicia aumenta un 10,8% en 2019
En Galicia, no ano 2019 editáronse 2.213 títulos, un 10,8% máis que o ano anterior. A provincia da Coruña acumulou en 2019 o 58,7% dos títulos que se editaron en Galicia.
Gasto en bens e servizos culturais. Ano 2020
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Anuario de Estadísticas Culturales
Gasto en bens e servizos culturais segundo grupos de gasto. Galicia. Ano 2020
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Anuario de Estadísticas Culturales
En 2020 o 34,8% do gasto en bens e servizos culturais en Galicia dedicouse á telefonía móbil e servizos relacionados con Internet.
En Galicia, no ano 2020, dedicouse o 34,8% do gasto en bens e servizos culturais á telefonía móbil e servizos relacionados con Internet, o 28,3% á compra de soportes, equipos e accesorios audiovisuais, o 28,1% á adquisición de libros e publicacións periódicas e o 8,8% restante a servizos culturais.
|
|
Profesorado en centros de titularidade pública segundo o sexo. Galicia
Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Información subministrada directamente Nota: os datos son provisionais
No curso 2020-2021 a cifra de persoal docente nos centros de titularidade pública de Galicia acada o valor de 29.857. Neste colectivo existe unha forte presenza de mulleres, onde representan o 72% do total.
Profesores de ensinanza universitaria segundo o tipo de profesor nas universidades galegas. Curso 2019-2020
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Información subministrada directamente
O número de profesores nas universidades galegas aumentou un 9,9% no curso 2019-2020.
Evolución do abandono educativo temperán
Fonte: IGE/INE. Encuesta de población activa; Eurostat/ LFS: EU Labour Force Survey
No ano 2019 o 12,6% da poboación galega de 18 a 24 anos non completou o nivel de educación de secundaria segunda etapa e non segue ningún tipo de formación. Esta porcentaxe en España alcanza o valor do 17,2% mentres que na UE28 sitúase no 10,3%.
Actividade cinematográfica. Galicia. Ano 2020
Fonte: Ministerio de Cultura. Instituto de Cinematografía y de las Artes Audiovisuales. Estadística de Cinematografía: Producción, Exhibición, Distribución y Fomento Nota: Os datos son avance
Artes musicais e escénicas.Galicia. Ano 2020
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Explotación Estadística de las Bases de Datos de Recursos Musicales, de la Danza y de Artes Escénicas
|