Presentación

O Instituto Galego de Estatística (IGE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1988 e que se rexe basicamente pola Lei 9/1988 de Estatística de Galicia. Na súa misión de promover o desenvolvemento do sistema estatístico da Comunidade Autónoma debe prestar servizos de recompilación e difusión da documentación estatística dispoñible, desenvolver bases de datos de interese público, analizar as necesidades e a evolución da demanda de estatísticas e asegurar a súa difusión.

Na consecución destes obxectivos seguimos a traballar para aumentar a interacción cos usuarios, de xeito que poidan conseguir os datos que precisen de forma sinxela, ofrecéndolles a oportunidade de consultar información a medida e de construír as súas propias táboas. Isto implica a xeración dinámica de páxinas e a disposición de bases e bancos de datos específicos de difusión que se poden interrogar en liña.

Esperamos que esta web responda ás necesidades que teñen os cidadáns en termos numéricos no eido socioeconómico, contribuíndo así, aínda que dun xeito modesto, ao desenvolvemento da sociedade da información dende un punto de vista estatístico.

Compartir: