Datos Básicos. Enerxía e industria

Electricidade dispoñible para o consumo final en Galicia segundo a súa procedencia. Ano 2015
ktep (miles de toneladas equivalentes de cru)

Fonte: Instituto Enerxético de Galicia
Balance Enerxético de Galicia

Galicia xera o 91,68% da electricidade dispoñible para o consumo final en Galicia

No ano 2015 a electricidade dispoñible para o consumo final en Galicia ascendeu a 2.765 ktep, da que un 8,32% importouse e a restante (2.555 ktep) xerouse en Galicia.

Distribución de enerxía eléctrica por sectores de uso. Ano 2015

Fonte: Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Estadística de la industria de energía eléctrica

No ano 2015 a industria absorbeu o 51,83% da enerxía eléctrica consumida en Galicia

En Galicia, no ano 2015, a industria é o sector que acada a maior porcentaxe de enerxía eléctrica consumida (51,83% do total). En España esta porcentaxe acada só o 32,45%.


Principais indicadores de actividade na industria. Galicia. Ano 2015
Miles de euros, persoas


Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial. Extraído de http://www.ine.es

As manufacturas concentran o 82,6% da cifra de negocio do sector Industrial

En Galicia, no ano 2015, a cifra de negocios no sector industrial situouse en 36.575 millóns de euros e o persoal ocupado ascendeu a 127.396 persoas.

O 82,6% da facturación do sector industrial en 2015 correspondeu á Industria manufactureira, dentro desta, a maior contribución á cifra de negocios da industria é a actividade da "Alimentación" (19,1%) seguida de "Vehículos de motor, remolques e semirremolques" (17,2%).

Cifra de negocios por agrupacións de actividade. Galicia. Ano 2015
Miles de euros

Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial .Extraído de http://www.ine.es

Consumo de gasolinas e gasóleos. Galicia
Toneladas

Fonte: Ministerio de Industria, Energía y Turismo. CORES. Extraído de http://www.cores.es

Electricidade neta xerada. Galicia
Ano 2015


Fonte: INEGA. Balance enerxético de Galicia

No ano 2015, dos 2.555 ktep de enerxía eléctrica xerados en Galicia, o 52,6% procedía de enerxías renovables e o 37,3% do carbón.

Distribución dos ocupados na industria por ramas de actividade
Galicia
Ano 2015

Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial. Extraído de http://www.ine.es

As manufacturas ocupan a 115.792 persoas, o que supon o 90,9% de toda a ocupación na industria.


Persoas ocupadas na industria por agrupacións de actividade
Galicia
Ano 2015

Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial. Extraído de http://www.ine.es

As ramas con maior presenza de ocupados son a de "Alimentación" (20,2% do total), seguida da "Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipo" (10,7%) e do  Vehículos de motor, remolques e semirremolques (10,2%).


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Compartir: