Resumo de resultados




Datos Básicos. Servizos de mercado e actividade empresarial

Principais magnitudes dos servizos de mercado. Galicia. Ano 2020

Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector comercio e sector servizos

Preto do 40% dos ocupados nos servizos de mercado pertencen ao sector do comercio.

No ano 2020, un total de 134.344 locais e 437.634 ocupados dedicábanse aos servizos de mercado, segundo as enquisas estrutural de servizos e comercio que elabora o INE.

A principal agrupación de actividade nos servizos de mercado é o comercio, que ocupa o 38,8% do total de traballadores e xera o 72,2% do volume de negocio.

Distribución do persoal ocupado e do volume de negocio nos servizos de mercado por agrupacións de actividade. Galicia
Ano 2020. Porcentaxes

Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector comercio e sector servizos

Datos de oferta do turismo segundo o tipo de establecemento. Galicia. Ano 2021

Fonte:INE: Encuesta de ocupación hotelera. Encuesta de ocupación en acampamientos turísticos. Encuesta de ocupación de apartamentos turísticos. Encuesta de ocupación en alojamientos de turismo rural.

Variación interanual das prazas estimadas e das noites segundo o tipo de establecemento. Galicia. Ano 2021.
Porcentaxes

Fonte: INE: Encuesta de ocupación hotelera. Encuesta de ocupación en acampamientos turísticos. Encuesta de ocupación de apartamentos turísticos. Encuesta de ocupación en alojamientos de turismo rural.

Segundo as enquisas de turismo elaboradas por INE, no ano 2021 produciuse unha aumento da oferta de prazas en todos os tipos de establecementos turísticos, motivada polo impacto da pandemia da COVID-19 no ano 2020. O maior incremento produciuse nos apartamentos turísticos que aumentaron un 38,3%. En menor medida aumentaron as prazas correspondentes a aloxamentos de turismo rural e establecementos hoteleiros, que aumentaron un 28,5% e un 27,3% respectivamente. Por último as prazas correspondentes a campamentos turísticos experimentaron un incremento do 19,7%.

En canto á demanda, o número de noites tamén aumentou con respecto ao ano anterior en todas as tipoloxías de establecementos: un 84,2% nos establecementos hoteleiros, un 76,8% nos aloxamentos de turismo rural, un 46,2% nos apartamentos turísticos e un 44,6% nos campamentos turísticos.

Demanda do turismo segundo o tipo de establecemento. Galicia. Ano 2021

Fonte: INE: Encuesta de ocupación hotelera. Encuesta de ocupación en acampamientos turísticos. Encuesta de ocupación de apartamentos turísticos. Encuesta de ocupación en alojamientos de turismo rural.

Transporte de mercadorías por estrada. Galicia
Miles de toneladas

Fonte: Ministerio de Fomento. Encuesta Permanente de Transporte de Mercancías por Carretera

Transporte marítimo de mercadorías nos grandes portos. Galicia
Miles de toneladas

Fonte: Puertos del Estado. Anuario Estadístico

Descende o número de mortos en accidentes de tráfico

No ano 2020, producíronse un total de 3.451 accidentes de tráfico (con vítimas), nas estradas galegas, dos cales 98 foron mortais. Estes accidentes segaron a vida de 103 persoas (24 menos que no ano anterior) e causaron 4.697 feridos.

Accidentes de tráfico con víctimas. Galicia.

Fonte: Ministerio del Interior. Dirección General de Tráfico. Anuario estadístico de accidentes
Nota: O cómputo de mortos esta realizado a 30 días

Empresas por actividade principal (CNAE 2009). Galicia. Ano 2021

IGE: Explotación do directorio de empresas e unidades locais
Nota: Nas empresas con sede social "España" inclúense as empresas que realizan actividades en Galicia e que teñen a súa sede social fóra de Galicia. Datos a 1 de xaneiro

Máis da metade das empresas galegas non ten asalariados

Segundo a Explotación do directorio de empresas e unidades locais, o número de empresas activas con actividade en Galicia era de 245.503 o día 1 de xaneiro de 2021, o 65,1% pertencen ao sector servizos. O 68,6% das empresas con sede social en Galicia non contan con ningún asalariado.

Empresas con sede social en Galicia por estrato de asalariados. Galicia. Ano 2021

Fonte: IGE. Explotación do directorio de empresas e unidades locais
Nota:Empresas con sede social en Galicia. Resultados referidos ao 1 de xaneiro.

Evolución do índice da cifra de negocios do sector servizos.
Taxas de variación anuais (%)

Fonte: INE. Indicadores de actividade do sector servizos


Facturación media dos hoteis por cada habitación ocupada. Galicia. Ano 2022

Fonte: INE. Indicadores de Rentabilidad del Sector Hotelero
Nota: Datos provisionais


A tarifa media diaria acadou o seu valor máximo no ano 2022 no mes de agosto, onde acada os 83,9 euros por habitación ocupada. Mentres que o menor valor rexistrouse en xaneiro (51,1 euros por habitación).

No ano 2022 o ingreso por habitación dispoñible tamén presenta o seu valor máximo en agosto e o seu mínimo no mes de xaneiro acadando os valores de 60 e 11,3 euros por habitación dispoñible respectivamente.

Ingreso por habitación dispoñible (establecementos hoteleiros). Galicia. Ano 2022

Fonte: INE. Indicadores de Rentabilidad del Sector Hotelero
Nota: Datos provisionais

Noites en aloxamentos turísticos en relación ao total de Galicia segundo o destino turístico.
Ano 2021
Porcentaxe (%)

Fonte: IGE

No ano 2021, o número de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros e residentes no estranxeiro diminuíu un 143,4% con respecto ao ano anterior. (A entrada en vigor da Orde SND/257/2020, do 19 de marzo, motivou a suspensión de apertura ao público de todos os aloxamentos turísticos, quedando paralizada a actividade turística a partir do 26 de marzo. A partir do 11 de maio e de acordo coa Orde SND/399/2020, os hoteis e aloxamentos turísticos puideron, de novo, abrir ao público, pero con certas restricións. Estas restricións ao turismo implementadas ao longo do ano 2020 afectan aos niveis dos distintos indicadores. Polo tanto, non é adecuado realizar a comparativa dos datos da demanda turística de 2021 cos rexistrados en 2020).

Viaxeiros en establecementos hoteleiros segundo o país de residencia.
Galicia

Fonte: INE. Encuesta de ocupación hotelera.

Evolución do número de pasaxeiros nos aeroportos galegos
Miles de pasaxeiros

Fonte: Ministerio de Fomento. Anuario estadístico

Evolución do número de matriculacións de vehículos. Galicia

Fonte: Ministerio del Interior. Dirección General de Tráfico

No ano 2020, matriculáronse en Galicia 46.622 vehículos, dos cales 35.036 foron turismos. Con respecto ao ano anterior, o número de vehículos matriculados diminuíu un 18,4% e o de turismos un 20,7%.


Evolución do número de mortos en accidentes de tráfico. Galicia

Fonte: Ministerio del Interior. Dirección General de Tráfico. Anuario estadístico de accidentes

Sociedades mercantís. Galicia. Ano 2022

Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME).

O número de sociedades mercantís creadas en 2022 diminuíu un 3,6% con respecto ao ano anterior. Pola súa banda, o número de sociedades mercantís disoltas diminuíu un 6,8%.


O número de hipotecas constituidas en Galicia no ano 2021 foi de 20.676, un 21,6% máis que no ano anterior. O importe medio destas hipotecas aumentou un 4,8%, ata situarse nos 107.615 euros.


Número e importe medio das hipotecas constituidas. Galicia. Ano 2021
Número, euros e porcentaxes.

Fonte: INE. Estadística de hipotecas


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo