Indicadores de innovación

Resumo de resultados 30/06/2017

Introdución

A actividade estatística Indicadores de innovación ten como principal obxectivo calcular para Galicia una serie de indicadores incluídos nos Marcadores da Unión pola Innovación (European Innovation Scoreboard 2016) recompilados pola Comisión Europea para os países membros da Unión Europea.

No cálculo dos indicadores para a Comunidade Autónoma de Galicia utilizouse a información procedente de:

  • Enquisa sobre a innovación nas empresas elaborada polo Instituto Nacional de Estatística (INE)
  • Estatística sobre actividades de I+D (INE)
  • Enquisa de poboación activa (IGE/INE)
  • Oficina española de patentes e marcas

Recursos humanos

No ano 2016 o 44,3% dos galegos de entre 30 e 34 anos contaba cun nivel de formación de educación terciaria. Este indicador sitúase 4,2 puntos porcentuais por riba do valor de España e 5,2 puntos por riba da media da UE-28.

O indicador de nivel de formación da poboación nova, calculado como a porcentaxe de poboación de 20 a 24 anos que completou polo menos a educación secundaria de segunda etapa, chega ao 73,3% en Galicia no ano 2016. Esta cifra é 2,4 puntos superior á do conxunto de España pero 9,9 puntos porcentuais inferior á media da UE-28.

Poboación de 30 a 34 anos con nivel de formación alcanzado educación terciaria
Porcentaxes

Nivel de formación da poboación nova
Porcentaxes

Fonte: IGE. Indicadores de innovación

Fonte: IGE. Indicadores de innovación

Financiamento

No tocante ao gasto en investigación e desenvolvemento (I+D) en relación ao produto interior bruto (PIB) Galicia e España atópanse por debaixo da media europea. No ano 2015 o gasto interno en I+D en Galicia representaba o 0,89% do PIB galego fronte ao 1,22 en España e ao 2,03 na UE-28.

Gasto en I+D en relación ao PIB
Porcentaxes

Fonte: IGE. Indicadores de innovación

Investimentos de empresa

Gasto en innovación non de I+D como porcentaxe da cifra de negocio total
Porcentaxes

Nesta táboa móstrase o gasto das empresas en innovación non de I+D como porcentaxe da cifra de negocios. Varias das compoñentes do gasto en innovación, como o investimento en equipamento e maquinaria e a adquisición de patentes e licenzas, miden a difusión de novas ideas e tecnoloxías de produción. No seu cálculo non se inclúen os gastos internos e externos en I+D.

En 2015, último ano para o que dispoñemos de datos, as empresas de 10 ou máis asalariados con sede social en Galicia gastaron o 0,37% da súa facturación en actividades de innovación non de I+D. Para o conxunto de España esta porcentaxe situouse no 0,31% e para a UE-28 no 0,69%.

Fonte: IGE. Indicadores de innovación

Vínculos e iniciativa empresarial

PEMEs con innovación interna como porcentaxe de PEMEs
Porcentaxes

O indicador que se mostra na táboa contigua mide o grao no que innovaron internamente as pequenas e medianas empresas (PEMEs) introducindo produtos ou procesos de produción novos ou mellorándoos de xeito significativo.

De media, no ano 2015, o 12,2% das PEMEs con sede social en Galicia levaron a cabo innovación interna. Esta porcentaxe é menor que a acadada no conxunto de España (15,5%) e sitúase por debaixo do 28,7% da media europea. Para este último ano 2015 o 8,8% das PEMEs con sede en Galicia estableceron acordos de cooperación en actividades de innovación con outras empresas ou institucións.

Fonte: IGE. Indicadores de innovación

Innovadores

A innovación tecnolóxica (introdución de novos produtos ou procesos) é clave para a innovación nas actividades de fabricación. Altas porcentaxes de innovadores tecnolóxicos soen reflectir un nivel alto de actividades innovadoras.

No ano 2015 o 16,1% das PEMEs con sede social en Galicia introduciu un produto ou proceso novo ou significativamente mellorado. Esta porcentaxe sitúase 2,3 puntos por debaixo da media española. Para a UE-28 esta porcentaxe é lixeiramente superior ao 30,6%. Por outra banda, neste ano, o 25,9% das pequenas e medianas empresas con sede na comunidade autónoma innovaron en organización ou márketing.

PEMEs innovadoras en produto ou proceso como porcentaxe de PEMEs
Porcentaxes

PEMEs innovadoras en marketing ou organización como porcentaxe de PEMEs
Porcentaxes

Fonte: IGE. Indicadores de innovación

Fonte: IGE. Indicadores de innovación

Efectos económicos

Emprego en actividades de coñecemento intensivo como porcentaxe do emprego total
Porcentaxes



As actividades de coñecemento intensivo proporcionan servizos directamente aos consumidores, por exemplo as telecomunicacións, e inputs ás actividades innovadoras doutras empresas no conxunto de sectores da economía.

Na gráfica móstrase a porcentaxe de emprego en actividades de coñecemento intensivo, onde máis do 33% do emprego posúe unha titulación superior, como porcentaxe do total de emprego. En 2015 o 9,3% dos ocupados galegos desenvolvían a súa labor en actividades de coñecemento intensivo. Esta porcentaxe é unha décima inferior á rexistrada no 2014 e atópase por debaixo da media española (12,4%) e europea (14%).

Fonte: IGE. Indicadores de innovación
Nota: Considéranse actividades de coñecemento intensivo as seguintes divisións da CNAE 2009: 09, 19, 21, 26, 51, 58, 59, 60, 61, 62, 63, 64, 65, 66, 69, 70, 71, 72, 73, 74, 75, 78, 79, 90.

Vendas de produtos novos para o mercado ou para a empresa como porcentaxe da cifra de negocio
Porcentaxes

Este indicador mide a porcentaxe das vendas correspondente a produtos novos (para a empresa ou o conxunto do mercado) ou significativamente mellorados. Captura tanto a creación de tecnoloxías punteiras (produtos novos para o mercado) coma a difusión destas tecnoloxías (produtos novos para a empresa).

Para o ano 2015 o 11,7% da cifra de negocios das empresas de dez ou máis asalariados e con sede social en Galicia correspondía a ventas desta tipoloxía. En España esta porcentaxe era do 14,3%, valor superior á media da UE-28 (12,4%).

Fonte: IGE. Indicadores de innovación

Máis información

Acceso aos indicadores:

Compartir: