Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia do afiliado

Resumo de resultados 27/04/2018
Datos correspondentes a marzo de 2018

Introdución

O principal obxectivo desta operación estatística é coñecer o número de traballadores afiliados á Seguridade Social en alta laboral segundo o concello de residencia, así como a distribución segundo o sexo, a idade e a nacionalidade. Tamén se analizan as afiliacións en alta laboral segundo o concello de residencia do afiliado, os sectores de actividade e os réximes de afiliación.

Para obter o concello de residencia crúzase o ficheiro de afiliacións da Seguridade Social co Padrón municipal continuo do Instituto Nacional de Estadística (INE).

Para un mesmo traballador poden figurar varias afiliacións en alta laboral, por exemplo, se ten varias actividades laborais nun mesmo réxime ou en varios. Cando se fala de afiliacións á Seguridade Social, cada traballador contabilízase tantas veces como situacións de cotización teña. Porén, para as táboas de afiliados, cada traballador contabilízase unha única vez.

Situación da afiliación á Seguridade Social en Galicia

En marzo de 2018 rexistráronse 984.582 afiliacións á Seguridade Social en Galicia, un 1% máis que hai tres meses, en decembro de 2017. Destas, 967.878 (o 98,3%) corresponden a persoas cuxa residencia se atopa nun dos concellos de Galicia.

Como se expuxo na introdución, un mesmo traballador pode figurar varias veces no sistema da Seguridade Social, tantas como actividades laborais distintas desempeñe; máis correctamente, tantas como situacións de cotización distintas teña. Por exemplo, se un traballador desempeña un traballo remunerado por conta allea nunha empresa e, ao mesmo tempo, traballa por conta propia noutra empresa da que é propietario, figurará ao menos dúas veces no sistema: unha no réxime xeral e outra no réxime de autónomos.

Así, se contabilizamos, non o número de afiliacións, senón o de afiliados, a cifra baixa ás 936.666 persoas afiliadas en alta laboral ao sistema da Seguridade Social en marzo de 2018, un 1% máis que hai tres meses.

Afiliacións totais á Seguridade Social, afiliacións de residentes e afiliados con concello de residencia en Galicia. Marzo de 2018
Afiliacións, persoas, taxa de variación interanual (%)

Fonte: IGE    (descarga da táboa: afiliacións totais, afiliacións de residentes, afiliados)

Afiliados por sexo e grupos de idade

Pada medir a estrutura da poboación afiliada á Seguridade Social en alta laboral pódese construír o seguinte indicador de estrutura: a poboación afiliada de 40 ou máis anos, divida entre a poboación afiliada de 16 a 39 anos, multiplicado por cen.

En marzo de 2018, por cada 100 afiliados á Seguridade Social en alta laboral menores de 40 anos, residían en Galicia 176 traballadores maiores desta idade. Os sete grandes concellos galegos presentaban, para este indicador, valores superiores á media galega, que variaban desde 179,1 no concello de Vigo ata 206,2 en Ferrol.

Afiliados á Seguridade Social en alta laboral. Galicia e sete grandes concellos. Marzo de 2018
Persoas, taxa de variación interanual (%)

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Índice de estrutura e taxa de substitución da poboación afiliada. Galicia e sete grandes concellos. Marzo de 2018
%

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Outro indicador tomado das estatísticas demográficas é o de taxa de substitución da poboación activa. Aplicado ao tema que nos ocupa, definiríase como o cociente entre a poboación afiliada menor de 25 anos e a poboación afiliada maior de 55 anos, multiplicado por 100. Este indicador utilízase para comparar a poboación que acaba de ingresar como cotizantes ao sistema da Seguridade Social coa que está próxima a abandonalo e pasar á situación de pensionista.

En Galicia, por cada 100 persoas que están en idade de abandonar o mercado laboral contabilízanse 19 persoas que ingresan ao sistema da Seguridade Social.

A continuación amósase a variación interanual do número de traballadores afiliados á Seguridade Social nos sete grandes municipios galegos.

Nos últimos doce meses (de marzo de 2017 a marzo de 2018) o número de persoas afiliadas incrementouse nos sete grandes concellos. O maior incremento deuse no concello de Pontevedra, onde o número de persoas afiliadas á Seguridade Social subiu en marzo un 3,8% respecto ao mesmo mes do ano anterior. A continuación atópanse os concellos de Vigo e Ferrol, cun incremento do número de persoas afiliadas ao sistema do 3,2%; os tres concellos, xunto co de Santiago de Compostela (2,8%), rexistran taxas de variación interanuais por riba da galega, que se sitúa en 2,7%.

Afiliados á Seguridade Social en alta laboral segundo sexo e grupos de idade. Marzo de 2018
Persoas

Variación interanual do número de afiliados
Porcentaxes

A Coruña

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Ferrol

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Santiago de Compostela

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Lugo

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Ourense

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Pontevedra

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Vigo

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Afiliados de nacionalidade estranxeira

En marzo de 2018, o 3,2% dos afiliados á Seguridade Social en alta laboral residentes en Galicia tiña nacionalidade estranxeira.

Aínda que os municipios con maior número de traballadores afiliados de nacionalidade distinta á española eran as sete grandes cidades, en termos relativos, destacaban algúns concellos próximos á Rexión norte de Portugal, a Comarca de Valdeorras e a Mariña Lucense.

Afiliados de nacionalidade estranxeira. Marzo de 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Táboa coas 15 comarcas de Galicia con maior porcentaxe de afiliados de nacionalidade estranxeira. Marzo de 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE    

Afiliacións á Seguridade Social por sectores de actividade

O 6,1% das afiliacións en alta laboral de persoas que residen en Galicia corresponden a actividades relacionadas coa agricultura e a pesca; o 14,4% rexístranse no sector industrial; o 7,4% na construción e o 72,1% corresponden a actividades do sector servizos. Hai unha pequena porcentaxe das afiliacións (o 0,1%) que non foi posible asignar a ningún sector ante a falta de información ao respecto.

Finalmente, nos seguintes mapas, amósase a distribución das afiliacións en alta laboral segundo os sectores de actividade e o concello de residencia do traballador, existentes a finais de marzo de 2018.

Por sectores de actividade, os concellos cunha maior porcentaxe de traballadores afiliados no sector primario atópanse no interior de Lugo (a excepción da capital de provincia, Rábade e Monforte de Lemos), nas comarcas coruñesas de Xallas, Terra de Melide e Arzúa, e na comarca do Deza (Pontevedra). Debido ás afiliacións no réxime especial do mar, municipios como a Illa de Arousa, Camariñas ou Fisterra presentan altas porcentaxes de afiliacións no sector primario.

Afiliacións en alta laboral de residentes en Galicia por sectores de actividade. Marzo de 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Afiliacións en alta laboral na agricultura e pesca. Marzo de 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Táboa cos 15 concellos de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións en alta laboral na agricultura e pesca. Marzo de 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE    

A industria ten maior peso nos municipios do sur da provincia de Pontevedra, na comarca de Valdeorras, Barbanza, Caldas e O Sar.

Afiliacións en alta laboral na industria. Marzo de 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Táboa cos 15 concellos de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións en alta laboral na industria. Marzo de 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE    

No que respecta á construción, sobresaen os municipios da zona da costa da morte (excepto Corcubión) que en marzo de 2018 presentaban porcentaxes de afiliacións na construción superiores á media galega (7,4%); en Cabana de Bergantiños, por exemplo, esta porcentaxe acada o 18,8%. Por outra banda, na meirande parte dos municipios do sur de Ourense o peso da construción tamén é superior á media galega; de feito, Gomesende é o segundo concello de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións no sector da construción, cun 18,5% das afiliacións totais rexistradas no concello en marzo de 2018.

Afiliacións en alta laboral na construción. Marzo de 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Táboa cos 15 concellos de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións en alta laboral na construción. Marzo de 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE    

Para rematar, o sector servizos amosa un maior peso nos sete grandes concellos e nos seus municipios limítrofes. Cabe destacar o concello de Santiago de Compostela, onde o 86,9% das afiliacións existentes a finais de marzo de 2018 correspondían ao sector servizos.

Afiliacións en alta laboral nos servizos. Marzo de 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Táboa cos 15 concellos de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións en alta laboral nos servizos. Marzo de 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE    

Compartir: