Emprego na Seguridade Social e mutualidades. Resumo de resultados

Resumo de resultados 29/11/2017
Datos correspondentes a decembro de 2016

Introdución

O principal obxectivo desta actividade estatística é coñecer o número de traballadores en alta laboral na Seguridade social e nas distintas mutualidades: "Instituto Social de las Fuerzas Armadas" (ISFAS), "Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado" (MUFACE) e "Mutualidad General Judicial" (MUGEJU) por concello de residencia do traballador, así como, a distribución segundo o sexo e a idade. Por outra banda, tamén se analizan as afiliacións nas distintas mutualidades en alta laboral en Galicia por concello e comarca de residencia do afiliado, os sectores e seccións de actividade segundo a CNAE-2009.

Só se consideran as afiliacións de persoas que traballan e residen na Comunidade Autónoma de Galicia. Para obter o concello de residencia, crúzase o ficheiro de afiliación co Padrón municipal continuo do Instituto Nacional de Estadística (INE), naqueles casos onde sexa posible, noutro caso manterase o concello de residencia que figure no ficheiro de afiliación da mutualidade correspondente.

Para un mesmo traballador poden figurar varias afiliacións en alta laboral, por exemplo, se ten varias actividades laborais nun mesmo réxime ou en varios. Cando se fala de afiliacións, cada traballador contabilízase tantas veces como situacións de cotización teña. Porén, para as táboas de afiliados, cada traballador contabilízase unha única vez.

Situación da afiliación á Seguridade Social e mutualidades en Galicia

Afiliacións á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral. Galicia e provincias. Decembro/2016
Afiliacións

Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades(descarga da táboa: afiliacións)

Afiliados á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral. Galicia e provincias. Decembro/2016
Afiliados

Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades(descarga da táboa: afiliados)

Como se expuxo na introdución, un mesmo traballador pode figurar varias veces nas distintas mutualidades, tantas como actividades laborais distintas desempeñe; máis correctamente, tantas como situacións de cotización distintas teña, neste caso estaremos falando de afiliacións. Cando os traballadores sexan contabilizados unha soa vez falaremos de afiliados.

En Galicia en decembro de 2016 rexistráronse 990.499 afiliacións á Seguridade Social, ISFAS, MUFACE e MUGEJU. En canto a afiliados rexistráronse 961.219 afiliados nas distintas mutualidades. Con respecto ao mesmo mes do ano anterior as afiliacións aumentan un 1,82% e os afiliados un 1,68%.

Afiliados por sexo e grupos de idade

Para medir a estrutura da poboación afiliada á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral pódese construír o seguinte indicador de estrutura: poboación afiliada de 40 ou máis anos, divida entre a poboación afiliada de 16 a 39 anos, multiplicado por cen.

En decembro de 2016, por cada 100 afiliados á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral menores de 40 anos, residían en Galicia 171 traballadores maiores desta idade. Os sete grandes concellos galegos presentaban, para este indicador, valores superiores á media galega, que variaban desde 177,3 no concello de Vigo ata 195,1 en Santiago de Compostela.

Afiliados á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral. Galicia e sete grandes concellos. Decembro/2016
Persoas, porcentaxes (%)

Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades(descarga da táboa)

Índice de estrutura e taxa de substitución da poboación afiliada. Galicia e sete grandes concellos. Decembro/2016
%

Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades(descarga da táboa)

Outro indicador tomado das estatísticas demográficas é o de taxa de substitución da poboación afiliada (cociente entre a poboación afiliada menor de 25 anos e a poboación afiliada maior de 55 anos, multiplicado por 100). Este indicador utilízase para comparar a poboación que acaba de ingresar como cotizantes ao sistema da Seguridade Social e mutualidades coa que está en idade próxima a abandonalo e pasar á situación de pensionista.

En Galicia, por cada 100 persoas que están en idade próxima a abandonar o mercado laboral contabilízanse 19 persoas que acaban de ingresar no mercado.

Afiliados á Seguridade Social e mutualidades en alta laboral segundo sexo e grupos de idade. Galicia e sete grandes concellos. Decembro/2016
Persoas

Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades.(descarga da táboa)

En Galicia en decembro de 2016 o 48,4% dos afiliados son mulleres, o grupo de idade con maior número de afiliados corresponde á idade de 40-44 anos, tanto no caso dos homes como no das mulleres. Nos sete grandes concellos a porcentaxe de mulleres superou á dos homes agás en Ferrol donde a porcentaxe de mulleres foi inferior (48,2%).

Afiliacións por sectores de actividade

Afiliacións en alta laboral de residentes en Galicia por sectores de actividade. Decembro de 2016
Porcentaxes

Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades(descarga da táboa)

Afiliacións en alta laboral de residentes en Galicia por seccións de actividade. Decembro de 2016
Porcentaxes

Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades(descarga da táboa)

As 990.499 afiliacións que houbo en Galicia en decembro de 2016 repártense entre Agricultura e pesca (5,9%), Industria e enerxía (13,2%), Construción (6,9%), Servizos (73,9%) e unha pequena porcentaxe das afiliacións (0,1%) que non foi posible asignar a ningún sector por falta de información ao respecto. Por seccións de actividade destacan a rama do comercio co 17,7% do total de afiliados e a rama da industria manufactureira que posúe o 12,2% do total de afiliados.

Analizando o sector servizos, que aglutina o maior número de afiliacións (73,9%), o seguinte mapa reflexa a distribución das afiliacións nos servizos por concello de residencia. Amosa un maior peso nos sete grandes concellos e nos seus municipios limítrofes. Cabe destacar Santiago de Compostela e A Coruña, onde o 88,1% e 87,1% das afiliacións existentes a finais de decembro do ano 2016, correspondían ao sector servizos.

Afiliacións en alta laboral nos servizos. Decembro de 2016
Porcentaxes

Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades(descarga da táboa)

Táboa cos 15 concellos de Galicia con maior porcentaxe de afiliacións en alta laboral nos servizos. Decembro de 2016
Porcentaxes

Fonte: IGE. Emprego na Seguridade Social e mutualidades

Compartir: