Movemento Natural da Poboación (MNP). Ano 2016 provisional

Resumo de resultados 21/07/2017

Introdución

A Explotación do movemento natural da poboación proporciona información sobre os principais fenómenos demográficos (nacementos, defuncións e matrimonios) e, xunto coa Explotación dos movementos migratorios, permite estudar a evolución e as características dunha poboación ao longo do tempo. A poboación obxecto de estudo son os nacementos de nais residentes en Galicia, as persoas falecidas con residencia en Galicia e os matrimonios que teñen previsto fixar a súa residencia en Galicia.

Evolución dos nacementos, defuncións e matrimonios

O número de defuncións en Galicia no ano 2016 foi 31.473, valor moi similar ao rexistrado no ano 2015. Por outra parte, o número de nacementos continúa o descenso iniciado no ano 2009 e sitúase no ano 2016 en 18.952.
O saldo vexetativo ou crecemento natural da poboación calcúlase como a diferenza entre o número de nacementos producidos nun ano e o número de defuncións. Un saldo vexetativo negativo indica que se produciron máis defuncións que nacementos. A diminución dos nacementos acompañado dunha cifra similar nas defuncións provoca unha nova diminución do saldo vexetativo en Galicia no último ano, que pasa de -12.057 no ano 2015 a -12.521 en 2016. Hai máis de 25 anos que Galicia non presenta un saldo vexetativo positivo.

Evolución do número de nacementos, defuncións e do saldo vexetativo. Galicia. 1975-2016(P)
Número

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación     (descarga da táboa)

Nota: o saldo vexetativo calcúlase como o número de nacementos menos o número de defuncións

En Galicia, no ano 2016, só 15 dos 314 concellos presentan un saldo vexetativo positivo. Polo que respecta aos concellos das sete grandes cidades galegas, todos eles presentan un saldo negativo.

Saldo vexetativo por concellos
Número

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación    (descarga da táboa)

Nacementos

O número de nacementos sitúase en Galicia no ano 2016 en 18.952, un 2,5% menos que os rexistrados no ano 2015.
No período 2010-2016 todas as provincias galegas presentan unha diminución do número de nacementos.
O 79,7% dos nacementos do ano 2016 corresponden a nais con residencia nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Evolución dos nacementos. Galicia e provincias. 2010-2016
Número

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación    (descarga da táboa)

Nacementos por concellos. Ano 2016
Número

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación    (descarga da táboa)

Os datos dos nacementos segundo a idade da nai constatan o retraso na idade á que as mulleres galegas teñen os seus fillos. Así, no ano 2016 o 78,2% dos nacementos en Galicia foron de nais de 30 ou máis anos de idade; mentres os nacementos nese grupo de idade representaban hai dez anos o 65,4%.
No ano 2016 os nacementos de nais de 40 e máis anos representan xa o 10,2% do total de nacementos, fronte ao 4,1% do ano 2006.

Nacementos segundo o grupo de idade da nai. Galicia
Número, porcentaxe (%)

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación    (descarga da táboa)

Distribución dos nacementos segundo o grupo de idade da nai. Galicia
Porcentaxe (%)

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación    (descarga da táboa)

Defuncións

No ano 2016 rexistráronse en Galicia 31.473 defuncións. O 47% das defuncións corresponden a persoas de 85 e máis anos.
A análise da distribución das defuncións en cada un dos sexos permite comprobar que nas mulleres as defuncións prodúcense a idades máis avanzadas que no caso dos homes. Non obstante, a meirande parte das defuncións próducense en idades cada vez máis tardías; o 53% dos homes que faleceron tiñan 80 e máis anos e no caso das mulleres a porcentaxe que pertencía a ese grupo de idade era o 77%.

Defuncións segundo o sexo e a idade do falecido. Ano 2016. Galicia
Número, porcentaxe (%)

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación    (descarga da táboa)

Defuncións segundo a provincia de residencia do falecido. Ano 2016
Número, porcentaxe (%)

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación    (descarga da táboa)

Evolución das defuncións por grupos de idade. Galicia
Número

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación    (descarga da táboa)

Evolución das defuncións por meses. Anos 2000, 2005, 2010 e 2016. Galicia
Número

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación    (descarga da táboa)

Matrimonios

No ano 2016 rexistráronse en Galicia 8.956 matrimonios; 141 do mesmo sexo. Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron nas que que se rexistraron maior número de matrimonios, 4.068 e 3.101 respectivamente , mentres que en Ourense non se alcanzaron os 1.000 matrimonios no ano 2016.

Nos matrimonios de diferente sexo pódese comprobar tamén un retraso nas idades ás que os homes e as mulleres se casan. Así, en Galicia, no ano 2016 o 76,3% das mulleres e o 85,8% dos homes tiñan 30 e máis anos; hai dez anos estas porcentaxes situábanse no 47,8% e no 62,6%, respectivamente.

Matrimonios segundo o tipo de matrimonio. Galicia
Número, taxa de variación interanual (%)

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación    (descarga da táboa)

Matrimonios de diferente sexo segundo o grupo de idade da esposa. Anos 2006-2016. Galicia
Porcentaxe (%)

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación    (descarga da táboa)

Matrimonios de diferente sexo segundo o grupo de idade do esposo. Anos 2006-2016. Galicia
Porcentaxe (%)

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación    (descarga da táboa)

En Galicia, no ano 2016, rexistráronse en Galicia 8.814 matrimonios de diferente sexo. No 74,8% destes matrimonios o tipo de celebración foi civil.

Matrimonios de diferente sexo segundo o tipo de celebración. Ano 2006. Galicia
Número

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación    (descarga da táboa)

Matrimonios de diferente sexo segundo o tipo de celebración. Ano 2016. Galicia
Número

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación    (descarga da táboa)

Compartir: