Estatística de multilocalización empresarial

Resumo de resultados 31/10/2017
Ano 2015

Introdución

Para avaliar as características e actividade en Galicia das empresas con sede noutras comunidades autónomas é preciso contar con estatísticas que aporten tanto a información periódica sobre as principais variables, como unha base para outras operacións estatísticas específicas. Por analoxía, interesa tamén coñecer a presenza e actividade noutras CCAA das empresas que teñen en Galicia a súa sede. A esta necesidade responden os indicadores de multilocalización empresarial.

  • Actividade en Galicia das empresas con sede noutras comunidades autónomas (IMAct_). Mide o peso que teñen na actividade de Galicia as empresas con sede noutras Comunidades Autónomas.
  • Actividade noutras comunidades autónomas das empresas con sede en Galicia (IMEmp_). Mide a actividade que as empresas con sede en Galicia levan a cabo noutras Comunidades Autónomas.

Os indicadores IMAct_ elabóranse para os establecementos de 10 ou mais ocupados e para o total. Os indicadores IMEmp_ elabóranse para o total de empresas e para as de 10 ou mais ocupados. Nun e outro caso, a investigación comprende as actividades incluídas nas seccións B-C-D-E (industria), G (Comercio) e H-I-J-L-M-N (Servizos de mercado, non financeiros) da Clasificación Nacional de Actividades Económicas 2009 (CNAE-09).

Actividade en Galicia das empresas con sede noutras comunidades autónomas

A cifra de negocios das empresas industriais con sede fóra de Galicia que en 2015 realizaron algunha actividade económica na comunidade supón o 34,1% do total do importe neto da cifra de negocios das empresas con actividade en Galicia.

No tocante ao emprego, estas empresas ocupan o 12,9% dos traballadores de empresas con actividade en Galicia.

Actividade en Galicia de empresas con sede noutras CCAA. Industria. Ano 2015
Porcentaxes

Fonte: IGE    

Actividade noutras comunidades autónomas das empresas con sede en Galicia

No que respecta ás empresas con actividade industrial e sede en Galicia que en 2015 realizaron algunha actividade económica noutra comunidade autónoma, o 6,9% do importe neto da cifra de negocios destas empresas facturouse fóra de Galicia. Ademais, o 4,4% dos traballadores das empresas con sede en Galicia e actividade na industria estaba ocupado noutra comunidade autónoma.

Actividade noutras CCAA das empresas con sede en Galicia. Industria. Ano 2015
Porcentaxes

Fonte: IGE    

Compartir: