Panorama dos sete grandes concellos. Traballo

Afiliados á Seguridade Social en alta laboral

A continuación amósase o número de afiliados e afiliadas á Seguridade Social en alta laboral segundo o concello de residencia do traballador correspondentes ao día 31 de decembro de 2016. Segundo esta información, Vigo é o concello galego onde reside o maior número de persoas afiliadas á Seguridade Social (100.507), seguido da Coruña con arredor de 84.287 traballadores/as.

Os sete grandes concellos galegos suman o 36,9% das persoas afiliadas á Seguridade Social en Galicia e residentes na comunidade autónoma.

Atendendo á idade, o 31,5% dos afiliados e das afiliadas ten 50 ou máis anos. Agás Vigo e A Coruña, o resto de grandes concellos presentan unhas porcentaxes de afiliados/as neste grupo de idade superiores á media galega.

Persoas afiliadas á Seguridade Social. Ano 2017

Porcentaxe de afiliados e afiliadas en alta laboral de 50 ou máis anos. Ano 2017

Fonte: Elaboración propia a partir do ficheiro de afiliación da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Fonte: Elaboración propia a partir do ficheiro de afiliación da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Nacionalidade dos afiliados

O 2,9% das persoas afiliadas á Seguridade Social residentes en Galicia ten nacionalidade estranxeira. Ferrol é o único concello galego con máis de 50.000 habitantes que presenta unha porcentaxe de persoas afiliadas de nacionalidade estranxeira inferior á media galega (2,1%). Pola súa banda, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo presentan porcentaxes moi similares (entre o 3,6% e o 4,2%), mentres que en Santiago e Pontevedra o peso destes traballadores é do 3,1% e 2,9% (igual que a media galega), respectivamente.

Persoas afiliadas á Seguridade Social segundo a nacionalidade. Ano 2017

Porcentaxe de afiliados e afiliadas con nacionalidade estranxeira. Ano 2017

Fonte: Elaboración propia a partir do ficheiro de afiliación da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Fonte: Elaboración propia a partir do ficheiro de afiliación da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Afiliados entre a poboación de 16 a 64 anos

Como indicador de ocupación, pódese calcular o número de persoas afiliadas á Seguridade Social entre a poboación de 16 a 64 anos (ambos inclusive). Dos grandes concellos, Santiago é o presenta un maior indicador, con 55,9 afiliados/as en alta laboral por cada 100 persoas entre 16 e 64 anos. No outro extremo atópase Ferrol con aproximadamente 43 afiliados e afiliadas por cada cen persoas neste grupo de idade.

Persoas afiliadas á Seguridade Social entre a poboación
de 16 a 64 anos. Ano 2017

Porcentaxes

Número de afiliados e afiliadas en alta laboral entre a poboación de 16 a 64 anos. Ano 2017
Porcentaxes

Fonte: Elaboración propia a partir do ficheiro de afiliación da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Fonte: Elaboración propia a partir do ficheiro de afiliación da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Afiliacións segundo o sector de actividade

No tocante aos sectores de actividade, o 72,5% das afiliacións de residentes na comunidade autónoma de Galicia corresponde ao sector servizos. Nos municipios con máis de 50.000 habitantes esta porcentaxe sobe ata valores que superan o 85%. Destaca Santiago de Compostela co 87,1% de afiliacións no sector servizos.

Para o sector industrial, Vigo é o concello con maior porcentaxe de afiliacións (16%) seguido de Ferrol (13,4%). No outro extremo sitúase Santiago onde as persoas ocupadas na industria apenas supoñen o 7% do total de afiliacións de residentes neste concello.

Porcentaxe de afiliacións á Seguridade Social segundo o sector de actividade. Ano 2017

Fonte: Elaboración propia a partir do ficheiro de afiliación da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Información inframunicipal

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles, para os sete grandes concellos de Galicia, os datos de traballadores afiliados á Seguridade Social en alta laboral por distritos e sección censuais. Ademais, pódese acceder a unha aplicación que permite representar os datos de cada un dos concellos en mapas de distritos e seccións.

Nota metodolóxica

A data de referencia dos datos contidos no ficheiro de afiliacións á Seguridade Social en alta laboral é o 31 de decembro de 2015. Para calcular os indicadores pertinentes e construír os mapas por seccións e distritos consideráronse a poboación e os mapas de distritos e seccións a 1 de xaneiro de 2016, de ahí que as táboas e os resultados finais teñan ano de referencia 2016.

Compartir: