Panorama dos sete grandes concellos. Vivenda

Información para os sete grandes concellos

Dos sete grandes concellos de Galicia, Vigo é o que ten maior número de bens inmobles de uso residencial, que representan o 63,2% dos bens inmobles deste concello. Nos concellos da Coruña e Ferrol a porcentaxe de bens inmobles de uso residencial é superior ao 73% mentres que no concello de Ourense esta porcentaxe non chega ao 50%.

O concello, dos sete grandes, que ten maior número de bens inmobles de uso comercial é A Coruña, seguido de Vigo. No primeiro o número de bens inmobles de uso comercial supera os once mil e no segundo anda próximo á cifra de dez mil. Por outra banda, nos concellos de Ferrol, Lugo e Pontevedra os bens inmobles de uso comercial non acadan os 4.000.

Bens inmobles segundo o seu uso. Ano 2020

Fonte: Ministerio de Economía y Hacienda. Direccion General del Catastro. Extraído de: http://www.catastro.meh.es

Número de bens inmobles. Ano 2020

Fonte: Ministerio de Economía y Hacienda. Direccion General del Catastro. Extraído de: http://www.catastro.meh.es

Información inframunicipal

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles, para os sete grandes concellos de Galicia, os datos de bens inmobles segundo uso e distritos censuais. Ademais, pódese acceder a unha aplicación que permite representar os datos de cada un dos concellos en mapas de distritos.


Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.
Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies
     De acordo
Compartir: