Panorama dos sete grandes concellos. Pensións contributivas da Seguridade Social

Pensionistas

A continuación móstrase o número de pensionistas que perciben pensións contributivas da Seguridade Social segundo o concello de residencia do pensionista correspondente ao 31 de decembro de 2016 (ver nota metodolóxica). Segundo esta información, Vigo é o concello no que reside un maior número de pensionistas (61.514), seguido da Coruña con case 53.000.

Nos concellos das sete cidades galegas reside o 31,6% dos pensionistas galegos que perciben pensións contributivas da Seguridade Social.

No ano 2017, case 1 de cada 4 persoas residentes en Galicia percibe pensións contributivas da Seguridade Social. Nos sete grandes concellos o número de pensionistas por 1.000 habitantes é inferior ao valor de Galicia. Os que presentan un maior valor do indicador son Ourense e Ferrol, con 238,3 e 229,8 pensionistas por cada 1.000 habitantes. Pola contra, Pontevedra, onde 1 de cada 6 residentes no concello é pensionista, é o concello dos sete grandes no que se rexistra o valor máis baixo do indicador.

Número de pensionistas. Ano 2017

Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Número de pensionistas por 1.000 habitantes. Ano 2017

Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Importe medio

O importe medio calcúlase como a media da suma dos importes percibidos en pensións contributivas da Seguridade Social por cada pensionista. En Galicia, no ano 2017, este importe situouse en 879,89 euros. Nos sete grandes concellos, o importe medio que perciben os pensionistas en termos de pensións contributivas é superior ao dato de Galicia. O concello de Ferrol é no que se rexistra o valor más alto deste importe, que é un 27,7% superior ao dato de Galicia.

Importe medio segundo o sexo. Ano 2017
Euros

Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social

Importe medio. Ano 2017
Euros

Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social

O importe medio que perciben os homes galegos en pensións contributivas (1.018,67 euros) é un 37,5% superior ao que perciben as mulleres (740,73 euros).O importe medio en pensións contributivas dos homes supera nos sete grandes concellos os 1.000 euros mentres que no caso das mulleres non alcanza os 900 euros en ningún dos sete grandes concellos.

Importe medio segundo o sexo. Ano 2017
Euros

Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social

Información inframunicipal

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles, para os sete grandes concellos de Galicia, os datos de número de pensionistas e importe medio por distritos e seccións censuais. Ademais, pódese acceder a unha aplicación que permite representar os datos de cada un dos concellos en mapas de distritos e seccións.

Nota metodolóxica

A data de referencia dos datos contidos no ficheiro de pensións contributivas do sistema da Seguridade Social é o 31 de decembro de 2016. Para calcular os indicadores pertinentes e construír os mapas por seccións e distritos consideráronse a poboación e os mapas de distritos e seccións a 1 de xaneiro de 2017, de ahí que as táboas e os resultados finais teñan ano de referencia o 2017.

Compartir: