Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo. Ano 2016

Resumo de resultados 28/07/2017

Introdución

A Enquisa estrutural a fogares (EEF) é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas, e unha segunda de carácter específico.

No ano 2016 o módulo específico ten por finalidade recoller información sobre as condicións no traballo dos residentes en Galicia. Entre outros aspectos, estúdanse...

  • as características do posto de traballo
  • os aspectos relacionados coa seguridade e a prevención de accidentes no traballo
  • o grao en que os ocupados poden conciliar traballo e vida familiar
  • a traxectoria profesional
  • o nivel de formación
  • e o grao de satisfacción co traballo percibido polos ocupados e ocupadas en Galicia

É a terceira ocasión na que o módulo específico da EEF se dedica ao estudo das condicións no traballo dos residentes en Galicia. As anteriores edicións deste estudo remóntanse aos anos 2001 e 2007.

Características do posto de traballo

O 68,26% das persoas ocupadas en Galicia traballa cinco días á semana, o 20,12% seis días e o 6,35% os sete días da semana. A porcentaxe de persoas ocupadas que traballa menos de cinco días sitúase en 2016 no 5,28%. Esta porcentaxe é lixeiramente superior no caso do sexo feminino: o 7,36% das mulleres traballa menos de cinco días á semana fronte ao 3,43% dos homes.

O 47,96% dos residentes en Galicia traballa a xornada partida; isto é, tanto pola mañá como pola tarde, cunha parada de polo menos unha hora para comer. O 27,46% traballa en xornada continua de mañá e o 10,88% ten un horario por quendas (unhas veces de mañá e outras de tarde). Neste caso, tamén se aprecian diferenzas por sexo: a porcentaxe de homes que traballa a xornada partida é superior á de mulleres. Pola contra, a porcentaxe de persoas con xornada continúa de mañá é superior no caso feminino ao masculino.

Persoas ocupadas segundo o número de días que traballan nunha semana normal por sexo. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Entre as persoas que traballan a xornada partida, o horario habitual de saída do traballo pola tarde sitúase entre as 19:01 e as 21:00 horas na meirande parte dos casos (57,03%). O 18,70% das persoas que teñen xornada partida sae máis tarde das 21:00 horas do traballo.

Persoas ocupadas segundo o horario de traballo habitual por sexo. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Persoas ocupadas segundo a hora na que saen habitualmente do traballo pola tarde. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

O 30,28% das persoas ocupadas en Galicia traballa sempre ou case sempre os sábados, o 13,34% os domingos e o 10,02% realiza xornadas de máis de 9 horas. Outro 23,34% das persoas ocupadas en Galicia traballa ás veces os sábados, o 21,59% os domingos e o 28,36% realiza de vez en cando xornadas de máis de 9 horas. Se temos en conta a situación profesional dos e das ocupados/as, as porcentaxes de persoas que traballan sempre ou case sempre en sábado, domingo ou en xornadas de máis de 9 horas é maio no caso dos empresarios e traballadores independentes; o 25,44% destes realiza case sempre xornadas máis longas das habituais.

Persoas ocupadas segundo a frecuencia coa que traballan sábados, domingos ou xornadas de máis de 9 horas por situación profesional. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

En Galicia no ano 2016 unhas 294.303 persoas prolongaron habitualmente a súa xornada laboral (o 37,76% dos ocupados). Delas, o 16,70% recibiu sempre unha compensación, económica ou en tempo libre, pola dita prolongación da xornada laboral, e o 24,77 nalgunhas ocasións. O 58,53% restante non recibiu compensación de ningún tipo.

O principal motivo polo que os asalariados e as asalariadas de Galicia prolongan a súa xornada habitual de traballo é porque teñen máis traballo do que poden facer no tempo asignado (o 53,97% dos que respostaron sinalaron este coma o principal motivo). O 27,54% dos asalariados e asalariadas prolongan a súa xornada habitual porque é unha condición necesaria para manter o traballo.


Persoas asalariadas segundo prolongan habitualmente a xornada laboral. Galicia. Ano 2016
Número, porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Asalariados que prolongan habitualmente a xornada laboral segundo o motivo. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Seguridade e prevención

O 35,72% das persoas ocupadas en Galicia manifesta padecer un exceso de calor no verán no seu lugar de traballo, e o 29,64% un exceso de frío no inverno. Os ruídos molestos no lugar de traballo son un problema para o 30,84% dos ocupados e das ocupadas. Outros problemas que soen afectar ás persoas ocupadas son os malos olores (o 20,22% manifestaron padecer este problema no seu lugar de traballo), o exceso de po, fumes, gases ou vapores nocivos (18,41%) e a humidade (17,38%).

Os principais riscos de accidente que existen no desenvolvemento do traballo en Galicia son os golpes, cortes, picadas e caídas: máis dun terzo dos ocupados manifestou en 2016 verse afectado por este tipo de accidentes laborais. O 30,75% ademais corre risco de ser golpeado pola caída de obxectos, materiais ou ferramentas.

Persoas ocupadas segundo as condicións ambientais nas que realizan o traballo. Galicia. Ano 2016
Incidencia % (porcentaxe sobre o total de persoas ocupadas)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Persoas ocupadas segundo os principais riscos de accidente que existen no desenvolvemento do traballo. Galicia. Ano 2016
Incidencia % (porcentaxe sobre o total de persoas ocupadas)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

O 34,46% das persoas ocupadas de Galicia realiza sempre ou case sempre movementos repetitivos de curta duración (martelar, teclear, etc.); o 29,83% forza a vista ao desempeñar o seu traballo; o 25,32% mantén sempre ou case sempre posturas dolorosas, forzadas ou fatigantes no seu posto de traballo. Estes tres items son os que tiveron maior incidencia cando se preguntou aos traballadores e traballadoras de Galicia sobre as cargas físicas no posto de traballo no 2016.

En relación ás cargas psicolóxicas, as máis frecuentes no lugar de traballo en Galicia son manter un nivel de atención moi alto (o 51,41% das persoas ocupadas sempre ou case sempre está suxeita a este requirimento), atender varias tarefas ao mesmo tempo (35,41%), realizar tarefas monótonas (34,31%) e traballar moi rápido (31,87%).

Persoas ocupadas segundo a exposición a determinadas cargas físicas no posto de traballo. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe %

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Persoas ocupadas segundo a exposición a determinadas cargas psicolóxicas no posto de traballo. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe %

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Conciliación familiar

Ao 7,19% das persoas ocupadas en Galicia resúltalles moi doado compaxinar a vida familiar e laboral, ao 55,10% resúltalles doado, o 29,38% recoñecen que lles é difícil compaxinar ambos aspectos da vida e ao 8,33% resúltalles moi difícil.

Obsérvanse lixeiras diferenzas por sexo; así, a porcentaxe de mulleres que respostaron que lles resultaba doado ou moi doado compaxinar o traballo coa vida familiar sitúase por debaixo da dos homes: 61,33% fronte a 63,14%.

Adentrándonos en máis aspectos da conciliación da vida familiar e laboral, o 29,33% das persoas ocupadas recoñece sentirse case sempre demasiado canso despois de traballar como para encargarse dalgunhas tarefas do fogar. O 21,76% admite que o traballo sempre ou case sempre lles impide dedicar o tempo que quererían á familia.

Persoas ocupadas segundo como lles resulta compaxinar o traballo coa vida familiar por sexo. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe %

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Persoas ocupadas segundo determinados aspectos relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe %

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

O 16,14% das ocupadas de Galicia recoñece que a súa situación laboral condiciona a súa decisión de ser nai; o 12,71% sinte que o traballo inflúe na idade á que será nai e no 14,53% dos casos, o número de fillos que terá. A incidencia destes items no caso dos homes é lixeiramente inferior.

Persoas ocupadas cuxa situación laboral as condiciona na maternidade/paternidade por sexo. Galicia. Ano 2016
Incidencia % (porcentaxe sobre o total de persoas ocupadas)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Traxectoria profesional

Os tres motivos principais que levaron aos traballadores e traballadoras por conta propia de Galicia a fundar as súas propias empresas foron, por este orde, a falta de oportunidades atractivas de emprego (o 27,60% dos autónomos alegaron este motivo), a tradición familiar, isto é, continuar cun negocio familiar (27,26%) e a ilusión por facer algo propio (21,18%).

Por outra banda, o principal inconveniente que percibiron os traballadores e as traballadoras por conta propia de Galicia no 2016 foi a elevada carga fiscal á que se enfrentan: para o 63,76% dos enquisados este foi un dos 3 principais inconvenientes. Outras dificultades ás que se enfronta este colectivo son a existencia de períodos con poucos clientes, traballo ou ingresos (para o 46,58% dos autónomos este é un dos principais inconvenientes percibidos en 2016) e as excesivas horas de traballo (33,15%).

Traballadores/as por conta propia segundo o motivo principal polo que decidiron traballar por conta propia. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe %

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Traballadores/as por conta propia segundo os tres principais inconvenientes que percibiron ao traballar por conta propia nos últimos 12 meses. Galicia. Ano 2016
Incidencia % (porcentaxe sobre o total de traballadores/as por conta propia)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Formación

O 79,93% das persoas ocupadas de Galicia considera que o nivel de esixencia do posto de traballo que desempeña é adecuado ao seu nivel de formación/cualificación. O 16,55% deste colectivo considera que é máis baixo que o seu nivel de formación/cualificación; o 2,26% que está por riba do seu nivel e o 1,26% necesitaría unha formación/cualificación distinta da que ten.

A porcentaxe de persoas que desempeña postos de traballo acordes ao seu nivel de formación/cualificación varía co nivel de estudos da persoa.

En relación ao nivel de estudos, un 24,68% das persoas con educación superior teñen un nivel de formación/cualificación superior ao que esixe o seu posto de traballo.

Persoas ocupadas segundo a consideración do posto de traballo de acordo coa súa formación/cualificación. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Persoas ocupadas segundo a consideración do posto de traballo de acordo coa súa formación/cualificación por nivel de estudos. Galicia. Ano 2016
Porcentaxe (%)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Satisfacción co traballo

A satisfacción media das persoas ocupadas de Galicia situouse no 2016 nun valor de 7,18 sobre 10. Este indicador varía coa ocupación da persoa e co sector económico no que traballe.

A satisfacción media dos ocupados no sector servizos e na industria e enerxía supera a media galega (7,24 e 7,22 respectivamente), mentres que na construción e no sector primario sitúase por debaixo (7,06 e 6,56 respectivamente). En relación á ocupación, os técnicos e profesionais científicos e intelectuais son os máis satisfeitos co seu traballo (cunha valoración de 7,53), seguidos dos directores e xerentes (7,48) e dos técnicos e profesionais de apoio (7,37).

Satisfacción media dos ocupados co traballo por sector económico. Galicia. Ano 2016

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Satisfacción media dos ocupados co traballo por ocupación. Galicia. Ano 2016

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

A satisfacción media dos ocupados e das ocupadas de Galicia alónxase da media xeral dependendo do aspecto concreto do traballo polo que se lles pregunte. No referido ás condicións de seguridade e prevención de riscos laborais, os traballadores galegos valoran a súa satisfacción media nun 7,53 sobre 10; no referido á distancia/tempo entre a vivenda e o centro de traballo, a valoración tamén é elevada (7,38). Pola contra, a satisfacción media dos ocupados diminúe ao 5,53 cando se lles interroga polo salario e os ingresos do traballo.

Rextrinxindo a análise aos asalariados e asalariadas, os items nos que a satisfacción media é máis elevada son "Relación cos compañeiros de traballo" (7,91 puntos de valoración media) e "Relación cos superiores/xefes" (7,38). Pola contra, no resto dos items polos que se lles interrogou no 2016, a valoración media dos asalariados sitúase por debaixo de 5; no referido ás "Axudas sociais da empresa" a valoración media baixa a 2,39 puntos sobre 10.

Satisfacción media dos ocupados con diferentes aspectos do traballo. Galicia. Ano 2016

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Satisfacción media dos asalariados con diferentes aspectos do traballo. Galicia. Ano 2016

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Condicións no traballo (descarga da táboa)

Máis información

Acceso ás táboas de datos:

Características do posto de traballo:

Seguridade e prevención:

Conciliación familiar:

Traxectoria laboral:

Formación:

Satisfacción co traballo:

Compartir: